Corpo da Nobreza do Antigo Reino de Galicia

asociación nobiliaria que agrupa nobres de orixe galega

O Corpo da Nobreza do Antigo Reino de Galicia (polo seu nome rexistrado en castelán e oficial Cuerpo de la Nobleza del Antigo Reino de Galicia) é unha asociación nobiliaria que agrupa a nobres de orixe galega tanto de Galicia e España, coma do exterior. O seu fin declarado é pular para que se manteñan os costumes, o patrimonio e a historia da nobreza galega[1]. Tamén establecen como unha das súas principais funcións "desenvolver actividades culturais, sociais e benéficas"[1]. Creouse en 2007.

Corpo da Nobreza do Antigo Reino de Galicia
Tipoasociación
Data de fundación2007
SedeLiáns
PaísGalicia
Na rede
https://noblezadegalicia.org/
editar datos en Wikidata ]

Emblemas editar

O brasón recolle os elementos do escudo de Galicia (o cálice e as sete cruces), co lema Nobilitas in uirtute, un adaxio latino que significa "nobreza na virtude".

Ten a sede administrativa en Liáns (Oleiros), e a simbólica na igrexa de San Paio de Antealtares, en Santiago de Compostela. Alí celebran o día do patrón, San Rosendo, o 1 de marzo.

Membros editar

Para entrar na asociación hai que cumprir, ao xuízo da súa directiva, uns criterios patrimoniais e de vencello a Galicia[2]. Non hai unha listaxe pública de membros desta asociación, pero téñense mencionado entre os seus membros as seguintes persoas:

O capelán da asociación é Manuel-José Cociña Abella[9].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Un lugar de encuentro para la historia de Galicia". Nobleza de galicia (en castelán). Consultado o 2022-08-16. 
  2. "Requisitos de ingreso". Nobleza de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-08-16. 
  3. "Cuerpo de la Nobleza del Antiguo Reino de Galicia. Xuntos - Asociacións Galegas". xuntos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-08-16. 
  4. R. Pontevedra, Silvia (2008-10-11). "La aristocracia funda su autonomía". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-08-16. 
  5. "Los aristócratas del siglo XXI". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-08-16. 
  6. Conde, María (2010-08-21). "«Mantener el título es casi una obligación con el antepasado»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-08-16. 
  7. 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 7,11 "Quiénes somos". Nobleza de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-08-16. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 8,7 8,8 "Ingreso de nuevos caballeros y damas del Cuerpo de la Nobleza de Galicia". Doce Linajes de Soria (en castelán). Consultado o 2022-08-16. 
  9. "Manuel-José Cociña Abella" (PDF). Real Academia de Córdoba.