Real Coro Toxos e Froles

(Redirección desde «Coro Toxos e Froles»)

O Real Coro Toxos e Froles é unha agrupación musical de carácter tradicional galego, fundada en Ferrol en 1914.

Real Coro Toxos e Froles
Coro Toxos e Froles, Vida Gallega, 1934.
OrixeFerrol,
Período1914 - actualidade
Xénero(s)Música e baile tradicional galego
Na rede
http://www.toxosefroles.com
Facebook: realcorotoxosefroles Editar o valor em Wikidata

Fundación editar

 
Antiga sede do coro na rúa Dolores de Ferrol

A fundación do Coro Toxos e Froles data de 1914 e parece estar relacionada co interese do gaiteiro Manuel Lorenzo Barxa por crear unha agrupación á imaxe e semellanza do primeiro coro galego Aires d'a Terra. Tamén se debe considerar a existencia da agrupación ferrolá Airiños d'a miña Terra como o seu precedente inmediato e máis próximo.

A presentación pública do coro Toxos e Froles faise no Teatro Jofre de Ferrol un sábado, o 29 de maio de 1915. A primeira bandeira do coro foi conseguida por subscrición popular e entregada polo poeta ourensán Antonio Rey Soto, representante das Irmandades da Fala. Naqueles tempos os lazos de amizade entre as irmandades e as agrupacións artísticas era moi forte. O papel de Toxos e Froles na fundación da Irmandade da fala de Ferrol en 1918 foi crucial.

O coro, con Lorenzo á cabeza, forma parte dos programas de moitos festivais galegos. No mes de xuño do ano 1922 realízanse as primeiras gravacións discográficas da agrupación.

Publicou o periódico gráfico Labor Gallega entre 1935 e 1936.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar