Ola, benvido á Galipedia, para calquera dúbida tes a Wikipedia:A Taberna, tamén é conveniente que pases por Wikipedia:Política e normas para coñecer as normas da Galipedia. Non se poden crear artigos que teñan tan só unha ligazón externa, ou que estean valdeiros ou que non dean información relevante, eses artigos antes ou despois bórranse. E hai tamén unhas normas para titular as páxinas e lembra que existe o Galizionario] para as definicións non enciclopédicas. Por suposto que para calquera dúbida calquera dúbida podes tamén comunicarte cos outros colaboradores, estamos para axudarte, sei que ao primeiro pode ser un pouco complicado.Saúdos.--Rocastelo 19:01, 13 setembro 2005 (UTC)

  • Benvido á Galipedia Pauloferlo@wanadoo.es, os colaboradores novos son moi ben recibidos pola comunidade da wikipedia galega. Supoño que eres o mesmo que Paulofer, dicirche que se nalgunha ocasión queres cambiar de nome de usuario non é preciso crear un usuario novo, mentres o número de edicións feitas neste wiki sexa inferior a 5000 pode realizarse o cambio pedindollo a un dos administradores. Como dicía na mensaxe anterior Rocastelo hai unha serie de convencións sobre os títulos de páxinas nas wikipedias, algúns determinados polo software (os títulos de artigos non deben levar o signo barra inclinada /), outras proceden de decisións que co paso do tempo se van tomando. O mesmo pasa co contido mínimo dos artigos, no caso dos enlaces que se amosan no apartado curiosidades do artigo Silva, Pol é preferible non dirixilos a artigos independentes, é mellor engadir esa información na propia páxina Silva, Pol. Outra cuestión, a convención en canto a parroquias e lugares é a seguinte: o título da páxina é nome_parroquia, nome_do_concello (deixando un espazo de separación despois da coma) e nome_do_lugar, nome_da_parroquia, nome_do_concello (cos espazos correspondentes despois das comas). Tampouco é preciso escribir os enlaces deste xeito Barreiro (O), o enlace correcto sería O Barreiro, se se quere visualizar como o texto do enlace algo distinto ao propio enlace no software MediaWiki (utilizado pola wikipedia) faise así [[O Barreiro|Barreiro (O)]]. Sendo o enlace real O Barreiro, e o que se visualiza Barreiro (O) . Finalmente dicir que para os nomes de concellos, parroquias e lugares utilizamos os nomes oficiais do Nomenclátor de Galicia, no caso dos lugares de Silva, Pol xa comprobamos que pode haber problemas. Para calquera dúbida podes porte en contacto con nós na Wikipedia:A Taberna (axuda) ou cun colaborador directamente. Apreciamos moito a axuda tanto en calquera artigo coma nas páxinas dos concellos especialmente. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:31, 14 setembro 2005 (UTC)