• Benvido á Galipedia Mskina. Esta mensaxe é para aclarar que tivemos que borrar o artigo 'Six feet under' porque era unha tradución dun texto con copyright. Os textos que se publican na Wikipedia deben de estar libres de dereitos e cumplir as condicións da GFDL. Para calquera dúbida podes contar cos compañeiros da Galipedia. --Moderador 16:36, 7 abril 2006 (UTC)
  • Benvido á Galipedia Mskina. Como comentario ao teu texto na páxina de usuario dicir que lin con interese as túas aportacións sobre as series. A única cuestión é que os artigos non poden ser reprodución literal doutros con dereitos, no caso de Six feet under o texto orixinal semella o dos pressbook das distribuidoras nos e os medios reproducen como propios. Neses casos eses artigos poden servir como fontes de datos (nº de capítulos, tempadas, actores, etc.) e darlle unha redacción propia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:01, 8 abril 2006 (UTC)
  • Sinto que se perdera o traballo de tradución. Como fontes de axuda sobre as series de EEUU podes usar http://epguides.com/ para verificar número de tempadas e capítulos, no caso de Six feet under o artigo da wikipedia inglesa e o sitio web oficial. Con respecto á sinatura tes varias opcións: a máis sinxela e usar o segundo botón pola dereita da caixa de edición (podes ver a imaxe neste enlace), tamén co teclado escribindo catro veces o signo ~, coa combinación das teclas ALT+126 (mantendo presionado ALT e a secuencia 1, 2, 6). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:51, 9 abril 2006 (UTC)
  • Ademáis de como che dí o compañeiro Prevert, podes segui-las indicacións desta imaxe creada para un usuario que no entendía o galego (polo que as intruccións están en castelán). Aquí dáseche as indicacións oportunas para que tamén che saia canda a túa asinatura o específico para entrar na túa paxina de discusión sen pasar pola de usuario. Lembra que tan pronto logres facer con existo este exercicio, debe de borrala imaxe desta paxina (abonda premas na lapela "editar", localices a imaxe, borres a ligazón da mesma en premas en gardar cambios). Saudos, para máis información ahí nos tes.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 11:29, 9 abril 2006 (UTC)
  • Vendo a túa sinatura agora, penso que quizais non respondín ao que me preguntabas. No enlace preferencias e no campo O seu alcume (para as sinaturas) escribes: [[User:Mskina|Mskina]]<sup>[[User talk:Mskina|(fálame)]]</sup>, e marcas na casiña Sinatura tal como está, sen enlace automático (raw signature). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:08, 9 abril 2006 (UTC)

Ola Mskina, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:53, 15 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Mskina. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós. Lmbuga Commons -- Galipedia e --Prevert(talk) 00:49, 6 decembro 2006 (UTC)

Modelo editar

Ola Mskina, tiven que desfacer as túas edicións no modelo de TV porque senón o modelo non ofrece o dato do xénero nos demais artigos nos que está. Un saúdo. AlberteSi, digame? 16:36, 20 xaneiro 2008 (UTC)

La Lira de Ribadavia editar

Se borrei o artigo foi, segundo escribín no resumo, por ser copia literal do contido dunha web. Comprenderás que non poida saber se ti, como usuario da Galipedia, eras o responsable desa web ou non. Non son adiviño. Pero en calquera caso pouco importa: se o texto vén dunha web que non indica claramente que o contido é de uso libre e aberto, aínda que sexas ti o autor non o podes subir á Galipedia. Máis aínda: se ti e-lo responsable da banda, da súa publicidade ou o que sexa, deberías absterte, por neutralidade, de escribir sobre iso. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 20:02, 30 de maio de 2010 (UTC)

Ramones editar

Ola, Mskina. Desfixen a túa edición en Ramones, e do mesmo modo outro usuario desfixo outra edición túa na que moviches o artigo. Antes de faceres edicións de este tipo convén que leas Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:48, 10 de abril de 2011 (UTC)