Por favor, non borres contidos ou modelos das páxinas da Wikipedia, como fixeches en "Víctor Campio Pereira", sen dar un motivo fundamentado para a devandita eliminación no resumo de edición. Semella que a edición que fixeches non foi construtiva e alguén a reverteu. Por favor, usa a zona de probas se o que queres é experimentar con edicións de proba. Grazas. --JaviP96 4 de marzo de 2013 ás 19:23 (UTC)Responder

Víctor Campio Pereira editar

Ola Mikethunder. En Wikipedia:Borrar pode ver un lista dos motivos que poden xustificar o borrado dun artigo. No caso das biografías de persoas vivas os editores deben de ter especial coidado no redacción deses artigos. O tratamento que se fai da biografía no caso do artigo Víctor Campio Pereira semella neutro sen incluír datos privados ou recoller información que afecte a intimidade. A páxina nin sequera inclúe a fotografía de Victor Campio. Por outra banda, esta petición resulta estraña e sería preciso verificar que efectivamente parte do titular do artigo. Se considera que a entrada contén algún dato inexacto ou que haxa que modificar pode manifestalo na páxina de conversa do artigo para que os administradores do wiki fagan as correccións que sexan precisas. En en:Wikipedia:Biographies of living persons (en lingua inglesa) ten información detallada sobre o tratamento das biografías de persoas vivas. Aínda co dito se considera que o artigo contén información sensible pode dirixirse a algún dos administradores do wiki, en Wikipedia:Administradores ten unha lista (teña en conta que algún deles pode non estar activo neste momento), e se o comentario que quere facer para xustificar a súa petición require unha comunicación privada pode facer uso da ligazón: Enviar un correo electrónico a este usuario que aparece no apartado Caixa de ferramentas na columna da esquerda da páxina de usuario. Para rematar, teña en conta que en principio non abonda coa vontade do titular do artigo para o borrado. Un cordial saúdo. --Prevertgl 5 de marzo de 2013 ás 18:37 (UTC)Responder

Proposta editar

Boas, abrin un fío de conversa na taberna que penso que é de interese de toda a comunidade, está en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votacións. Agradeceríache que o leras. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 17:03 (UTC)Responder