Grazas por subir as imaxes Miguel. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:38, 27 novembro 2006 (UTC)

Benvido editar

Para contactar comigo

Para contactar comigo, fai click na
palabra Galipedia da miña sinatura.
Fai click despois na pestana editar
da ventá que se abre. Escribe ó final
da páxina e, cando remates, asina (fai
click no penúltimo botón da barra que
está encima da caixa de edición, o que
ten unha sinatura como debuxo).

Benvido á Galipedia, Miguel. Cabe a posibilidade de que xa nos coñezamos de Flickr. Se é así, dicirche que non puiden subir imaxes túas de alí á Galipedia por falta de tempo (inda que pareza incrible), pero é unha das cousas que teño en mente e pendente.

Ademais de darche a benvida e de agradecerche as túas contribucións, vouche comentar algunhas cousas que creo que han ser do teu interese. Primeiramente dicirche que, dado o tamaño e a calidade das imaxes que sobes, ningún de nós dubida de que son fotos realizadas por ti; pero, para termos iso seguro e asegurar asemade que as fotos non sexa borradas o día de mañá, convén que, nas imaxes novas que subas, escribas (na caixa que pon descrición á hora de subir imaxes), se as fotos son realizadas por ti, algo así como fotos da miña autoría, eu son o autor, self made,... o que prefiras.

Conviría ademais que incorporases ese dato ás imaxes que xa subiches. Non corre présa. Se queres ver as imaxes que xa subiches, podes acceder a elas indo á túa galería de fotos. Para ir á túa galería debes seguir o seguinte procedemento:

Accedes directamente facendo click aquí, pero podes acceder desde a túa páxina de usuario. Para o mesmo, tras acceder á Galipedia como usuario rexistrado (tal como estás agora, senón non verías esta mensaxe) debes de ir á túa páxina de usuario (User:Migueldaborreira); despois, na parte superior da ventá, fai clik na pestana "galería".

Tómome a licenza -espero que non che moleste- de na túa páxina de usuario (User:Migueldaborreira) crear unha subpáxina (User:Migueldaborreira/Galería) coas fotos que subiches. Se sobes unha outra foto non tes máis que engadila seguindo o esquema, ou preguntarme como se fai se te sentes inseguro ou non sabes. Non teñas medo a cometer erros, tódolos erros que poidas cometer na Galipedia (Wikipedia galega) son solucionables; para nós, o realmente importante son as túas contribucións.

Grazas de novo, supoño que non tardarei en poñerme en contacto contigo de novo. Non dubides en contactar comigo cando che apeteza. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 01:24, 28 novembro 2006 (UTC)

Nesa ligazón (Oroso) podes achar incorporadas as imaxes que subiches. Así e todo teño dúbidas. Dado o que se expresa en A Barciela, Santiago de Compostela, non teño claro a que concello pertencen esas imaxes. Espero que estean ben nesa páxina. Outro cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 01:34, 28 novembro 2006 (UTC)

Vinme na obriga de borrar esta imaxe. Falamos dela por correo. O motivo é copyvio: http://www.flickr.com/photos/migueledreira/154805392/ (non permite o uso comercial). Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:57, 11 xaneiro 2008 (UTC)

Sigüeiro editar

Ola, Miguel.

O artigo sobre Sigüeiro está referenciado, e explícase o proceso histórico de crecemento da vila e as demarcacións territoriais. Se tes fontes nas que se indique o contrario, achégaas. En calquera caso, lembra que para deixar comentarios sobre o contido dos artigos debes facelo na páxina de conversa dos mesmos, non no propio artigo. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de febreiro de 2018 ás 23:36 (UTC)Responder

Enfin xa choveu e non teño tempo nen pacencia pra wikipedia, a verdade terá que ser publicada no Pravda.
Abofé que algun día publicarei algo con xeito, pero mentres non nos bombardeen os sionistas de Oroso seguiremos resistindo destoutro lado do rio Tambre.
Hino oficial de Sigüeiro-Norte: https://open.spotify.com/artist/0GwebWlVE6A3NuZfeIrigI?si=6Jtgo9w4Rp6hf2RiiKaB4w&nd=1&dlsi=da3c79e7476d4ebc Migueldaborreira (conversa) 23 de novembro de 2023 ás 21:05 (UTC)Responder
@Estevoaei . O artigo está mal rematadamente mal.
A parroquia da Barciela está dividida e abrangue parte dos Concellos de Santiago e Oroso. O decreto da Xunta non afecta a organización parroquial ( que é social non soamente eclesiástica). O decreto de segregación citado ten un Anexo cun mapa que ninguén mirou.... Enfin Sigüeiro é un desastre asique non ía ser menos na Wikipedia.
A ver se topó un MAPA do Reino de Galiza onde aparece escrito "Pontesigüeyro" xa en 1645 ?? topado en Holanda creo...
San Martiño de Oroso queda a uns cantos quilómetros de Sigüeiro, que pertence à parroquia da Barciela.
Si, todo o núcleo Urbano de Sigüeiro (Oroso e Santiago) pertence á parroquia da Barciela ( non confundir coa aldea que tamén se chama Barciela).
A igrexa da Barciela está no lugar de Sigüeiro n 39 ( Santiago ) ...
E onde se celebran as festas parroquiais da Barciela Santiago na actualidade ?, pois Si no concello de Oroso. Todo é un lio. 87.223.217.53 25 de novembro de 2023 ás 03:15 (UTC)Responder

a ver se nesta finde editar

as fontes... o nomenclátor os mapas de Urbanismo e que son de Sigüeiro ... así que irei de paseo e subirei fotos... Migueldaborreira (conversa) 23 de febreiro de 2018 ás 02:52 (UTC)Responder

Boas Miguel, como principal "responsábel" de como está redactado o artigo, dígoche o mesmo que Estevo. Eu non son de Sigüeiro coma ti e se está mal algo cómpre corrixilo, iso si, perfectamente referenciado. Un saúdo e grazas polo teu interese --Xosé Antonio (fálame sempre) 25 de febreiro de 2018 ás 06:00 (UTC)Responder
Boas de novo, estiven mirando as túas consideracións e é evidente que o decreto de segregación publicado no DOG nunca se aplicou, co cal os lugares da Foca e a parte de Sigüeiro-Santiago que está ao nprte do río Tambre seguen pertencendo a Santiago, ou o nomenclator e o plan de urbanismo de Santiago non están actualizados. Lembro que cando redactei os artigos tiña un bo lío montado e dinlle prioridade ao DOG. Penso que hai que investigar máis porque hai unha evidente contradicción. Saúdos, --Xosé Antonio (fálame sempre) 25 de febreiro de 2018 ás 06:52 (UTC)Responder
Mira está Conversa:Sigüeiro, Oroso, Oroso
A clave está no Anexo do Decreto que é un mapa. Podedes contrastar o Mapa do Anexo (que aparece no BOE e non no DOG ) co Xeoportal de Santiago de COMPOSTELA: Só pasan a Oroso os lugares de A Foca, A Illa do Refuxio e a parte de Sigüeiro a unha das beiras do Tambre, a outra segue no Concello de Santiago, onde segue a estar, co seu letreiño do Concello de Compostela e todo. Podedes contrastar os mapas de urbanismo e vedelo.
Link clave: https://www.boe.es/boe/dias/2005/03/22/pdfs/A10101-10102.pdf A segunda páxina é o MAPA do Anexo que polo que se ve ninguén mirou.
Aparte que é de moi mala calidade, pero pode compararse claramente co Xeoportal do Concello de Santiago. Migueldaborreira (conversa) 23 de novembro de 2023 ás 21:19 (UTC)Responder