Conversa usuario:Miguel.lima/2007


Marcadores de uso editar

Levo días usándoos, e parécenme fantásticos, ;) Grazas --Xabier Cid 11:51, 5 setembro 2007 (UTC)

Agradeceríache, pois é moi importante para a comunidade, que leses detidamente o contido de Wikipedia:Votacións/Elección de administradores, o contido da páxina de discusión correspondente, o contido das subpáxinas (coas súas páxinas de discusión) que na mesma se mencionan, e que opinases ou participases votando. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 23:28, 3 outubro 2007 (UTC)

Re: Obrigado editar

Ola Miguel.lima, non respostei a túa mensaxe no seu momento quero facelo agora. Moitas grazas polas túas palabras, agradezoche enormemente o ánimo que transmiten e o ton amable. Resulta moi reconfortante saber que as miñas accións foron útiles. Un cordial saúdo. --Prevertgl 23:16, 12 novembro 2007 (UTC)

Participación nas primeiras eleccions "democráticas" editar

Ola!. Só por se non estiveses ao tanto, infórmote de que es un dos poucos que podes participar nas Primeiras votacions "democráticas" a administradores (ás que se presentan 3 candidatos). Pareceume importante facercho saber para que poidas exercer o teu dereito, sempre que o estimares oportuno, pero polo menos que estiveras informado, pois a informacion é un dos piares da liberdade. Saúdos. ---- Maañón00 (o que ho?) 21:11, 25 novembro 2007 (UTC)

Benvido ao wikiproxecto editar

Benvido ao Wikiproxecto, bótalle unha ollada a páxina, eu ando enfrascada coa subpáxina do Caso de arxentina, Estevoaei co dereito laboral, Maañón fai un pouco de todo e Lansbricae anda tamén un pouco a todo. Ti propón todo o que se te ocorra que será moi ben recibido, ;), saúdos, Alma (fálame eiquí) 14:12, 10 decembro 2007 (UTC)

Re: como usar modelo cita web editar

Ola Miguel.lima. Acabo de entrar un momento despois duns días. Agora non podo responder por falta de tempo. Perdoa por non facelo de inmediato, cara o fin de semana tentarei escribir a resposta. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:26, 17 decembro 2007 (UTC)

Traballei no modelo Cita web coa idea de que era unha copia provisoria de en:Template:Cite web, pensaba adaptalo e traducilo cando tivera tempo. Fixen algúns cambios pero non cheguei a facer o que tiña pensando. Neste momento non teño o tempo preciso para cumprir co meu propósito e faiseme moi costa arriba ter que porme a facelo. Se ti estiveras disposto a reconvertilo, segundo o teu criterio claro, por min perfecto. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:40, 23 decembro 2007 (UTC)
Volver á páxina do usuario "Miguel.lima/2007".