Ola Manners11, antes de nada benvido á Galipedia. Estiven a ver que levas un par de días editando nalgúns artigos relacionados co rock contemporáneo e é moi de agradecer xa que poucos usuarios se ateven con ese tema. Quería dicirte que á hora de elaborar os artigos seguimos un determinado esquema e mantemos un formato para intentar homoxeneizar un pouco os traballos relacionados co mesmo tema. Vin que, por exemplo no artigo de The Strokes, borrache algunhas das cousas que había; sempre que o borrado se amplíe doutro xeito, e se procure referenciar, non hai problema ningún, pero hai outras cousas que sempre deberían permanecer, como por exemplo as categorías, que nos axudan a ter a wiki máis organizada. Ademais nos artigos de grupos musicais adoitamos a manter un determinado formato, incluíndo a súa discografía ao final do texto, aínda que falemos dos seus traballos na traxectoria da banda. Tamén é moi recomendable indicar no resumo da edición (a caixiña que aparece enriba do botón de "Gardar a páxina") a orixe das achegas, aínda que proveñan doutra wikipedia, como exemplo cun "traducido da wikipedia en inglés" nos serviría.

Agardo que isto te sexa de axuda e anímote a seguir participando na Galipedia, e en especial contribuíndo con artigos no campo do rock, e para calquera dúbida conta comigo. Un saúdo. --Beninho 10:38, 15 de decembro de 2011 (UTC)

  • O de reverter unha coido que podes facelo dende a pestana "ver o historial" (digo que coido, porque talvez como administrador a min me deixe, pero ao mellor a ti non, non estou seguro jeje). De todas formas, nesa pestana tes as edicións anteriores e sempre podes copialas e pegalas. E outra cousiña máis, as mensaxes nas páxinas de conversa acostúmate a asinalas, para que o outro usuario poida saber doadamente con quen fala. Podes facelo premendo a icona do lápis que te aparece enriba do cadro de edición. Un saúdo. --Beninho 06:56, 16 de decembro de 2011 (UTC)

Máis benvidas editar

Ola Manners, Benvido á Galipedia.

Un detalle. Gravación en galego é con "v".

Cando teñas temo, bótalle un ollo ó libro de estilo

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 21:05, 15 de decembro de 2011 (UTC)

Datas en inglés editar

Ola de novo Manners.

Poderías ocuparte de traducir tódalas datas do inglés en Discografía de The Strokes. Por exemplo: April 5, 2011 → 5 de abril de 2011 ou 05/04/11 ou 05-04-11.

Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 19:49, 16 de decembro de 2011 (UTC)

Deixa, deixa. Mira para aquí: [1] --. HombreDHojalata.conversa 15:39, 17 de decembro de 2011 (UTC)