Magus
Benvido á Galipedia Magus. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Debemos coincidir noutro artigo porque en Vellarrón non editei. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:13, 18 xuño 2007 (UTC)
Graciñas
editarGraciñas. Debo precisar que as miñas contribucións son moi irregulares, xa que o meu tempo de acceso á arañeira virtual é moi limitado e non dispoño dun acceso estable. Polo de agora estou centrándome no concello de Riós, onde se atopa o meu pobo, e que coñezo de primeira man. A partir de ahí estou aportando artigos relacionados con Historia, folklore, festividades, e fauna e flora, empregando elementos da wikipedia española e inglesa.
Vin que non dabas engadido a ligazón externa que desexabas engadir a esta páxina. Xa que logo, engadina eu. Se reparas en como a engadín, verás o xeito de facelo. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 01:03, 13 setembro 2008 (UTC)
Riós
editarOla, Magus! Vexo que hai tempo editaches artigos sobre Riós. Onte pasei polo tramo vello da estrada N-525 que cruza o río Mente, actual OU-142. Polo que lin, en 1975 estaba proxectado facer un encoro en dito río, motivo polo cal se construíu o viaduto da N-525, mais entendo que o proxecto non saíu adiante. O Nomenclátor de Galicia indica que a parroquia do Navallo ten unha aldea chamada Mente; é a que está xunto a ponte vella?
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de xullo de 2017 ás 15:08 (UTC)