Ola Luso-Tuga. As edicións que estás a facer carecen de referencias, ademais de ser en boa parte erróneas (como a bandeira, que é unha invención persoal, tal e como se pode ler na páxina en commons da imaxe). Por iso están a ser eliminadas as edicións. Cando exista un territorio chamado Portugaliza entón si que pode ter un artigo propio. Polo de agora é unha pura invención e como tal non ten cabida na wikipedia. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 16:02, 20 abril 2009 (UTC)

Ola, Luso-Tuga. Como ben che di Alberte, un artigo de opinión, unha edición baseada na subxectividade ou no devezo persoal, non teñen cabida dentro do proxecto Wikipedia. Non obstante, reempreguei o teu artigo para falar da revista Portugaliza, que, a diferenza dese bloqueo xeográfico do que se falaba na edición anterior, si é un feito. Un saúdo e espero que sigas colaborando coa Galipedia. Abur.--Atobar (conversa comigo) 16:34, 20 abril 2009 (UTC)