Conversa usuario:Lmbuga/discusións 10

García Barros editar

Ola Lmbuga. Hai unha imaxe (Ficheiro:Manuel García Barros 6.jpg) na que non sei edita-la descrición: só me saen as categorías. Quería engadir que García Barros era o segundo pola esquerda e, quizais sería bo tamén recoller que é o coro Airiños de Ulla, segundo a conversa. Faltaría engadi-la data, pero iso sería moi arriscado. ¿podes engadilo ou dicirme como se edita para facelo eu? Pedro --Lameiro (conversa) 19:29, 8 marzo 2010 (UTC)

  • Feito, nin me fixara nesa ligazón. Graciñas. Pedro --Lameiro (conversa) 19:57, 8 marzo 2010 (UTC)

Flickr editar

Lmbuga, deixa correr os minutos, meu. Pensa dúas veces iso que comentas do grupo do Flickr. Xa nos imos coñecendo e ben sei que es de sangue quente. Amodo, compañeiro, que aquí facemos falla todos e ben sabes que se apreza o teu quefacer. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 00:00, 9 marzo 2010 (UTC)

Miguel, e lo? que foi o que pasou? de que animadversión falas? Tes o meu teléfono, chámame. --Xoacas(Góstache o pemento?) 00:39, 9 marzo 2010 (UTC)
RESPOSTA: Non van por aí as cousas. Fuches ti quen rompeu comigo cando eu obxectaba pero deixaba o futuro aberto, e moi aberto. Non me digas que te chame. Non vaias de ovella facendo pensar que eu son o lobo cando é xusto o contrario. Explica por que votas en contra desta imaxe (Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas/Ficheiro:Mans e Barro. Alfareiro en Niñodaguia.jpg), por exemplo, pois é quizais a mellor imaxe que propuxen na miña vida: Agora é o momento de atender o conflito, non é o momento do diálogo aducindo unha conversa non pública e por teléfono Non é ese momento porque eu son un ser público. Agora o que sexa hase de amañar publicamente e non por telefono. Rectifica os teus votos e promete non volver votar onde eu propoña (amais, inda que esa promesa será en privado, aquí non pinta nada, promete abandonar a administración do grupo de Flickr) eu prometo non cruzarme contigo se hei ser negativo. Máis nada-- Lmbuga / Conversa comigo  00:52, 9 marzo 2010 (UTC)

Esta pregunta que lle fas a Atobar (Unha consultiña, Tobar, que eu non che controlo nada destas cousas: está permitido retirar un voto unha vez emitido? A ver se así desenguedellamos a guedella.) éncheme de incertidume, quizais non sexas tan mala persoa. Pero esa é a resposta fácil e maquiavélica daquel que quere facerse ver como gran persoa. Responde simplemente: ¿Cal e o motivo polo que votaches en contra da imaxe que na mensaxe anterior dixen? Ollo: respondas o que respondas, a xuízo de calquera que sexa obxectivo, vas rañala (perdón por ser vulgar, pero ás veces a vulgaridade é expresiva)-- Lmbuga / Conversa comigo  01:03, 9 marzo 2010 (UTC)

A única solución é que rectifiques os teus votos, abandoones o grupo de Flickr e asegures non cruzarte comigo. Eu farei o mesmo-- Lmbuga / Conversa comigo  01:04, 9 marzo 2010 (UTC)

A ver, rei, imos por partes: 1 Normalmente doulles voto negativo ás fotos que propós porque non me gustan, xa che dixen algunha vez que non sei nada de fotografía, fago como coa música, se me gusta escóitoa, e se non me gusta digo que non. a do meu amigo gústame, aínda que parece que hai motivos técnicos para pensar que non é boa. 2 Non me fixestes moito caso cando che dixen que a vida real está fora (mira que orixinal son), pero mira, para o que me importa a min isto, se queres retiro os meus votos, e se queres voto o que ti me digas, mira ti o que perdo. 3 O grupo de Flickr está en Flickr. 4 Respecto ao de "non cruzarte comigo", vai a modo, a ver si vas coller unha úlcera. Unha aperta e durme ben. --Xoacas(Góstache o pemento?) 01:22, 9 marzo 2010 (UTC)

Sigo aquí a conversa (non na súa páxina de discusión) e non de moi bos modos: O de "rei" sería posible se puidese vostede darme polo cu, cousa que non me cadra porque non me deixo (CREO QUE CON ISTO PODO DEIXAR CLARO QUE O SEU XEITO MAQUIAVÉLICO DE TRATARME É INSULTANTE). A partir diso non responda outra cousa ca indicarme que ten vostede que dicir da imaxe á que lle fixen mencion (É A TERCEIRA VEZ QUE LLO PREGUNTO). Fale con fotógrafos experimetados se quere, mesmo lle dou tempo. ¿Que ten que dicir? Iso si, rógolle que me trate de vostede e co debido respecto-- Lmbuga / Conversa comigo  01:41, 9 marzo 2010 (UTC)
Agora e tras esta discusión, solicito ser bloqueado. Co mesmo solicito que sistematicamente se apliquen as normas. Todo acontece porque non se aplican nin as de votación máis simples. En maior indefensión que ante un usuario que se quere facer pasar por bo, pero que xamais vai recoñecer o que é a realidade, que pasa de pasar totalmente de min a dicirme que o chame por teléfono (pero non me chama el a min) e dá en tratarme de "rei" publicamente (cousa que non fan nin os meus amigos); non se me pode deixar: Aseguro que non vai compensar xamais deixarme indefenso, así que o preferible é bloquearme de por vida-- Lmbuga / Conversa comigo  07:11, 9 marzo 2010 (UTC)

Correo editar

Lino. O das dez e pico da noite, case once, non? E respondinche. Vólvocho mandar se non che chegou. --Atobar (conversa comigo) 00:37, 11 marzo 2010 (UTC)

Re:Discusión no Tableiro dos administradores editar

Moitas gracias pola tua aclaración Lmbuga. Eu compréndote perfectamente e para nada cheguei a pensar que as tuas palabras fosen froito dunha nova ou vella actitude cara a miña persoa. Como xa dixen no taboleiro dos administradores, a miña inexperiencia en temas de votacións de imaxes; como supoño ben coñeceras, xa que nunca ou case nunca se me vira por esos lares; xogoume unha mala pasada. En definitiva agradezo as tuas palabras e alégrome de verte por aquí, pola Galipeida, espero continuemos todos axudando a este gran proxecto e de paso agradézoche a tua labor e a axuda que me deches ata agora en temas de imaxes. ¡Moitas gracias e boas noites!--Carronada 01:05, 11 marzo 2010 (UTC)

Vandalismos editar

Ola Lmbuga! Interésame moitísimo se sabes de onde veñen exactamente eses vandalismos, porque non só foi cousa de onte, xa foron bastantes os usuarios creados directamente para insultar. O caso é que non sei como fai porque aínda que lle bloquees a ip ó pouco xa está editando con outro nome, debe ter unha ip dinámica, ou faino nun ciber, ou non sei. Fíxate xa o número de usuarios que empregou: Aidoe, Xabier Pelotillero, Nenazas, Sony, Albertito, Elchavo, Candongo, AtobarPoloCu, Albert Gaylipedia, Lmbugay, OdaGaylipedia, DaGaylipedia. A cousa é seria, mesmo hai tempo pensara en crear unha política de check user para ver quen anda detrás e se se pode parar, pero é complicado aprobar unha norma así. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 11:37, 15 marzo 2010 (UTC)

Igual é esaxerar iso da policía. Eu cando menos paso de meterme en leas. A cousa é grave no contexto galipédico, pero igual é ir algo máis alá levalo por eses vieiros. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 20:06, 16 marzo 2010 (UTC)
Le o correo, a acusación de pederastia a un profesor de ensino medio é hoxe en día moi grave-- Lmbuga / Conversa comigo  20:13, 16 marzo 2010 (UTC)

Imaxes BBC editar

Ola estiven mirando a lizenza da imaxe e atopei na paxina http://www.bbc.co.uk/terms o seguinte:

Intellectual Property 4. All copyright, trade marks, design rights, patents and other intellectual property rights (registered and unregistered) in and on bbc.co.uk and all content (including all applications) located on the site shall remain vested in the BBC or its licensors (which includes other users). You may not copy, reproduce, republish, disassemble, decompile, reverse engineer, download, post, broadcast, transmit, make available to the public, or otherwise use bbc.co.uk content in any way except for your own personal, non-commercial use. You also agree not to adapt, alter or create a derivative work from any bbc.co.uk content except for your own personal, non-commercial use. Any other use of bbc.co.uk content requires the prior written permission of the BBC.

As imaxes en si non son para ningún uso comercial senon para a wikipedia, da que non se obten ningún beneficio económico. De todos modos tamén di que You may not copy, reproduce, republish ...make available to the public, or otherwise use bbc.co.uk content in any way except for your own personal, non-commercial use, polo que non sei se poden estar ou non. Pero en caso de que tiveran que ser borradas a causa disto, non deberían facer o mesmo co resto de imaxes de televisións públicas que din o mesmo nos seus copyright?. Un cordial saúdo.--AMPERIO 16:08, 20 marzo 2010 (UTC)

Moitísimas gracias polas aclararme o tema. Un saúdo --AMPERIO 18:16, 20 marzo 2010 (UTC)
Pois sen ir máis lonxe creo que esta imaxe presenta o mesmo caso non? http://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:A_galega.jpg. --AMPERIO 13:58, 21 marzo 2010 (UTC)

Novoneyra editar

Boas Lmbuga. Estou ampliando o artigo de Uxío Novoneyra e atópome coa dificultade de engadir imaxes que o fagan máis dixerible. O ideal serían imaxes que axudasen a comprende-lo artigo, pero iso sería máis difícil. O caso é que non atopo nada (ou non se me ocorre nada). ¿Tes ti algunha idea de que imaxes temos que nos poidan servir? Hai nada, o Centro Ramón Piñeiro publicou un dos seus Cadernos dedicado monograficamente a Novoneyra. Estou tentado de aproveitar dúas cousas: unha das súas "caligrafías" ou, como mínimo, a súa sinatura. Antes de facelo prefiro comentalo contigo por se puidese supoñer unha ilegalidade. Pero o mesmo que copiamos unha cita sen problemas ¿non podemos escanear unha sinatura, ou un breve poema manuscrito? Xa me contarás. Pedro --Lameiro (conversa) 23:14, 23 marzo 2010 (UTC)

  • Grazas Lmbuga, polas fotos de Novoneyra. Xa as subín e engadín a web da AELG nas ligazóns externas, coa mención de seren a orixe das fotos. Seguiremos completando o artigo. Saúde, Pedro --Lameiro (conversa) 22:42, 24 marzo 2010 (UTC)

Reverter2 editar

Ó meu entender cumpre os requisitos de votación e está ben nominada á imaxe da semana. Tivo 5 votos a favor (cumpre o mínimo), e esos votos favorables superan os 2/3 dos votos. A discrepancia está na teoría de que os 2 votos en contra restan, cousa coa que non estou de acordo e sobre a que xa falamos hai uns días, co gallo da posibilidade de votar en contra das propostas, con ou sen explicacións de voto. Para min está claro (dereito a votar no sentido que cada un crea, sen que iso implique reproche, castigo, censura, ou calquera outro matiz negativo para ninguén; e dereito a dar explicacións ou non, segundo cada quen o considere oportuno). Pero vexo que hai outras opinións noutras liñas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:42, 26 marzo 2010 (UTC)

  • Non dixen, e non o penso así, que os votos neutros sexan negativos. Para min non contan: son usuarios que non se definen e polo tanto nin suman nin restan, aínda que o feito é que non apoian a proposta. Como se fosen comentarios, máis ou menos. Quero dicir que habería que contar votos a favor e votos en contra e con iso sacar conclusións. Os votos en contra son importantes porque, neste caso de Reverter, significa que houbo un 71% dos votos a favor e un 29% en contra. Pero se houbese un só voto máis en contra (5 a favor e 3 en contra) significaría que só conta co apoio do 62,5% dos votos, e non podería ser nominada ó requirir, segundo as normas, un 66,6%. A min, así me saen as contas e así entendo as normas. Pero se estou errado e os votos neutros sí que contan, tampouco sairía elixida no caso hipotético de que tivese os 5 a favor, os 2 en contra e un neutro. Vai ser cousa de detallalo ben nas instrucións. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:19, 26 marzo 2010 (UTC)
    • O de terxiversación é forte, ¿non cres? Admito a posibilidade de estar equivocado, pero terxiversar implica intencionalidade en buscar unha interpretación sesgada, e iso é grave. E a maiores, non utilices plurais maiestáticos: o anterior é a miña interpretación, logo sobra ese estades que mete no mesmo saco a outras persoas que non son responsables do que eu digo. Pero, ¿cal é entón a túa interpretación? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:32, 26 marzo 2010 (UTC)
  1. Política de votacións de imaxes: "A votación será aprobada cos 2/3 dos votos favorables, sempre que se emitisen cando menos 5 votos a favor. A duración da votación deberá ser de 15 días" (Aquí). E leva así unha eternidade. Xa nin lembro desde cando.
  2. Hai un mes, case, que xa non son administrador. Pero que conste que me sinto plenamente solidario con eles.
  3. Non podemos, non debemos ignorarnos. Estando de acordo ou non nalgunhas cousas, estamos no mesmo barco, remando na mesma dirección. Xa sabes que amores queridos, amores reñidos. Pedro --Lameiro (conversa) 00:44, 27 marzo 2010 (UTC)
    • Quizais o que estamos buscando é isto, unha votación sobre prazos, porcentaxes e votos mínimos para borrar e incluír artigos destacados na portada [no recadro inclúense tamén imaxes], de xaneiro de 2007, con 7 votos a favor e 2 en contra. Houbo anteriormente unha longuísima discusión sobre as propostas de consenso que foi facendo Xosé, cuns cadros que ía modificando segundo as achegas dos usuarios. Tal como eu o entendo, no caso das imaxes, a política anterior a este cambio só falaba dun 66% a favor, pero xa non son horas para seguir buscando. Pedro --Lameiro (conversa) 01:20, 27 marzo 2010 (UTC)
      • Doulle voltas e máis voltas e non atopo outra lectura. Como xa che dixeron, en Wikipedia:Votacións di: "Imaxe destacada (2/3 dos votos). 5 votos mínimos a favor", e en Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas: "A votación será aprobada cos 2/3 dos votos favorables, sempre que se emitisen cando menos 5 votos a favor". Elimino únicamente o prazo porque aí non parece haber discusión. Eu véxoo moi claro, aínda que a redacción sexa mellorable. E tanquilo: non penso que andes buscando lío. Todo isto serviranos para clarexa-las cousas e pon de manifesto que as políticas deben ser máis detalladas. Isto é o bo e construtivo das discrepancias e das discusións. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 23:04, 27 marzo 2010 (UTC)
  • Na páxina que che dixen para Destacados na portada só está a votación e o resultado, pero na cabeceira da páxina, arriba do todo está a ligazón á discusión previa: "Esta proposta parte do discutido en Wikipedia:A Taberna (propostas)#Intento de consenso para Wikipedia:Votacións". De aí tes que ir ó arquivo, logo ó arquivo de xaneiro de 2008 e aí o atoparás na primeira sección: Intento de consenso para Wikipedia:Votacións. Aquí podes acceder directamente. Verás que a discusión foi longa e farragosa, porque se mesturaron conceptos e propostas, pero ó final, o 11 de xaneiro, Xosé subíu a proposta a votación. Recoméndoche paciencia á hora de afronta-la lectura, porque a cousa ten miga.
Volves supoñer que os votos negativos restan ("Pero dá igual que haxa 5 votos a favor e 2 en contra (o total son tres, 5 -2)". Insisto en que os votos en contra non restan: son votos emitidos e contabilízanse á hora de calcula-los 2/3. É dicir, que 5 a favor e 1 ou 2 en contra, aprobado; 5 a favor e 3 ou máis en contra, rexeitado. Semella lóxico.
O tema dos votos neutros éche outro conto e cada vez que o penso, con exemplos, saco conclusións distintas. Será cousa de deixar este aspecto pendente doutras opinións menos cansas. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 00:01, 28 marzo 2010 (UTC)

RE:Sintoo editar

Lamento profundamente que decidas abandonar os proxectos da Fundación Wikimedia, en especial o da Wikipedia en galego. Por outra banda, comprendo que, se entendes que o teu periplo por Wikimedia debe chegar ó seu fin, non alongues esta estadía máis do necesario. Outras veces tes amagado a túa retirada, pero supoño que esta vez é a definitiva. A túa aportación foi importantísima e queda xa para sempre coma un tributo xeneroso á promoción da cultura en galego. É algo do que coido que te podes sentir orgulloso, e con razón. Máis nada; para calquera cousa, tes o meu correo particular, e seguimos en contacto. Un abrazo. --Iago dime 16:12, 28 marzo 2010 (UTC)

Dúbida editar

  • Ola, Luís. Primeiro, quero agradecerche o teu enorme labor enriquecedor de múltiples maneiras na Galipedia, e especialmente as numerosas e boas fotos que engadiche. E segundo, quería preguntarche: unha foto tirada a unha escultura que está no exterior (é a de Peludez e familia, en Lugo, cerca da entrada da estación de autobuses) non ten problemas de autoría nin nada, non? (ademais, citaremos o autor da escultura, Fernando Barcia Blanco, por algures). Supoño que non, pero pregunto polo si ou polo non. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga 10:34, 29 de abril de 2010 (UTC)
  • Grazas pola resposta, Luís. Sinto moito que houbera desacordos polo tema das votacións, a verdade é que eu non o seguín e léndoo por encima vexo que son máis restritivas e non sei se é mellor ou peor, pero puidéronse integrar na nova proposta algunha das túas ideas (sen menosprezo ningún por parte da proposta inicial) dada a túa asidua e importante colaboración. Nestes proxectos en linguas minoritarias (o galego non o é aínda de momento, pero as estatísticas indican que non ha tardar moitos anos en selo) son importantes persoas con bo criterio de traballo, como é o teu caso, e non o digo por "pelota" (pois non acostumo louvar as persoas, e cando louvo é porque esa persoa xa o merecía varias veces), senón polo número e calidade das tuas colaborarcións. Gustaríame que esa pantasma non desapareza de todo no proxecto, e grazas a ti por todo. Unha aperta. --Xoán Carlos Fraga 09:43, 7 de maio de 2010 (UTC)

RE: Conversa Wikipedia:Guía de imaxes de calidade editar

  1. Le o que queiras do que eu escribo e considera o que queiras. Pero escribiches "Non sexa maleducado", "non me persiga" e "abstéñase de pasar por onde paso se é posible". Agora chamas a iso un "rogo". Pode que esa fose a túa intención pero non foi o que dixeches realmente. Sei ler, e o escrito, escrito queda. Dixen o que pensaba daquela e non retiro nin unha coma.
  2. Non pretendo tumbar -nin nada parecido- a páxina de conversa das imaxes de calidade, sobre a que aínda non opinei. En toda conversa hai un fío principal e intervencións paralelas, unhas veces xustificadas e outras non tanto. Se cando falas dun usuario creando cisco refíreste ó asombro de Xoacas, a calificación de crear cisco é inaplicable: sorpréndese, coma min, de que descoñezas unha proposta que levas días rebatendo e pedindo a retirada. Pero dá o mesmo: dicirche isto é coma falar coas paredes.
  3. Trátame coma queiras (de ti ou de vostede). Eu tratareite de ti, digas o que digas. O respecto non depende diso salvo no aspecto máis formal e superficial. Desprezo fondamente a xente que, por unhas razóns ou outras, debo tratar de vostede (evidentemente, non é este o caso).
  4. Non vou crear cristo ningún na túa páxina nin en ningunha outra. Nunca o fixen (creo sinceramente) e non sei a que vén iso. Intentarei non dirixirme a ti máis que cando expresamente mo pidas (espero que sexa moi, moi esporadicamente). Iso non empece que comente as túas intevencións en calquera lugar da Galipedia cando e como o considere oportuno. Co teu permiso ou sen el.

Pedro --Lameiro (conversa) 00:06, 19 de maio de 2010 (UTC)

Lamento editar

Facía tempo que non vía a túa actividade, e xa a botaba en falta, non sei exactamente que che pasou, pero contas co meu apoio, e co meu aprezo. Levas traballado moitisimo aqui, e es das primeiras persoas coas que tiven contacto. Anímote a colaborar, dar guerra polas cousas que cres, e dende log tes o meu total apoio.Unha grande aperta.--Alexandre Vigo 13:20, 25 de maio de 2010 (UTC)

Rebenvido, Lmbuga. Dálle duro á Galipedia. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 18:59, 2 de novembro de 2010 (UTC)

Dereitos dun video editar

Grazas pola resposta, sigo alí coas miñas dúbidas e si puderas votarme unha man agradeceríacho aínda máis :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:36, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Non, non quería dicir que houbera que votar nada, non puxen o video aínda en Commons porque non quero que se poda producir ningún tipo de problema con el. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:08, 11 de marzo de 2011 (UTC)
Boeno, moitas grazas pola túa axuda, de momento como non o teño claro deixarei estar a cousa así, porque non quero que podan producirse problemas xa que o video é dun autor actual e coñecido. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:34, 14 de marzo de 2011 (UTC)

Río Corgo ou Río do Corvo editar

Boas, Lmbuga. Tiña a intención de crear o artigo Río Corgo, achegar dúas ou tres fotografías e algunha ligazón referida ós arranxos recentes que o concello de Santiago de Compostela fixo no seu percorrido por Salgueiriños, como 1 e 2, e cal é a miña sorpresa, antes de comezar vin que en Galería de imaxes de ríos de Galicia e en Ríos de Galicia se lle chama Río do Corvo. Despois diso teño a dúbida de cal é o nome correcto. Na web do concello é Río Corgo, pero en blogs e outras páxinas vexo 3 nomes distintos: "Río Corvo", "Río Corgo" ou "Río do Corvo". Eu vivo a carón del, e por eiquí a xente sempre lle chamou "Corgo". ¿Qué fago?. Unha aperta. JonnyJonny 12:58, 2 de abril de 2011 (UTC)

Esta é unha proba para que os alumnos vexan como un usuario se dá conta de que lle chega unha mensaxe--85.91.95.244 10:14, 17 de febreiro de 2012 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Lmbuga/discusións 10".