Conversa usuario:Lmbuga/discusións 1

Benvido á Galipedia Lmbuga. Sempre nos ilusiona ter novos compañeiros para botar unha man a este proxecto. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa non dubides en preguntar. Saúdos --Luisinho(✍ ir á miña discusión) 08:41, 10 agosto 2005 (UTC)


  • Benvido/a á Galipedia Lmbuga. Resultan moi importantes para a Galipedia os colaboradores novos, e se ademáis de textos engaden imaxes é moi valioso para o proxectro. En canto as imaxes inclúo aquí algunhas matizacións para que non surxan malentendidos: en primeiro lugar temos que coñecer o estatus dos dereitos, no teu caso ao ser o autor como as licencias para Galipedia (licenza GFDL, Dominio público, Creative commons,.... En Marcadores de licenza de imaxe hai máis datos, para engadir un marcador a unha imaxe basta escribir entre chaves o que elixas), en segundo lugar as imaxes, o mesmo que os textos, non poden ir asinadas (enténdese por asinar os pés de foto ou aquelas imaxes que inclúan o enderezo de correo electrónico —na propia imaxe— non cumplirían as regras das wikipedias). Dispoñemos dunha táboa onde se poden engandir todos eses datos (reprosuzoa máis abaixo) .Por último segundo Wikipedia:Eliminación rápida as páxinas que só inclúan imaxes deben borrarse. Moitas grazas por cargar as túas imaxes na Galipedia e calquera dúbida ou cuestión que queiras aclarar sobre o tema podes deixala na sección correspondente da Taberna ou na miña páxina de discusión (enlace talk da sinatura).

Táboa cos datos identificadores da imaxe

- http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:sustituir_polo_nome_da_imaxe.png
Orixe/Source:
Autor/Author:
Copyright:
Publicada por/Publish by:
Data/Date:
  • Ola, vou inaugurar a túa nova páxina de discusión, xa levo as tesoiras para cortar a cinta, queríache facer unha consulta en relación coa entrada Cancerbeiro, penso que a figura mítica grega é Cerbero (non Cerbeiro nin Cancerbeiro) e que a forma cancerbeiro como gardameta non está recoñecida en galego. Agardo que me podas confirmar eses datos para borrar o artigo, saúdos e grazas.--Rocastelo(fálame aquí) 11:31, 18 febreiro 2006 (UTC)
  • Grazas pola contestación, movín a páxina a Cérbero (homónimos) e fixen un pequeno artigo sobre Cérbero, pero non teño claro se a páxina de homónimos sería mellor movela ao Galizionario.--Rocastelo(fálame aquí) 13:21, 18 febreiro 2006 (UTC)

xénero gramatical editar

acabo de ampliar un popuco os conteúdos, a ver se fica máis claro todo agora. o probelam radica, acho, no facto de se traducir directamente a partir da entrada no wiki en inglés onde se confunde enormemente cousas direferentes como son clases nominais, xénero gramatical e até inclusive modificadores (clasificadores) nominais. por certo, tamén non coñeczo ningunha lingua romance que teña un so xénero. Sock puppet 09:08, 9 marzo 2006 (UTC)

alégrome que gostases do meu. non é para presumir, mais dou aulas de doutoramento en vigo sobre a planificación lingüística e a tradución, dentro do cal falo da planificación da linguaxe non-(hetero)sexista. os apontamentos están en inglés, mais inclúe bastante sobre xénero gramatical-xenéro "natural"/biolóxico etc. mais unha nutrida bibliografía. se queres, pódocho mandar en formato pdf. cal é o teu correo-e? eis o meus: jstefanlari@yahoo.com

Sock puppet 08:14, 10 marzo 2006 (UTC)

Olá, Lmbuga! (msg. em português) editar

Olá, Lmbuga! Meu nome é João Xavier Mendes dos Santos, sou brasileiro, e colaboro já há algum tempo e bastante com a Galipedia, e mantenho contato com os amigos Agremon, Prevert e Xelo2004. Já aprendi um pouco as normas de escrita do galego, porém às vezes cometo um ou outro erro de grafia. Escrevi hoje um texto sobre parlamentarismo, com a ajuda do tradutor automático Por2Gal, porém mesmo com estes tradutores automáticos pode escapar um ou outro erro. Agradeço-te se puderes revisá-lo. Um grande abraço, daqui da cidade de São Paulo, Joao Xavier 17:14, 13 marzo 2006 (UTC)

LINGUAS ROMÁNICAS editar

Ola. Son --Sobreira 15:52, 22 marzo 2006 (UTC). Había tempo que non viña a colaborar e cando entrei esta mañá tiña unha mensaxe túa sobre a claridade do artigo de linguas románicas. Refíxeno algo, pero non só o pouco tempo que me permite a miña conciencia profesional (ou laboral) e académica.

Saúdos dende Vigo e Santiago.

Terminoloxía editar

Ola de novo. Acabo de ler varias cousas nas que participaches. Propóñoche dous detalles:

- Non se poden xuntar tódalas figuras literarias nunha soa categoría dentro de category:literatura e dentro de category:retórica? (podo xuntalas eu con tempo e paciencia)

- Que queres dicir con Terminoloxía? Non o entendo moi ben. Quería engadir algo pero non sei onde

Saúdos dende o CIRP

--Sobreira 17:57, 22 marzo 2006 (UTC)

Xa estiven metendo algunhas na categoría correspondente, sen présa: a categoría chámase oficialmente category:retórica e figuras da lingua, porque xa fora discutida. Baséome na orde do artigo sobre figuras estilísticas e xa fixen os primeiros dous grupos ata elipse incluída (por omisión). Cando meto esta categoría borro category:lingüística e category:literatura, porque category:retórica e figuras da lingua está incluída xa nelas ou vai ou debería estar.

--Sobreira 16:06, 1 abril 2006 (UTC)

  • Podes usar Category:Pendente categoría para aquelas páxinas nas que exista dúbida sobre onde clasificar ou naquelas que aínda non foran clasificadas. Pode servir para Heroe. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:49, 1 abril 2006 (UTC)
  • Ola, creo que é moi necesario que a Galipedia teña unha lingua correcta e que sirva de modelo, polo que as coreccións que estás a facer son moi importantes para mellorar a calidade, pero por un erro corrixiches ficción, que na nova normativa se mantén como excepción á redución do grupo cc diante i, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 11:54, 2 abril 2006 (UTC)

Portadas editar

  • O Template:Portada e para marcar material con copyright como portadas de discos, cd's, libros, etc. procede do Fair use da wikipedia inglesa e só debe usarse de xeito excepcional, polo tanto é preferible evitar na medida do posible cargar materil dese tipo. De feito algunhas wikipedias nin sequera o permiten. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:59, 2 abril 2006 (UTC)

Está metido en category:retórica e figuras da lingua ata calambur seguindo a orde de figuras estilísticas. Seguro que é retruécano? Ese ditongo /ue/ é moi sospeitoso... Ademais, lembra ó galego retroque, ou retranca. --Sobreira 18:37, 2 abril 2006 (UTC)

  • Podes concectar un momento. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:21, 2 abril 2006 (UTC)

Curso de lingua galega editar

  • Xa puxen no Curso de lingua galega a portada do curso de Galilibros. Todos os enlaces aparecen en azul (aínda que haxa algúns que falten en Galilibros) porque son enlaces interwiki. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:20, 4 abril 2006 (UTC)
  • Son --Sobreira 21:39, 6 abril 2006 (UTC). Mira o que lle engadín a Acento prosódico#causas xerais, dende Barcelona e de memoria: queda comprobar tamén as tres palabras con ?  :)
  • Para iso estamos, para colaborar :) --Sobreira 23:00, 7 abril 2006 (UTC)
  • Para as páxinas sen categorizar podes aproveitar o listado prototipo de User:ANDOcategorizANDO, que son eu mesmo (teño 2 usuarios) --Sobreira 00:08, 8 abril 2006 (UTC)
  • Boas, vin a mensaxe que lle deixaches a Prevert, tamén deixeille unha resposta, xa que dende o meu ver o artigo non ten porqué violar as regras da Wiki; o que sí, conviña era paltexar unha template que se poida inxerir nestes artigos (podes ollar un mero plantexamento do contida da mesma na páxina de Prevert) xa que dise xeito permitenos esta máis libres no traballo. Saudos.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 00:24, 8 abril 2006 (UTC)
  • A extensión cumpre coas regras da Galipedia, polo tanto, penso que pode publicarse. Tamén me parece que na wikipedia inglesa teñen algún tipo de advertencia sobre cuestións médicas, entón como di Xelo2004 podería incluirse algún tipo de indicación nese sentido (non sei se a mesma que di Xelo2004 ou unha distinta ou máis curta). Un cordial saúdo. (Envieiche un correo). --Prevert(talk) 13:06, 8 abril 2006 (UTC)
Outros datos/Other data:

|} A táboa vai na páxina de descrición da imaxe.

(Confio en que estas indicacións sirvan de axuda e outra vez grazas). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:29, 10 agosto 2005 (UTC)

  • Moitas grazas polas correccións que fixeches nas imaxes. Fixen un pequeno arranxo en http://gl.wikipedia.org/wiki/Image:R%C3%ADo_Xallas-%C3%89zaro_081.jpg comproba se che parece ben, aí xunto co teu nome é onde podes incluir o enderezo de correo se queres (aínda que sería preferible que sustituiras a @ por outra cousa, o texto arroba ou que sexa, para evitar o spam). Engadín unha ligazón a túa páxina de usuario onde podes incluir a información de contacto que desexes. Se non che parecen ben os cambios poden desfacerse facilmente, só tes que dicirmo. A función da táboa e dos enlaces que aí aparecen e enlazar coa orixe das imaxes cando sexan reproducidas noutros lugares alleos á Galipedia e que se recoñeza a autoría de quen cargou as imaxes (neste caso ti mesmo). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:56, 10 agosto 2005 (UTC)

Ola, benvido á Galipedia, creaches unha serie de páxinas en maiúsculas, tan só era para che recordar que as páxinas se deben crear en minúsculas, agás a primeira letra, siglas e algún caso especial. En todo caso estás a facer un gran traballo, con xente coma ti a Galipedia mellora día a día. Saúdos.--Rocastelo 14:13, 13 agosto 2005 (UTC)


  • Benvido a este proxecto, aunque sempre ando tarde comas os sapoconchos, para este tipo de eventos, a miñas desculpas por nor darche antes a benvida. Polo demáis considerate neste proxecto coma na túa casa. Por certo engadín algunha foto máis no teu artigo do Cisne en forma de galerái fotografica, espero che guste. Saúdos. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 08:01, 15 agosto 2005 (UTC)

Sinónimos editar

Ola, estás baixando unha fermosas imaxes, que sen dúbida melloran a calidade gráfica da Galipedia, tan só recordarche que en canto os sinónimos teñen que ir redirixidos a unha páxina principal: así por exemplo temos que elixir entre abázcaro e abellón unha páxina principal na que se escribe o artigo, e a outra rediríxese a esta: se collemos Abázcaro como páxina principal, rediriximos abellón a esta, poñendo na páxina abellón:#REDIRECT [[Abázcaro]]. Saúdos e para calquera cousa non dubides en pasar pola miña páxina de discusión.--Rocastelo 09:28, 15 agosto 2005 (UTC)

  • Ola, sinto ser tan pesado, pero o traballo que estás facendo sobre a novela, moi interesante por certo, semella máis ben un manual e non artigos enciclopédicos, e debera estar en wikibooks, a versión galega aínda ten moi pouco material e precisa de bos traballos como ese que estás a facer, e lémbrate que os títulos dos artigos teñen que estar en minúsculas, xa sei que podo ser un pouco cargante, pero todos buscamos o mesmo, mellorar o proxecto, saúdos.--Rocastelo 22:15, 17 agosto 2005 (UTC)

Wikibooks editar

  • O proceso é igual ao que empregas na Wikipedia, pero aquí tes o enlace: b:Novela preme nel e levarache a páxina de Novela en gl:wikibooks.

A diferenza está na creación dos capitulos que se indican con '''/''' por exemplo b:Novela/A narración literaria.
As mensaxes deixanse na páxina de discusión dos usuarios para que lle saía un sinal advertíndolle que ten mensaxes, e para asinar é o segundo signo da dereita da caixa de edición (o que semella unha sinatura). Saúdos, se tes problemas cóntamo.--Rocastelo 22:49, 17 agosto 2005 (UTC)

  • A mensaxes deixanse na lapela de discusión de cada usuario, non na paxina de usuario (para acceder a ela directamente podes premer o caron do meu alcume -onde pon- "se non estas darcor dimo") para ir directamente a miña paxina de discusión; dese xeito lograras que cada usuario o que accedas a súa paxina de discusión se lle apareza a sinal de cor laranxado indicandolle "Tes mensaxes novas", como ahora xa te vai a aparecer a ti. A túa mensaxe xa a traslado eu na miña paxina de dicusión. saudos. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 23:04, 17 agosto 2005 (UTC)
  • Ola, vexo que non moveches Novela a Wikibooks, se tes algún problema, faimo saber, saúdos.--Rocastelo 18:46, 18 agosto 2005 (UTC)

Cookies editar

O que atopei sobre ZoneAlarm aquí foi isto: in particular, for ZoneAlarm settings, you must allow cookies with private header information ou quizais sexa problema da configuración de IE e Firefox, non sei se algún outro usuario emprega ZoneAlarm, se fora o caso quizais che puidera axudar, saúdos.--Rocastelo 19:09, 18 agosto 2005 (UTC)

Lagarto e lagartixa editar

Ola, Lmbuga. O primeiro que quero é felicitarte porque estás mellorando a Galipedia en grande medida. En segundo lugar, quería dicirche que introduciches no artigo do lagarto dúas especies máis que xa estaban anteriormente en lagartixa, e deben ser cambiadas para lagartixa (en realidade xa están). A miña clasificación creo que está feita con bo criterio pois utilicei unha obra bibliográfica que cito no segundo artigo. Un saúdo, e grazas por andar a mellorar e crear -con textos e fotos- artigos sobre animais. En resumo: saúde. Cóidate, compañeiro.

  • Tes razón. Os dicionarios galegos só traen lagarta. A verdade é que eu baseime no portugués (que polo xeral coincide co galego) e admite lagarta e lagartixa. Pois tes razón, haberá que crear o artigo lagarta trasladando a información de lagartixa -e deixar esta entrada para redirecionala a aquel-. Eu tampouco sei facelo. Un saúdo.

Ola xa pasei a información á páxina de lagarta, aínda que os nomes das diferentes haberá que revisalos, non sei se ti tes información dos seus nomes galegos. Saúdos.--Rocastelo 20:59, 26 agosto 2005 (UTC)

Borrar imaxes editar

  • Non é ningunha molestia. Borrar artigos ou imaxes só poden facelo aqueles usuarios que sexan administradores (eu son un deles). O proceso de borrado segue diferentes camiños segundo o tipo de páxina ou imaxe que se trate. No caso desas imaxes cargados por ti mesmo entran dentro do que se chama Wikipedia:Eliminación rápida, poden eliminarse inmediatamente sen procederse a ningún tipo de discusión, para facelo podes incluir na páxina de descrición da imaxe o seguinte marcador {{lixo}} ou {{lixoporque|sustituindo o texto que escribo aquí polo motivo de borrado, por exemplo, errro no nome}}. Xa ía borralas directamente pero vexo que hai dez coas características que falas e na mensaxe só indicas sete. No caso de que queiras borrar as dez non fai falta que pases o traballo de marcalas todas, basta con que me confirmes na miña páxina de discusión que son todas, en caso contrario si debes marcalas para que eu saiba cales teño que borrar. Finalmente agradecerche o gran traballo que estás facendo por esta wikipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:40, 28 agosto 2005 (UTC)
  • Compañeiro, non teño moi clara a cousa. Vendo arriba que lle dis a Prevert, (entre 7 ou 10 imaxes) eu tan so borrei 9 respetandoche unha que tes baixo o nome de Formiga012eue. No canto as outras puiden apercebir que as que borrei levaban o tei enderezo de correo (o que no é bo). Non sei te tes algunha mais. En todo caso, noraboa polo teu traballo. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 00:06, 29 agosto 2005 (UTC)
  • Acabo de sustuir o escudo do concello de Boqueixón por un novo de maior resolucion. ¿haber que che parece?. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 18:41, 30 agosto 2005 (UTC)
  • Polo que dís o escudo da Estrada xa o cargara eu xa hai tempo, pero no ten a definicion do de boqueixon, pero proximamente sustituireino por outro de caracteristicas similares o que xa viches, pero ai que darlle tempo o tempo. Sen embargo o teu traballo si çe digno de quitarse o chapeu. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 19:05, 30 agosto 2005 (UTC)
  • Acabo de facer o que no debia de facer. Semella que coñeces ben A Estrada, e polo que me dis os escudo (que supoño se utilizará na maioria da papeleria) ¿ou polo contrario debera de ser este outro?. NOTA: é posible que pola cache do navegador aun vexas o antiguo, polo que pica enriba do escudo e no acto cargarache o novo. Saudos. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 19:27, 30 agosto 2005 (UTC)
  • Bueno, pois asi queda, cando poida irei subindo máis (con boas resolucións, como de seguro comprobaches). Agora continuarei coa historia de Mexico, que ten moito lio es as fontes nunca se poñen dacordo (que che vou a decir eu que non saibas). Saudos. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 19:46, 30 agosto 2005 (UTC)


Galizionario editar

Ola, estás facendo un gran traballo, e mellorando moito a Galipedia, pero estás creando algunha entrada que debería estar no Galizionario, por exemplo aviar. As entradas que conteñan definicións de dicionario deben colocarse aí, polo demais xa che digo estás facendo un gran traballo, e non pretende ser unha crítica. Saúdos.--Rocastelo 21:47, 30 agosto 2005 (UTC)

  • Diaños, compañeiro. Calquera dirá que estas de mal humor co proxecto (xa antes vin unha cousa semellante) pero eu recomendariache que non os fixeses todos seguidos. Pensa que o que esta a navegar, de repente, entra nestre proxecto e vé que lle estan a chamar 1000 e 300. Como queraría coa impresion?. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 23:17, 30 agosto 2005 (UTC)


Planta, vexetal editar

Ola, queríache facer unha pregunta, sabes se existe algunha diferenza entre planta e vexetal? eu penso que non, xa sei que os artigos existen dende hai tempo, eu en vexetal xa había tempo que fixera un comentario, pero ninguén o comentou e pode que estea errado. Pero se non existe ningunha diferenza nun futuro haberá que unilos, saúdos.--Rocastelo 22:12, 2 setembro 2005 (UTC)

Paxina de usuario editar

Estimado Lmbuga: comentoche unha proposta sinxela para a túa paxina de usuario, xa que, e creo que coma min, en certa medida pode pasar a mais usuarios; temos problemas para carga-la tua paxina. En base delo propoñoche que fagas subpaxinas deixando algunhas imaxes na tua principal a modo de orientacion (xunto co sinal de commons) quedaria como exemplo User_Lmbuga:/nome de subpaxina. Un saudo. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 20:33, 7 setembro 2005 (UTC)

  • Houbo un erro de transcrición na mensaxe de Xelo2004 e as subpáxinas creanse coa seguinte ruta User:Lmbuga/nome_da_subpáxina , xa te axudamos a movelas. Verás despois nas subpáxinas que automaticamente se crea un enlace coa páxina principal de usuario. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:22, 7 setembro 2005 (UTC)
  • Aqui estamos de novo dando a paliza, observei que na tua paxina de usuario (na que agora soe cargarse bastante ben nos navegadores de pouca capacidade) tes tres veces repetida a imaxe de "Escarabote, Boiro" (a miña suxerencia sería que deixases unha) e logo, un pouco máis abaixo, onde reflexas "Ribeira" tes na primeira "|Ribeira". Saudos. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 23:16, 18 setembro 2005 (UTC)

Campo semántico editar

  • Xa que ando agora por aquí respondo eu á túa pregunta. Podes deixar as entradas como están como enlaces a páxinas da Galipedia. Algunhas das palabras que inclúes son homónimos, e dicir, levaran en realidade a varias páxinas distintas con diferentes artigos. É preferible que crees aqueles artigos que vaian a ter 200 caracteres como mínimo. É posible que algunha palabra (non revisei polo miúdo todas) si que poida ir para o Galizionario. Un sistema para completar o artigo se é preciso é crear un enlace interwiki, por exemplo [[es:pintura]] ou [[pt:pintura]] (como proba) con iso podes comprobar os interwikis deses artigos (se existen) e o artigo en inglés (tamén podes probar directamente un interwiki ao inglés que soe ser o máis completo) e dese xeito aumentar nalgún caso o artigo aquí. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:58, 8 setembro 2005 (UTC)
  • Aqui estamos de novo dando a paliza, observei que na tua paxina de usuario (na que agora soe cargarse bastante ben nos navegadores de pouca capacidade) tes tres veces repetida a imaxe de "Escarabote, Boiro" (a miña suxerencia sería que deixases unha) e logo, un pouco máis abaixo, onde reflexas "Ribeira" tes na primeira "|Ribeira". Saudos. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 23:15, 18 setembro 2005 (UTC)

Estatuto editar

Os textos de leis e outros parecidos van en Wikisource. Desde o 23 de agosto de 2005 hai unha versión en galego independente, que está en http://gl.wikisource.org , alí xa hai unha entrada con Estatuto de Autonomía de Galicia. O mellor neste casos é poñer no artigo da galipedia un enlace a fonte de textos. Hai un marcador que se chama Template:Wikisource que sirve para engadir un enlace automaticamente á páxina do mesmo título, neste caso non sirve, podes utilizar en cambio:

{{Irmáns |project=Wikisource
|image=Sourceberg.jpg
|text=[[s:Portada|Wikisource]] ten escritos orixinais de:
|link=[[s:Nome_da_páxina_en_wikisource|]]
}} 

Onde tes que sustituir: Nome_da_páxina_en_wikisource polo páxina correspondente. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:04, 15 setembro 2005 (UTC)

  • Sobre o número, non sei a que te refires. Saúdos. --Prevert(talk) 11:07, 15 setembro 2005 (UTC)

Image:Río Beluso desembocadura GDFL.jpg editar

A imaxe Río Beluso desembocadura GDFL.jpg vese, queres que se borre ou deixala? Outra cousa con páxinas como Función Da Linguaxe é mellor movelas ao nome correcto (ou novo nome) premendo na lapela mover e despois refacela na súa localización definitiva. A vantaxe de facer iso é que o historial da páxina non se perde (sempre que se pode intentamos manter o historial, é un dos principios wiki). No caso de que a páxina sexa irrelevante ou non teña ningún sentido non é preciso seguir ese proceso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:55, 21 setembro 2005 (UTC)

  • Mandeiche un correo, bótalle unha ollada se podes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:55, 24 setembro 2005 (UTC)
  • Envieche un correo. Saúdos. --Prevert(talk) 22:53, 27 setembro 2005 (UTC)
  • Xa respondin a túa mensaxe en commons, desculpa o retraso porque estiven uns días sen pasar por alí. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:01, 21 outubro 2005 (UTC)

aire e ar editar

Ola, xa existe a páxina ar, non sei que facedes nestes casos

  • As boas, eu dispoño do corelwordperfect (bo programa) pero dende hai un tempo para aco empreguei un programiña sinxelo podelo baixar dende esta [páxina], fácil de manexar e moi sinxelo de ir engadindolle os datos; espero che sexa de utilidade. saudos.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 23:59, 4 novembro 2005 (UTC)

tradutor editar

Hola Lmbuga, eu tiña feito un, baseado en MS-word. Consta de dous ficheiros Word, un deles é un dicionario (con palabras, terminacions, etc) que podes modificar/ampliar. Poido enviarchos por email (para iso terias que configurar o teu usuario poñendolle unha direccion de correo (que non se fai visible)).--XoseL 11:18, 5 novembro 2005 (UTC)

  • Fixen un arranxo coa conta de correo-e que lle proporcionaches a Xosel, pois non é bo poñe-lo tal cual, existen programas de localización de contas correo a través de texto coa finalidade de repletar este con spam, por outra na anterior mesaxe dabache a paxina dun programa por se queres votarlle unha ollada (menciono que o mesmo trae consigo unhos ficheiros para traducir castelán-galego e (dende o meu punto de vista esta en fase de experimentación) inglés-galego. Saudos. --Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 19:37, 5 novembro 2005 (UTC)

Castelán|castelá editar

Ola, liches ben, simplemente confundinme ao creala, por sorte deime de conta decontado e borrei o nome erróneo, pero grazas por avisar, como ben dis de se crear unha categoría errónea rectificala cando pasa un tempo é máis laborioso, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 08:59, 6 novembro 2005 (UTC)

Exercicios editar

Ola, os artigos sobre exercicios que estás facendo son moi interesantes, pero non son enciclopédicos, penso que terían que ir en Wikilibros, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 22:51, 20 novembro 2005 (UTC)

Wikilibros editar

Crear unha páxina é igual que para a Wikipedia, por exemplo sigues esta ligazón: b:Exercicios de léxico en lingua galega e xa estás no comezo do libro en wikibooks, alí terás que crear os capítulos, por exemplo pos na páxina anterior [[Exercicios de léxico en lingua galega/Excercicios sobre refráns|Exercicios sobre refráns]], sigues a ligazón e xa podes crear o primeiro capítulo. Logo en cada capítulo hai que poñer a referencia ao capítulo anterior e ao seguinte para que o libro sexa navegable, podes mirar neste capítulo do libro que fixeches hai uns meses como se resolveu b:Novela/Comunicación narrativa. Participantes, pero se o fas pouco a pouco iso non ten présa, xa se fará. As definicións de dicionarios teñen copyright e, a non ser que sexa un dicionario antigo que xa o perdera, non se pode copiar polo que terás que modificala, ou ben escribir á editorial que o publicou para que permita o seu uso. Se tes calquera dúbida faimo saber--Rocastelo(fálame aquí) 17:34, 21 novembro 2005 (UTC)

Ola, Lmbuga. Coido que no de vogal / vocal unha cousa é signo e outra símbolo; de calquera xeito, pode suprimirse sen que varíe a comprensión, logo é máis sinxelo e desexable. En cando ó sarcasmo, por min non pasa nada, estou afeito a peores consideracións, pero si que cara ós novos aconséllote poñer as cousas máis suaves.

Respecto ó comezar de novo, se sabes algo do tema, sendo para mellorar e considerando que o artigo ten dúas liñas (polo tanto debera de levar o de /en progreso/) coido que está totalmente xustificado. En todo caso, como moita precaución, deixa na páxina de comentarios unha nota do que fixeches, e se cambias de vogal a vocal e borras vogal, copia a de comentarios.

Coido que na wikipedia unha norma non escrita é que facendo as cousas por ben, malo será que non vaian ben.

Saúdos.--Agremon(contacto) 07:51, 9 decembro 2005 (UTC)

  • Ola Lmbuga, como regra xeral se un artigo ten erros debe ser moddificado inmediatamente, non é preciso porse en contacto con quen editou o artigo. En todo caso mentres non se faga a corrección hai que avisar dos problemas na páxina de discusión ou se son de tal magnitud que comprometen a credibilidade do proxecto, ou poden inducir a erro a quen o lea por o marcador {{Atención}}. Unha boa referencia para avaliar como actuar en cada caso concreto é revisar o historial de edicións, comprobar quen foron os editores, en que datas e comprobar o seu historial de edicións. Iso permítenos ter unha idea da fiabilidade das edicións e os motivos que levaron a facelas. E nos casos que haxa dúbidas podes levar o tema á Taberna para que resolva a comunidade. Como dato final espero que hacia finais de ano comecemos un proxecto do que levamos tempo falando: o Proxecto5000, un proxecto de revisión minuciosa dos artigos que sirva -entre outras cousas- para corrixir aqueles que deban ser mellorados. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:02, 9 decembro 2005 (UTC)

Navajo editar

Ola, no artigo que fixeches alternas navajo e navaxo, son as dúas formas válidas?. O artigo debe lever a forma con lingua polo que debe ser lingua navaja ou lingua navaxa, cal pensas que é máis correcto?--Rocastelo(fálame aquí) 21:59, 10 decembro 2005 (UTC)

Wikibooks editar

  • Os meus parabéns Lmbuga, desde hoxe tes os permisos de administrador e burócrata en Wikibooks. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:36, 10 decembro 2005 (UTC)
  • tamén chos teño que dar eu a ti, teño algo de esperiencia, pero fronte a unha persoa doutorada en lingua, leboas de perder je je je. Será cuestión de complementarnos mutuamente. --Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 22:12, 10 decembro 2005 (UTC)
  • Tamén o tiña pensado eu facer o mesmo (para poderlle entrar o MediaWiki e empezar a traducir), pero estou tendo certos problemas para entrarlle o proxecto que non sei de onde veñen deribados (sen contar moitas veces a faia de tempo e o traballo de artes graficas); de todalas formas tentarei valerte naquelo que poida e boamente saiba facer. Un saudo e saúde.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 23:03, 10 decembro 2005 (UTC)
  • Para a tradución da interface, polo de agora, hai que facer o seguinte na Galipedia ir a Special:Allmessages e en Wikibooks a b:Special:Allmessages. Por comodidade tes que ter abertas as dúas páxinas en dúas ventás do navegador. Logo vas premendo en cada opción (das que están en azul á esquerda) e copias o contido na mesma opción de Wikibooks. Exemplo: MediaWiki:About e b:MediaWiki:About. Non tes que ir por orde, é mellor que vaias traducindo aquelo que vexas que sexa máis importante. Se atopas un texto en inglés que queiras traducir e non sabes onde está, coa opción de busca de texto do navegador podes atópala na lista de mensaxes (soe activarse con CTRL+F). No futuro cando teñamos rematada aquí a tradución vai haber un sistema que permitirá a carga dun arquivo completo pero sempre están surxindo opcións novas e faltan cousas aínda. Outra cuestión onde poña Wikipedia terás que sustituilo por Wikibooks. Outra cousa que quería comentarche é que en todo o que se poida é preferible seguir a estrutura de nomes, páxinas do proxecto,etc. coma na Galipedia para que os colaboradores teñan máis fácil pasar dun proxecto a outro e así non ter que adicar tempo a aprender o funcionamento do novo wiki. Estou a túa disposición para calquera cousa que necesites. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:22, 10 decembro 2005 (UTC)
  • A opción que dis MediaWiki:Monobook.css serve para configurar opcións propias do wiki, podes saltala de momento. Entre outras cousas inlúe o fondo amarelo da N dos cambios recentes e o simbolo que aparece nalgunhas páxinas que presentan as coordenadas dunha cidade. Tes un exemplo en Ardebil. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:57, 10 decembro 2005 (UTC)
  • Compañeiro, podes continuar pola letra "C", salvo a dúbida do terceiro campo da "A" o resto e mailo "B" xa están feitos con relación a da Galipedia. Saudos.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 04:09, 11 decembro 2005 (UTC)
  • Cando esomences pola letra "C", eu xa o estou facendo dende o fondo (dende a "Z") e vou ir cara arriba, con un pouco de sorte pode quedar hoxe todo mediawikificado.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 15:00, 11 decembro 2005 (UTC)
  • Pareceme ben, xa sigo eu, condo consideres oportuno podes descansar que mañá tocache aturar no chollo, eu namentres seguirei turrando un pouco mais; logo mañá ata as 11 a pico da noite xa nonme veras.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 21:06, 11 decembro 2005 (UTC)
  • Non o dicía por sinalar un erro, senon porque quería editar algo na páxina de actualidade. Con respecto a Check User podes deixalo baleiro, e un tipo de usuario especial que se aprobou hai pouco para comprobar os enderezos IP's de quen edita no wiki, para casos de vandalismo ou votacións. Un cordial saúo. --Prevert(talk) 23:14, 11 decembro 2005 (UTC)

Son as 4 da mañán e retirome a durmir e descansar, deica a unhas horas toca chollo e hai que estas preparados. Penso que cando volva a reconectar xa teras acabado con todo, deixei a 5 derradeiras pola "M" feitas (o campo de por medias que as limita co resto esta baixo o nome: mw_math_simple pero de contido blanco). Por sas caso botalle unha ollada en xeral pero penso que non haberá prblemas. O que sí levo detectado e que varios campos estan recheados (non que fixen eu) dunha formar un tanto diferente a como teñen na Wiki.es (en segundo a proposta do campo superior inglesa). Saudos de deica a unhas horas voltaremos a vernos.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 03:01, 12 decembro 2005 (UTC)


  • Dos catro que citas o importante é mainpagedocfooter que se refire a un enlace que hai a pé de páxina, hai máis pero supoño que estarán no lote que traduciu Xelo2004. En todo caso fixestes un impresionante traballo en moi pouco tempo. Se aparece algunha cousa xa se arranxará sobre a marcha. Hoxe traducin ao galego uns cantos mensaxes máis aquí, pódense ver nos cambios recentes. E con respecto ao de rudo non sei do que falas, eu non notei nada. Parece que o proxecto galego da wikipedia en conxunto está collendo bo camiño. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:15, 12 decembro 2005 (UTC)
  • Boas, xa ando de novo por aqui (aunque no vou tardar en ir a cear), Comentabas de que había moitos campos na letra "E", por encher (parece que que nas paxinas especiais da galipedia esta exactamente igual) sem embargo podemos ir a wiki.es e pillar de alí traducindo para acó. Por outras darche a noraboa por completares o remate das traduccións. Agora temos que ir pensando no deseño da portada e das outras seccións (pero con tempo, as carreiras non conducen a nengures).--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 22:30, 12 decembro 2005 (UTC)
  • Diaños, e eu que creera que os tempos do dinosauros en Commons xa se acabaran dunha vez. Seica esa xente querenos máis que o mesmísimo Hitler.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 01:00, 13 decembro 2005 (UTC)

De Agremon / Galilibros editar

comezo un novo parágrafo porque senón está esto un pouco sen orden.Coido que tes razón no de Galilibros. A miña idea é continuar, pero teño que ir parando d emeterme en fregados para atender a outras cousas. O libro (ese e os outros que comecei) está pensado para servir de apoio ós meus alumnos, e coido que chegará un día en que será así. De calquera xeito, vou meter este Nadal (espero) algún libro do tema en jpg en wikifontes. Irá alí (xa teño algún metido) porque están xa finalizados, con ISBN, etc, e non ven a conto reformalos aínda que non esteñan ben de todo; outra cousa é aproveitar o mesmo material como partida para continuar co de Química ou o de Física, que si que usarei. Seguimos ó tanto. A ver se mentras me saco un virus que estes días se me meteu no windows (úsoo por mor da impresora/escáner, pero teño problemas de traslado de ficheiros entre win e linux e por eso algunhas veces baixo algunha cousa, e... virus) Bó, ata outra, que hoxe tócame currar ata as 10:30 (noite).--Agremon(contacto) 18:11, 13 decembro 2005 (UTC)

Vandalismo editar

  • Fixeches moi ben en desfacelo. Onte repasei todos os proxectos pero prestei menos atención a commons pensando cos administradores propios de commons ían coidar das edicións vandálicas. Agora sabemos (para outra ocasión) que non vai ser así e haberá que estar atentos a corrixir calquera problema que poida haber. O único procxecto que non vandalizaron foi wikibooks. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:26, 13 decembro 2005 (UTC)

Galerías de imaxes editar

  • Hoxe creei unha páxina asociada a Sarria cahamada Galería de imaxes de Sarria porque había moitas imaxes dese concello. Paréceme lembrar que ti publicaches unha chea de imaxes dalgún concello. Se estou no certo poderías crear a páxina asociada ao concello que sexa seguindo o modelo Galería de imaxes de nome_do_concello. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:10, 14 decembro 2005 (UTC)
  • Penso que crear unha galería ten sentido cando haxa alo menos unhas 15 fotos aproximadamente. Penso que hai que comezar co que sexa máis cómodo e leve menos traballo. Se as imaxes están en commons crear a galería cos enlaces de todas esas imaxes. Creo ca galería pode combinar imaxes que haxa aquí con outras que haxa en commons se se da o caso. O interesante da galería tamén é que as imaxes teñan unha descripción. Con respecto a facer máis fotos se che coincide ben pero non pretendo cargarte con máis traballo. Só o dicía para completar as páxinas dos concellos con material que xa exista. Supoño que se comezamos, pouco a pouco ao final haberá -coa axuda de todos os colaboradores- galerías de todos os concellos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:16, 14 decembro 2005 (UTC)
  • Moitas grazas. Esa zona da Galipedia mellorará moito co material que estás publicando. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:13, 15 decembro 2005 (UTC)

Guindaste editar

Polo que parece, en galego úsase guindaste, pero non teño claro se é guindastre. o artigo haberá que movelo máis adiante, pero antes quero aclarar o tema. En canto á páxina de homónimos, coido que case ninguén coñece o de guindaste e todo o mundo o de grúa, por eso o artigo con ese título, aínda que provisorio. Un saúdo.--Agremon(contacto) 09:35, 16 decembro 2005 (UTC)

  • Nonme parece convincente que asines os teus libros; de feito na Galipedia non se observa ese tipo a asinaturas (pensa nun artigo que o crea un usuario e o asina baixo o seu alcume; logo vou eu e espallo a información -por lóxica tiña que constar a miña asinatura xunto a deste ou ben suplila-; tras de min ven outro e fai unhas correccións -indudablemente veriase abocado a asinar- e así sucesibamente); polo que o feito de engadir unha asunatura implica que o que queira copiar ten que pedirche permisos (noutras palabras, tí mesmo estas a introduci-lo teu CopyRight). Non sei que opina a comunidade sobor disto, pero para min no é viable. No trocante a de crea-los artigos de Axuda; podes copiar os da Galipedia e darlle algunhas reformas (xa que den seu soen ser iguais). Xa incorporei a Prevert e Alyssalover coma administradores do proxecto a fin de que nos poidan votar unha man a erradica-lo vandalismo; pero teño previsto que se incorpore Agremón e outra persoa (como podes apercebir, na medida que os proxecto se expanda, vai ser combeniente ir engadindo a xente da aqui para que adquira experiencia através dos que xa estamos nos temas de administración; sen contar que podemos ter de ese xeito o proxecto vixiado case as 24 H. Tamén xa creei a template de comunicación para engadir (nun mesmo artigo de mesmo nome os saltos oportunos para Galilibros); podelo ver co artigo Filloa. Un saudo.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 15:16, 17 decembro 2005 (UTC)

Axuda Wikibooks editar

  • Nas wikipedias o uso da barra inclinada só está aconsellado en certos espazos de nomes (os espazos de nomes teñen un tratamento especial, son entre outros: o espazo dos artigos Main -non leva prefixo-, User, Category, Template, ...). En Wikibooks-Galilibros a cousa cambia hai diferentes modelos de creación de libros e un deles é coa barra inclinada. Na miña opinión, en primeiro lugar pode ser boa idea crear un libro porque serviría para remitir desde diversos proxectos a ese material, en canto á navegación sexa coa barra inclinada ou doutro xeito non aprecio diferenzas notables neste momento (a non ser esqueza algunha cuestión a considerar). Creo que podería ser útil tomar como exemplo a versión en inglés de Wikibooks que está moi avanzada e teñen algunhas políticas elaboradas, mesmo no tema da autoría. Outra cousa que me parece interesante e deberamos pensar como facela e incluir enlaces coma neste exemplo: b:Biography of Nikola Tesla (por certo ten unha versión por capítulos e outra completa). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:02, 18 decembro 2005 (UTC)
  • Sabia idea, podes levala acabo; unha cousa é que empregemos parte do material de Axuda e COMOs da Galipedia seguin un pouco a estructura desta e, outra é que se faga unha variante similar sen rompelos esquemas basicos.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 14:01, 18 decembro 2005 (UTC)
  • Ola, queríache facer unha consulta, que forma é a correcta: Real decreto, Lei orgánica ou Real Decreto, Lei Orgánica, eu creo que é o primeiro pero non estou totalmente seguro, saúdos e grazas anticipadas.--Rocastelo(fálame aquí) 21:23, 18 decembro 2005 (UTC)
  • Compañeiro, a miñas desculpas por bloquea-las IP's túas sen darme conta, pensei que estaba bloqueando as de DGDIC (por mor da facer actos propagandísticos); descoñezo de podes seguir surcando con boa maniovilidade por Wikibooks. Un Saúdo e Bon Nadal.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 20:23, 25 decembro 2005 (UTC)
  • Grazas de novo. Soio falta que comprobes se podes circular con liberdade coma a o facías antes, de ser así, votalle unha ollada haber se conservas as facultades de administrador/burocrata, mandeille correo a Prevert pedindolle consello, xa que intentei desface-lo bloqueo (e no seu lugar, na razón das IP's, ofréceme crear un artigo); a miña intención era bloquear DGDIC para que non fixera vandalismo. Un saudo.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 23:08, 25 decembro 2005 (UTC)
  • Habitualmente a benvida dase cando se fai a primeira edición, moitos usuarios que se rexistran non chegan a editar nunca. No caso dos tres que falas probablemente sexa un vándalo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:35, 27 decembro 2005 (UTC)
  • De entrada vamos a arresgar a dala benvida. Pola noite mandoche un correo con instruccións; pois teño unhas certas impresións que me roldan pola caluga pero que o mellor non estan de máis. Saudos.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 14:27, 27 decembro 2005 (UTC)
  • Mandeiche correo.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 23:10, 27 decembro 2005 (UTC)

Historial editar

  • A solución que apuntas é a única posible. De todos os xeitos o historial podería ser recuperado por un administrador desde 'restaurar edicións borradas'. A función do historial é ter un rexistro de autores, de cambios e do momento en que foron feitos. Iso entre outras cousas permite ter referencias da fiabilidade da páxina, recuperar edicións anteriores no caso de vandalismos ou doutro tipo de problemas. Neste caso só depende do que ti prefiras, o único que vai variar é a data de creación do documento, o resto será igual -salvo ver as variacións de cada edición-. Non vexo ningún inconvinte se prefires a opción cunha soa liña de historial. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:53, 31 decembro 2005 (UTC)
  • Mandeiche un novo correo.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 00:06, 4 xaneiro 2006 (UTC)
  • Instala o programa, metelle a tua conta correo e o contrasinal (se logras conectar xa te recibiría o momento).--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 22:04, 4 xaneiro 2006 (UTC)
  • Non é preciso que cargues os plugins. Con repecto ás edicións: son vandalismo, tanto esa que dis como outra en Main page. Son vándalos que se adican a meter spam en páxinas de diversos proxectos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:58, 5 xaneiro 2006 (UTC)

Maiúsculas editar

  • De novo teño un problema coas maiúsculas non teño claro se é Primeira Guerra Carlista ou Primeira guerra carlista, mesturo as regras do castelán coas do galego para o uso de maiúsculas e minúsculas e as dúbidas véñenme a cada pouco, por certo cando teñas tempo, se podes facer un capítulo sobre o uso de maiúsculas e minúsculas en galego nalgún dos teus libros, dende logo a min viríame moi ben e seguro que a moita outra xente, eu non recordo que nas clases de galego que tiven no bacharelato se fixera referencia a iso, como os profesores dicían que non querían repetir o que se dera en lingua castelán (o que non deixa de ser un tipo de diglosia, endexamais tiven un profesor de lingua castelán que dixera que non quería repetir o que se dera en lingua galega), pasabamos as horas cos hiperenxebrismos, castelanismos e catro cousas máis, e ao final teño un coñecemento moi parcial das regras da lingua. O do capítulo só era unha idea, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 12:14, 7 xaneiro 2006 (UTC)
  • Volvo darlle voltas ó tema e a verdade eé que o teño pouco claro: Eu escribiría a Guerra Civil, paréceme un nome propio polo uso que se lle dá a este termo; así a todo en 'Guerra civil española os adxectivos especifican qué guerra, pero esta diferencia é puramente normativa.--Lmbuga 11:03, 8 xaneiro 2006 (UTC)
  • Moitas grazas polo teu interese, dende hai un tempo os artigos sobre Valdeorras, Galicia e lingua galega noutras wikipedias, están sendo vandalizados coa afirmación que en Valdeorras se fala leonés, e dando referencias de libros en alemán, nós sabemos que iso é un fraude, pero para revatelo preciso coñecer bibliografía da fala da zona, sabes de estudos da fala desa zona?, eu sei dalgúns da fronteira entre o galego e o leonés, onde por suposto non se menciona Valdeorras, pero quería coñecer algún título específico sobre a fala de Valdeorras, de novo grazas polo interese, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 11:16, 8 xaneiro 2006 (UTC)

Administrador en Commons. editar

Gracias polo teu apoio, e de alguns de teus compañeiros de Galipedia, finalmente ha sido aprobada miña candidatura para ser administrador en Commons. Se necesitas calquera cousa en commons, xa sabes que podes contar comigo. Saúdos e, de novo, gracias. --Martorell 09:30, 16 xaneiro 2006 (UTC)

Mapa lingüístico do galego editar

  • Teño o mapa orixinal como gráfico de vectores. Se queres podo-cho enviar. Xosé (✉) 20:53, 23 xaneiro 2006 (UTC)
  • Acabo de ver que non se poden enviar ficheiros co correo da Wikipedia. Conéctate á mensaxería instantánea e envíocho. Xosé (✉) 22:25, 23 xaneiro 2006 (UTC)
  • Ola, Bugallo, como vai todo? Estás sendo moi activo e facendo bos artigos, envíoche os meus parabén. Unha pregunta: sabes que etiqueta se pon nun artigo para que despois poida ser revisado? Ando categorizando artigos e, de paso, bótolles unha ollada e ás veces hai artigos que precisan revisión profunda. Saúdos.--Xoán Carlos Fraga 10:27, 24 xaneiro 2006 (UTC)

Pequín editar

  • Parece que é un problema cos caracteres chinos, xa investigarei a ver se hai algunha solución. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:10, 26 xaneiro 2006 (UTC)
  • Sobre o template non entendo moi ben a pregunta, porque nas páxinas de países temos táboas ao final sen necesidade de nada especial, só depende da posición (ás veces hai que incluir <br clear="all" />). E isto o que preguntas? Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:18, 26 xaneiro 2006 (UTC)
  • Podes conectar un momento que quería facerche unha consulta? Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:15, 3 febreiro 2006 (UTC)

Deixeiche esta mensaxe na paxina de discusión do artigo:

O solitón, en óptica, é un pacote de ondas (un pulso) que, debido a se propagar nun medio non linear de certas características, non sofre dispersión (por compensación entre dispersións de diferente natureza) e daquela mantén o seu perfil temporal durante tempos (e daquela distanzas) moi grandes. Ten moito interese en comunicacións ópticas porque con febra óptica adecuada fai posíbel prescindir dos repetidores de sinal que introducen un retardo na propagación ademáis dun maior consumo de enerxía, e tamén aumenta moito a capacidade de transmisión ao non se ensancharen os pulsos.

E outra cousiña, non estou moi seguro pero teño a idea de que en normativo se di "linear" e non lineal.

saúdos --Nanotrasno 13:56, 6 febreiro 2006 (UTC)

Administrador editar

  • Os meus parabéns pola túa elección coma Administrador en Commons. Na miña opinión é un xusto recoñecemento a un colaborador que ten feito moito pola Wikipedia en xeral e todos os proxectos relacionados. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 08:27, 18 abril 2006 (UTC)
  • Noraboa tamén da miña parte --Sobreira 10:13, 18 abril 2006 (UTC)
  • Boas compañeiro, acabo de chegar e xa vin a túa mensaxe, Grazas. Cábeme de gozo non estar persoalmente para darche unhas palmadas a galega nos cadris, un saúdo e noraboa. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 23:04, 18 abril 2006 (UTC)
  • Claro corresponde a Ribadeo; podes consultar máis sobre elo no concello de ribadeo (o fondo nas ligazons hai da que falan de praias), e se tes algunha dúbida máis no dudes en consulta. PD. Se queres podes subir para Commons algunhas das fotos que estou a subir eu dende o ciber. Saudos.--Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 23:26, 21 abril 2006 (UTC)

Foto de Fene editar

Se che digo a verdade non lembro a procedencia da foto. Creo que a tiña no meu ordenador, pero xa fai tempo de aquelo. Sinto moito que teña que ser borrada, é preciosa. Intentarei facerme con outra da ribeira do belelle. Ti es de Fene? Deus!--Porto 07:49, 26 abril 2006 (UTC)

Volver á páxina do usuario "Lmbuga/discusións 1".