Benvido á Galipedia Leoplus. É unha sorte que te rexistraras aquí. A chegada de novos colaboradores enriquece o proxecto e axuda a que a wikipedia en galego medre e mellore. Confio en que poidas colaborar connosco aínda que só sexa cunha pequena parte do estupendo traballo que estás facendo en Commons. Grazas por unirte a nós. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:23, 1 xuño 2006 (UTC)

  • Ola Leoplus, agrádame verte por aquí. Coincido con Prevert en que para calquera cousa que nos necesites aí nos tes. Un cordial saúdo.--Lmbuga Commons - Galipedia 08:37, 2 xuño 2006 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra WikipediaEditar

Ola Leoplus.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.

Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
 
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 4 de xullo de 2013 ás 08:04 (UTC)

Xa vin, xa. Mais non está de máis, por aquilo das boas costumes. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 4 de xullo de 2013 ás 23:10 (UTC)