Referencias en contribucións recentes

editar
 

Ola, Lara-Helena. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a bibliografía ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 6 de abril de 2015 ás 07:49 (UTC)Responder

Marcador de referencias

editar

Ola! Por favor, non retires os marcadores de aviso ata que se solucionen as cuestións indicadas neles. No caso de Patronato da Cultura Galega de Montevideo recuperouse o marcador xa que segue carecendo das referencias necesarias. Podes axudarte da mensaxe anterior nesta conversa para ver cómo engadilas ao mesmo. Saúdos! Banjo tell me 9 de abril de 2015 ás 11:03 (UTC)Responder