Benvido á Galipedia Dantadd. Aínda non che deramos a benvida oficial, sirva esta mensaxe para elo. Sinto que ninguén poida ir ao WikiEncontro, quizais para a próxima vez. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:23, 23 marzo 2007 (UTC)

Libro de estilo editar

Revertín a túa edición en Manolo Otero. O formato era o correcto; pódelo comprobar no libro de estilo da galipedia. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:41, 4 de xuño de 2011 (UTC)

Cando a túa opinión sexa tamén a da comunidade, e no caso de se aprobar ese cambio no cabezallo, faremos como ti apuntas. Entrementres, fai o favor de respectar o formato e non teimes en repoñer o teu criterio persoal. Le tamén as políticas e normas e saberás o que é unha guerra de edicións e como se soluciona. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 23:07, 4 de xuño de 2011 (UTC)