Boas tardes, Beiroa. Cómpre que revises o artigo lareira para corrixi-los erros ortográficos que contén. Non se trata só de crear artigos senón que tamén debe comprobarse a súa ortografía e gramática. A modo de exemplo, en todo o artigo só hai unha palabra acentuada. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 18:23, 24 outubro 2008 (UTC)

Re: Lareira editar

Ola Beiroa. En primeiro lugar benvido á Galipedia e grazas polas túas achegas. Pola escaseza de tempo non puiden responder antes e fun adiando a resposta ata poder facelo de xeito suficientemente claro. Fun seguindo ese artigo porque desde o principio vino como moi apropiado para a Galipedia e unha oportunidade de tratar outro dos temas relacionados coa cultura galega, xa tiña verificado a cuestión do libro desde a creación previa do artigo (daquela non cumpría os requisitos para quedar), tamén verifiquei que un artigo semellante fora borrado tempo atrás na Wikipedia en castelán e no que publicaches aquí tentei corrixir aqueles parágrafos que non seguen as liñas da Wikipedia (aínda queda algunha corrección por facer).

En canto ao libro non dubido de que sexa interesante e unha boa fonte para informarse sobre as lareiras, de feito cando vin que existía espertouseme o interese por ollalo. O problema surxe no momento en que é un dos autores do obra quen insire esa información no artigo en cuestión, iso entra en contradición coas regras deste proxecto; esa información podería incluírse sempre que o realízase un terceiro, un colaborador con historial de edicións no wiki e sen relación neste caso coa devandita obra, sempre seguindo un procedemento lexítimo. Con isto quero dicir que a medio prazo esa información podería reaparecer no proceso de mellora do artigo xunto con novos datos. Para finalizar quero agradecer a túa honradez ao recoñecer ser un dos autores, a miúdo atopamonos con persoas que ou ben tentan escribir sobre si mesmas ou ben influír en entradas que tratan sobre eles agochando a súa verdadeira identidade e/ou orixe. O habitual é que iso acabe detectándose aínda que non sexa de xeito inmediato e os artigos sexan borrados. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:23, 1 novembro 2008 (UTC)