Boas tardes, Bea. Lembra que a páxina de usuario non está prevista para editar artigos, nin como zona de probas para unha redacción previa á súa edición definitiva. De por parte, lembra tamén que en Galipedia non se permiten copia-los textos doutras webs, libros ou publicacións, nin limitarse a facer unha tradución ó galego. As edicións deben ser a base de redaccións propias aínda que, naturalmente, tomando como base publicacións editadas, que serán as referencias. Se tes dúbidas de cómo colaborar e crear artigos, dáte unha volta polas páxinas de axuda da Galipedia ou pregunta canto queiras saber. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:05, 20 maio 2009 (UTC)

traballo galipedia editar

hola son Beatriz Costa. Hai puco borraronme o meu artigo de galipedia e non sei o motivo. Teño que volvelo subir porque é un traballo de clase de toxicoloxía da licenciatura de Farmacia que estou cursando en Santiago de Compostela. Por favor non me borren o artigo durante un tempo xa que boa parte damiña nota depende del. moitas gracias. un saúdo

       Beatriz

Benvida editar

Benvida á Wikipedia en galego, Bea. Únome ás suxestións que che fai Lameiro e aproveito para desexarte unha boa estadía. Calquera dúbida, pregunta. --Krisko 08:51, 25 xuño 2009 (UTC)