DIAGNÓSTICO CLÍNICO DAS INTOXICACIÓNS: ANAMNESE, SÍNTOMAS E SIGNOS

As intoxicacións son un conxunto de signos e síntomas producidos pola acción dun tóxico (calquer axente capaz de producir unha resposta adversa ou incluso a morte sobre un sistema biolóxico) introducido no organismo humano.

Hai tres tipos de intoxicacións:

Accidentais
Voluntarias
Homicidas

Para facelo o diagnóstico dunha intoxicación hai que ter en conta dous casos:

1. Que o individuo estea vivo.
2. Que o individuo estea morto.

Cando o individuo está vivo o diagnóstico comprende:

• Anamnese (historia clínica)
• Exploración física
• Exploracións complementarias


ANAMNESE


A anamnese é a base do diagnóstico no 95% das intoxicacións. A maioría dos pacentes que sofren unha intoxicación están conscentes e cando son atendidos polo médico revelan a súa historia sobre o contacto co producto tóxico; sen embargo a miúdo, tras unha inxesta voluntaria de fármacos, os enfermos non lembran que substancias inxeriron, néganse a decilo ou minten ó ser interrogados sobre esta cuestión.

Xeralmente o máis difícil é precisar a dose de tóxico inxerida, tanto polos factores que acabamos de citar como polos intentos de chamar a atención ou de restarlle importancia ó asunto. Por iso, a información referente ó tipo e á cantidade de substancia tóxica debe tomarse sémpre con certas reservas. Deberíase precisar tamén o tempo transcurrido dende a inxesta, xa que ese intervalo inflúe na posta en práctica dalgúns tratamentos.

Cando o pacente está inconsciente, a anamnese debe realizarse cos familiares, amigos ou compañeiros de traballo; é decir, cos que compartiron co paciente as últimas horas de aparente normalidade. No caso de non obter ningún tipo de información, deberase investigar a súa residencia habitual e o lugar donde se atopou o paciente, na busca de fármacos, drogas de abuso ou outras susbtancias potencialmente tóxicas.

A exploración física permite establecer unha hipótese diagnóstica e axuda a calibrala gravidade dunha intoxicación.

Entre as exploracións complementarias de importancia diagnóstica que se poden practicar a un intoxicado destacan:

Analítica xeral: o hematocrito, a glicemia, a creatinina, o ionograma e o equilibrio ácido-base constitúen os cinco parámetros dos que se debe dispor para evaluar e tratar calquer intoxicación clínicamente grave; a estes deben engadirse outros (gasometría arterial, calcemia…)en función dunha determinada sospeita diagnóstica.
Analítica toxicolóxica
Analítica radiolóxica
 Radioloxía do tórax: ten interese nos intoxicados con gases ou vapores irritantes, nos que presentan signos ou síntomas de insuficiencia respiratoria e en tódolos casos de intoxicacións graves.
 Radiografía do abdomen: ten un interese máis limitado, excepto na inxesta de caústicos, pero permite confirmala inxesta de substancias radio-opacas (ferro, bismuto…)


SÍNTOMAS E SIGNOS

Os síntomas predominantes nas intoxicacións son:

 DIXESTIVAS
1. Dor e ulceración da cavidade bucal (por ácidos ou alcálise). Non se pode facer lavado gástrico.
2. Sialorrea (produción de saliva excesiva), típico das intoxicacións por pesticidas.
3. Sequedade da boca polos anticolinérxicos.
4. Náuseas e vómitos polos opiáceos.
5. Dor abdominal e diarrea.
6. Hipoperistaltismo abdominal polos opiáceos
7. Icteria: moi característica das intoxicacións por paracetamol; o problema é que tarda dous días en aparecer. Cando hai icteria a intoxicación é irreversible.
 SISTEMA NERVIOSO
1. Inestabilidade e vértigo.
2. Coma (en función da gravidade da intoxicación)
3. Alteracións dos reflexos pola cocaína e as anfetaminas.
4. Convulsións polos simpaticomiméticos ou por situacións de hipoxia.
5. Delirios e alucinacións polas anfetaminas, LSD…
 OCULARES
1. Visión borrosa.
2. Pérdida de visión polo metanol.
3. Cambios pupilares:
• Pupilas pequenas: síndrome de abstinencia.
• Unha pupila grande e outra pequena: lesión cerebral
4. Papiledema (típico das intoxicacións por metanol). Ocorre antes da cegueira.
 RESPIRATORIOS
1. Tos, expectoración, estertores e disnea producidos polos gases por vía inhalatoria.
2. Hipoventilación por substancias depresoras.
3. Hiperventilación por substancias estimulantes e intoxicación por salicilatos que poden acabar coa morte do intoxicado.
4. Edema pulmonar non cardioxénico pola intoxicación con opiáceos. Podemos observar no paciente espuma saíndo pola boca.
 CARDIOVASCULARES
1. Taquicardia.
2. Bradicardia polos beta-bloqueantes.
3. Arritmias polos antidepresivos tricíclicos.
4. Hipotensión e hipertensión.
 CUTÁNEAS
1. Evidencias de drogadicción (señais de venopunción)
2. Cianosis
3. Ver se hai sinais de autolesión previa (cortes por suicidio)

BIBLIOGRAFÍA

http://www.mailxmail.com/curso-intoxicacion/definicion-diagnostico
• Libro: Toxicología clínica ; Editorial: Springer- Verlag Ibérica
• Anotaciones de clase