Benvida á Galipedia.Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa non dubides en preguntar, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 17:35, 28 marzo 2006 (UTC)

  • Únome ao saúdo de benvida. Espero que disfrutes colaborando coa Galipedia. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:32, 2 abril 2006 (UTC)
  • Encantado de coñecerte Anacapa. Calquera dúbida ou cuestión que desexes comentar non dubides en contactar comigo. Estás empezando a desenvolver na Galipedia un campo científico sumamente importante. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 14:13, 16 xullo 2006 (UTC)

Ola Anacapa, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:40, 15 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos editar

Ola Anacapa. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois moitos dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días e, quizais algúns non cheguen a ver esta mensaxe nunca, porque o seu paso pola Galipedia foi fai moito tempo. Así e todo, non queriamos deixar de agradecérllelo.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:57, 6 decembro 2006 (UTC)

xuntanza-ceanza editar

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:10, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario editar

18 de marzo de 2015 ás 01:44 (UTC)

Renomeado editar

19 de abril de 2015 ás 07:38 (UTC)