Benvido á Wikipedia. Aínda que convidamos a todo o mundo a que contribúa na Wikipedia, algunha das túas edicións recentes semella non ser construtiva e foi revertida ou eliminada. Por favor, usa a zona de probas para realizar probas de edición e bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Grazas. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:40, 4 de xullo de 2010 (UTC)

Trátase de Nomes de Bandeiras. Non é un artigo, é unha frase. Ou se amplía ou se suprime. Segue as ligazóns que che deixei arriba e convérteo nun artigo se queres, e pregunta se precisas de axuda. Saúdos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 08:26, 5 de xullo de 2010 (UTC)

Respectar a edición editar

Cómpre que respectes as edicións dos editores previos, principalmente a elección do creador. Eu, coma ti, tamén son amigo dos até, -bel etc., pero iso non fai menos válidos os ata, come-lo caldo ou posible. Por iso, tanto ti coma min, temos que respectamos o que outros decidiron, de igual maneira que cando ti sexas o primeiro editor, os seguinte deberán seguir o teu criterio. Espero terme explicado. Se non, pregunta sen medo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15:14, 9 de xullo de 2010 (UTC)