Benvido(a) 83.57.48.123 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.

Ola 83.57.48.123 Grazas por colaborares connosco, aproveito para decirche que cando se traduce un artigo doutra Wikipedia debe indicarse no campo resumo que hai debaixo da caixa de edición, podes facelo escribindo: "traducido da Wikipedia en na lingua que sexa" e poñendo un enlace ao artigo orixinal. Por exemplo co artigo Adolfo Domínguez sería: "traducido de es:Adolfo Domínguez da Wikipedia en castelán". Nese caso tamén sería importante ter en conta avisos como o da cabeceira do artigo que di: "Este artículo o sección necesita fuentes o referencias que aparezcan en una publicación acreditada, como libros de texto u otras publicaciones especializadas en el tema." o que indica que os datos alí incluídos non están contrastados. Hai que indicar de onde se traduce por varias razóns, unha delas e cumprir coa licenza GFDL baixo a que se encontra a Wikipedia que di que hai que indicar a autoría, tamén para facilitar ao resto dos usuarios que poidan comprobar a fiabilidade dos contidos. Para calquera cuestión aquí nós tes. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:05, 28 maio 2008 (UTC)

Ola 83.57.48.123 Benvido/a á Galipedia. Retiraches un marcador de atención no artigo Calvin Klein. É verdade que fixeches algunhas correccións do texto, pero o artigo ten tamén problemas de informacións sen contextualizar e sen referenciar. Pregaríache que non retirases os marcadores de atención ata que todos os problemas fosen resoltos. Un saudiño. --Xabier Cid Conversa 15:10, 28 maio 2008 (UTC)