O da bibliografía aparte efectivamente eu creo que foi un acerto. Acabo de ver que agora unha IP, supoño que ti, mudou a bibliografía selecta do artigo para deixar unha ligazón directa á Bibliografía global. Paréceme unha boa solución. Moito máis non che podo dicir, porque non son ningún experto na obra de Sarmiento; non sei que estudioso ten máis peso, se Monteagudo ou Beramendi. A seguir choiando e aquí me tes para o que desexes. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 15:37, 11 novembro 2009 (UTC)