Elena vs. Helena editar

Ola. Non supoño que veñas en plan vandálico, aínda que hoxe diso xa tivemos dabondo. O que digo é que no artigo figura un nome Elena escrito sen H, suponse que cada cambio debería estar xustificado. Non che ha custar moito atopar algunha referencia que xustifique o cambio. Dígoo porque mañá pode vir outro usuario dicindo que esta muller escribe o seu nome sen H e eu non saberei que dicirlle se o teu cambio non está referenciado. Para calquera cousa xa sabes onde estou.--Xoacas(Góstache o pemento?) 02:31, 23 marzo 2010 (UTC)

Non marches. Consulteille isto a un administrador, a ver como o ve el. Mañá direiche o que se fai. Boas noites. --Xoacas(Góstache o pemento?) 02:54, 23 marzo 2010 (UTC)
Outra cousiña: non esquezas asinar cando deixes algún comentario en algunha páxina de conversa (o botón de máis á dereita, arriba, o que ten un lapis azul). --Xoacas(Góstache o pemento?) 03:00, 23 marzo 2010 (UTC)
  • Ola, ip. Se acompañas o cambio dunha referencia contrastábel, por pequena que sexa, non vai haber problema ningún. Caso contrario, síntocho pero o que di Xoacas é certo. Non se pode confiar na palabra dun máis ca na doutro. Seguro que o entendes. O dito, trata de dar esa referencia, que é mágoa non lle pórmos o nome galego, se ela en efecto o prefire así. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 11:01, 23 marzo 2010 (UTC)

Tamar Novas editar

Canto a ese modelo dos actores, o coñecido por refírese ao nome. Para uns será coñecida por Mar adentro e para outros por Los abrazos rotos, iso é subxectivo e non enciclopédico; no entanto, o nome polo que el quere ser coñecido si é info enciclopédica. Isto rexe así para todos: Tamar Novas, Teté Delgado ou quen for. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 11:06, 23 marzo 2010 (UTC)