Isto é unha enciclopedia, non un foro. A túa edición foi revertida. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:16, 14 de maio de 2010 (UTC)

O que digas ti ou o que diga eu tanto ten se non vai acompañado dunha referencia sólida. A Galipedia non é unha fonte primaria. O que che estou/están/estamos a pedir son referencias; tan sinxelo coma iso. Se tes dúbidas, pregunta. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 21:50, 15 de maio de 2010 (UTC)

Ola outra vez. Ramón Villares na súa Historia de Galicia califica o resultado, entre irónico e cínico, de "sorprendente". Mellor podes consultar a obra de Xavier Castro (Catedrático tamén de Historia Contemporánea e nacionalista de esquerdas), máis sincero sobre o tema O Galeguismo na encrucillada republicana. Tamén podes votar unha ollada a iste artículo da Voz (sí,da Voz) con testemuños da época. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/12/21/4363698.shtml E pensar que na Galicia do 36, unha sociedade abrumadoramente agraria tradicional sobre a que se superpón unha superestructura liberal democrática, pode votar o 74% do censo sobre un asunto de modelo de estado, sintoo, pero ou é ignorancia ou mala fe e deshonestidade intelectual. Cálculos da época, como a do diario El Sol (podedes votar unha ollada as hemerotecas de principios de xullo do 36) falan de sobre o dez por cento real de participación. Xavier Castro incluso recolle testimonios de galeguistas que fixeron cola, sen necesidade real de esperar, para sacar fotos que logo publicar na prensa. E que eu saiba, nin un historiador serio (agardo as referencias) afirmou xamáis que o resultado foi real. Por iso espero unha rectificación, ou polo menos unha posta en dúbida, ainda que tan só sexa para poder recomendar aos meus alumnos de historia a Galipedia como unha fonte na que se atende, tal e como era o propósito dos enciclopedístas orixinarios, o criterio de verdade diante de todo o demáis. Saude Miguel Pérez

Un par de aclaracións: 1, para responder tes que facelo na páxina de conversa correspondente, supoño que neste caso a de Atobar, se non o fas así el non vai ver a túa resposta; e 2, toda esa bibliografía que manexas é suficiente para soster calquera edición que queiras facer nun artigo, así que te animo a que o fagas ti mesmo e contribúas a que a Galipedia mellore, interésanos moito que todos os teus alumnos se convertan en usuarios interesados en facer que este proxecto vaia adiante. En Wikipedia:Axuda tes ferramentas que vos poderán axudar. Un saúdo. Xoacas(non te me poñas así) 08:51, 19 de maio de 2010 (UTC)

Miguel, subscribo o que che di Xoacas. E recunco: con referencias sólidas, non hai quen tusa. Con referencias sólidas, refírome a publicacións especializadas, claro. Enciclopedia Universal Galega, Cadernos de Historia etc. Unha outra cousa: o criterio dos wikipedistas orixinarios era o mesmo que o dos editores actuais: fornecer cultura en galego, con veracidade e rigor. Por iso non temas. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:32, 19 de maio de 2010 (UTC)