Benvido(a) 213.60.64.251 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 01:46, 27 xaneiro 2008 (UTC)


O mellor que podes facer para que outro usuario respete o teu traballo ata que finalices as túas edicións é poñelo co marcador {{Enuso}}. Deste xeito as conversas sobre o artigo fanse cando retires o marcador e se aporten puntos de vista.... Un saúdo e non te desanimes no traballo. Lansbricae (Ti dirás) 01:46, 27 xaneiro 2008 (UTC)

Ola, Xacarandaina. É unha mágoa que non te rexistres. Así poderiamos falar mellor e, o que é máis importante, podería identificar rapidamente que es un editor cunha traxectoria estable na wikipedia e non unha persoa que entra unha vez a editar un artigo do seu persoal interese. Por iso é tan importante que os usuarios se rexistren, porque así o traballo é máis sinxelo pra todos. Explícoche por que fixen trocos na edición deste artigo:

  • Recurtei expresións que falan do carácter das persoas e elementos que, por seren tan subxectivos, só se poden presentar se estan ben referenciados, indicando esas fontes
  • Recurtei outros datos pouco comprobables, polo mesmo. Cando se ofrecen datos que poden resultar polémicos ou de dubidosa certeza, hai que incluír sempre a referencia bibliográfica.
  • O da manumisión non o recurtei.
  • Debemos sempre respectar o punto de vista neutral. Polo tanto, temos que facer biografías, e non haxiografías, aínda que neste caso evidentemente sexa unha haxiografía polo contido, pero non polo estilo nin polo xénero. Eu tamén fixen bastantes biografías de papas (e mais que seguirei facendo cando poida recuperar a fonte bibliográfica que seguía), pero temos que extremar a nosa neutralidade cando falamos de aspectos de crenzas que a Galipedia non profesa. Un saudiño. E conta comigo para debater e mellorar o artigo todo o que desexes. --Xabier Cid 02:10, 27 xaneiro 2008 (UTC)