Benvido(a) 213.60.41.42 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. AlberteSi, digame? 14:18, 2 abril 2008 (UTC)

Ola, boas noites, usuario anónimo. Vexo que estás a editar numerosas páxinas de listas de concellos españois. Recoméndoche que sigas os criterios toponímicos que se empregan na wikipedia galega:

  • as desambiguacións fanse con comas, e non con parénteses (La Antigua, España e non La Antigua (León))
  • só se fan desambiguacións cando son necesarias
  • as desambiguacións dos topónimos non galegos fanse por estados, e de haber varios topónimos equivalentes no mesmo estado, por autonomía, provincia, ou como se entenda necesario.

Moitas grazas. Pensa na posibilidade de rexistrarte para que a comunicación contigo sexa máis fluída para todos os usuarios. Un saúdo. --Xabier Cid 20:10, 2 abril 2008 (UTC)

Ola! Propuxen para borrar os artigos Área metropolitana de Vigo e Área metropolitana da Coruña, xa que son entidades inexistentes a nivel oficial, e os datos do artigo son polo tanto falsos. Sei que o erro non é teu, xa que traduciches da wikipedia española. Da wikipedia española hai que traer contidos con coidado, porque hai moito material non verificable, e non enciclopédico. Un saúdo. AlberteSi, digame? 15:45, 5 abril 2008 (UTC)

Listas de concellos editar

Ola de novo. Segues a editar traducións case automáticas de artigos da wikipedia española con topónimos, sen prestar atención a que na Galipedia temos formas distintas de expresar os topónimos. Sei que editar un a un os concellos da provincia de Burgos retirándolle o , Burgos|Galvanilla de la Quintalejencia que sobra é unha lata, pero máis lata é que o faga outra persoa. Prégoche que respectes as convencións que se usan na Galipedia. Tamén che pido que te rexistres, unha vez máis, pra que a comunicación poida ser fluída entre ti e os demais. E que se non estás de acordo co que aquí che dicimos o debatas nas páxinas de conversa. Un saúdo. --Xabier Cid 22:17, 5 abril 2008 (UTC)