Benvido(a) 213.60.111.30 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.--Lmbuga Commons - Galipedia 11:51, 29 agosto 2006 (UTC)

Os adverbios en -mente. Palabras compostasEditar

Ola 213.60.111.30. Da normativa oficial do galego: "Por se tratar de palabras graves rematadas en vogal, resulta innecesario o acento gráfico nos adverbios en -mente. Por iso debemos escribir comicamente, comunmente, dificilmente, friamente, habilmente, rapidamente,rexamente, finxidamente, utilmente..." Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:56, 20 outubro 2006 (UTC)