Benvido(a) 212.51.56.26 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo.

Non creo que a ninguén lle parezan mal os cambios que fixeches. O que pode pasar é que, como me ocorreu a min, non comprendan a causa de que retires a A. Reixa do artigo cando, para min, foi un dos iniciadores.

Por outra banda, non te preocupes por cometer erros, hanse corrixir. Para nós o importante é que colabores e que desexes facelo ben. As túas palabras en Talk:Bravú fan ver que tes bo talante e boas intencións. Iso si, agradeceríache que te rexistrases, os números das ips son imposibles de memorizar. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 11:05, 26 outubro 2006 (UTC)