Referencias en contribucións recentes editar

 

Ola, 189.107.232.211. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a bibliografía ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoler unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 29 de abril de 2015 ás 05:52 (UTC)Responder

  Por favor, deixa de facer probas de edición na Wikipedia, malia que intentes arranxalo despois. As devanditas modificacións semellan vandalismos e foron revertidas ou eliminadas. Se o que queres é experimentar de novo, usa a zona de probas. Grazas. Banjo tell me 29 de abril de 2015 ás 06:10 (UTC)Responder

Traducións automáticas editar

  Por favor deteña as súas traducións automáticas sen revisión posterior, coma a feita en Samuel Hahnemann. Dito artigo foi marcado como unha tradución automática, e será borrado nun curto período de tempo a non ser que se arranxe o problema indicado.

As traducións automáticas considéranse prexudiciais, xa que o software de tradución automática é propenso a cometer moitos erros. Isto provoca que os artigos requiran unha revisión completa, sendo na maioría dos casos máis axeitado o borrado do artigo e o comezo dende cero. Teña en conta que unha reiteración na inclusión deste tipo de traducións automáticas podería chegar a causarlle ser obxecto dun bloqueo temporal ou permanente. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de maio de 2015 ás 00:21 (UTC)Responder