Benvido(a) 188.83.72.207 á Galipedia

Ola, usuario anónimo. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: Rexistro, ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro.

Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para nos poñermos en contacto contigo.

Unha vez rexistrado, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida.

Se tes dúbidas, podes consultar:

Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outros usuarios seguindo o procedemento expresado en Como contactar con outros usuarios.

Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Toliño Fala aquí comigo 10:27, 31 de xullo de 2010 (UTC)

Ten en conta editar

Ao faceres traducións de artigos presentes noutras wikipedias cómpre indicalo no campo do resumo. Aquí tes a explicación de como facelo: Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias. Ten tamén en conta que os tradutores automáticos fallan moitas veces, e os artigos quedan cheos de grallas de ortografía que hai que eliminar revisando o texto antes de gardalo; con isto aforras tempo que outros poderían empregar en mellorar outros artigos. E algo tamén moi importante é que a información sexa verificable, achegando referencias que constaten que o que está escrito é veraz. Ten estas cousas na mente a vindeira vez. Máis nada. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 10:27, 31 de xullo de 2010 (UTC)