Ola ip! Ben, non creo que unha edición de 4.000 caracteres fora desbotada completamente só pola falta de referencia nunha transliteración, o texto que colgas no artigo está cheo de erros. Debemos ter un mínimo de calidade nos artigos e isto inclúe a ortografía, non podes pretender que teñamos a obriga de corrixir un texto con tantos erros. O que non comprendo é como estando avisado dos problemas de lingua, o texto que volves introducir non teña ningunha corrección. Prego que antes de volver editar teñas en conta estes detalles. Tes dicionarios en liña, e se quixeres tes a miña axuda ou a de calquera editor para solucionar algún pequeno problema. Ah, e frases do tipo "tornouse o primeiro escritor ruso a celebrizarse na Europa Ocidental" ou parágrafos como "Turguiéñef foi un dos mais importantes romancistas e dramaturgos Rusos. Ainda que a súa reputación como autor teña decaído un pouco durante o último século, o seu romance Pais e fillos é ainda considerado unha das obras mestras da ficción rusa do século XIX" ben merecen referencias, senón quedan como opinións. --Alberte Si, dígame? 16:26, 13 de novembro de 2010 (UTC)

Ip, e eu engado dúas cuestións a maiores: 1) non terxiverses. 2) Frases tal que Se não tens maturidade para perceber isso então não devias estar a colaborar neste projeto de grupo non son de recibo. --Atobar (conversa comigo) 16:38, 13 de novembro de 2010 (UTC)

Bloqueo editar

Tes unha semana para meditar para que estás aquí. Toda colaboración é benvida; non así o conflito gratuíto. Un saúdo e espero verte por aquí dentro duns días, de boas. --Atobar (conversa comigo) 17:49, 13 de novembro de 2010 (UTC)