178.236.126.99
Dámosche a benvida á Galipedia, 178.236.126.99 | |||
Ola, 178.236.126.99. Grazas pola túa axuda. Agradeceríache que te rexistrases porque ten moitas vantaxes (por exemplo, poder facer uso do revisor ortográfico). Só tes que escribir un nome e un contrasinal. Podes, se o desexas, indicar o teu correo electrónico (é optativo). A túa identidade real queda sempre salvagardada, pero, ao teres nome, podemos recoñecerte e falar contigo. Para rexistrarte preme nesta ligazón: "Crear unha conta", ou le primeiro, se o desexas, Axuda:Rexistro. Ao te rexistrares, terás á túa disposición unha páxina de usuario (na que podes colocar os teus datos) e unha páxina de conversa, na cal escribiremos para poñernos en contacto contigo. Unha vez feito o rexistro, así que fagas a primeira colaboración na Galipedia, procederemos a darche a benvida. Se tes dúbidas, podes consultar: Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Tamén podes poñerte en contacto comigo ou con outra persoa da Galipedia seguindo o procedemento expresado en: Como contactar con outras persoas. |
Non dubides en contactar connosco cando desexares. Un cordial saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 8 de setembro de 2020 ás 13:46 (UTC)
capitalías de concello
editarOla! Segundo a lexislación vixente, en Galicia considérase capital municipal o lugar onde está a casa consistorial. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 10 de setembro de 2020 ás 12:32 (UTC)
Boas tardes Estevoaei:
Como dice vostede, as capitalías municipais están no lugar da casa consistorial, quería comentarlle que Mos ten a súa casa consistorial en Regengo, Petelos dende 1935. Antes situabase na parroquia de Santa Eulalia de Mos. O patrón é San Mamede de Torroso, por iso poño como capital a Torroso. Tamén a súa igrexa foi parroquia de presentación dos masqueses de Mos ata 1884 e tamén porque Torroso é o centro xeográfico.
Un cordial saúdo:
Glr2007
- Por favor, para; xa se che explicou que a capitalía é o lugar onde está a casa consistorial, e desde hai 85 anos a capital do concello de Mos é Reguengo. Un saúdo. --Estevo(aei)fálame aquí 11 de setembro de 2020 ás 10:19 (UTC)
Estase equivocando. Mos non ten capital definida, o patrón é San Mamede de Torroso. E en tal caso a capital sería Petelos, non Regengo
Saúdos.
- A capital non é unha parroquia, senón un lugar, ou vila, concretamente o lugar onde está a casa consistorial. Que un concello declare festivo un día polo santoral non significa que o concello teña un patrón. Por favor, inclúe referencias ao agregar contido aos artigos. --Estevo(aei)fálame aquí 11 de setembro de 2020 ás 11:59 (UTC)
Os usuarios anónimos deste enderezo IP foron bloqueados o 11/09/2020 e non poderán editar na Wikipedia durante un período de tempo determinado. Pode ver os detalles da duración e motivos do bloqueo aquí. Se vostede ten unha conta de usuario da Wikipedia rexistrada, pode acceder a ela e continuar coas súas edicións. De non ser así, unha vez expire o período de bloqueo será benvido a facer contribucións útiles. Se pensa que ten motivos para ser desbloqueado, pode apelar este bloqueo engadindo o seguinte texto debaixo deste aviso: {{desbloqueo|motivo=O seu motivo aquí ~~~~}} |
--Estevo(aei)fálame aquí 11 de setembro de 2020 ás 12:03 (UTC)
Esta é a páxina de conversa dun usuario anónimo que aínda non creou unha conta ou que non a usa. Polo tanto, emprégase o enderezo IP para a súa identificación. Este enderezo IP pódeno compartir varios usuarios distintos. Se pensa que foron dirixidos contra a súa persoa comentarios inadecuados, por favor, cree unha conta ou acceda ao sistema para evitar futuras confusións con outros usuarios anónimos. |