Abrir o menú principal

Conversa Wikipedia:Política de protección

NomeEditar

Esta páxina existe desde hai tantísimo tempo que foi esquecida e mesmo continua co título en inglés. Propoño como alternativa Wikipedia:Política de protección de páxinas... e haberá que elaborar unha, claro. --Xosé (✉) 18:50, 13 setembro 2007 (UTC)

  •   Concordo Ainda asi, o da elaboración de políticas non está a ter moito éxito, por agora non hai moita participación, debriamos abrir un proceso con prazos estabelecidos ou solicitar participacións, non credes? --Emilio juanatey 20:41, 13 setembro 2007 (UTC)
  •   Concordo O modelo da wiki española pareceme bastante bó para ter coma referencia, con páxinas protexidas por completo e outras semiprotexidas. --BaNjO(tell me) 20:43, 13 setembro 2007 (UTC)
  •   Concordo con Xose e máis con Emilio Juanatey, algo hai que facer. Quizais servise que algún administrador fose marcando o ritmo, por exemplo, esta semana traballamos na política x, e así todos os que queiramos nos poñemos a iso, tratar de darlle vidiña. Alma 21:23, 13 setembro 2007 (UTC)

Nova políticaEditar

Elaborei o texto actual da páxina para aumentar as nosas políticas con esta sobre as proteccións. Abro a veda para que comentedes os aspectos que vexades necesario mellorar, cambiar, refacer ou engadir. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:49, 25 de febreiro de 2011 (UTC)

Segundo entendín estase falando aquí de dous cousas diferentes. Por unha banda explícanse os tipos de protección posibles dende o punto de vista de quen pode editar un artigo que ten un tipo de protección concreto; por outra banda fálase dos tipos de protección posibles dende o punto de vista de que cousas impide facer cada unha. Creo que sería bo explicalo así, se é que non estou errado: sería algo así como "Quen pode (ou non pode) editar" e "Que se pode (ou non se pode) facer". Polo demais paréceme moi ben o texto, eu estou de acordo co que di. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:38, 20 de marzo de 2011 (UTC)

Creo que non acabo de entender completamente o que apuntas. Podes concretar un chisquiño, porfa :P --Toliño Fala aquí comigo 15:14, 14 de abril de 2011 (UTC)

Comentarios sobre a páxinaEditar

Logo de varios meses estancada, gustaríame retomar esta páxina para convertela en política oficial. Pero antes, sempre está ben ver os comentarios que tedes ao respecto sobre a redacción. Dicide os aspectos que cómpre eliminar, reelaborar, reestruturar, engadir ou o que sexa. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:00, 17 de outubro de 2011 (UTC)

Intentareino unha vez máis, logo. Supoño que terei que deixar unha mensaxe na Taberna para que vos decatedes disto :) --Toliño Fala aquí comigo 18:09, 6 de febreiro de 2012 (UTC)
Encántame, bo traballo! --. HombreDHojalata.conversa 23:02, 13 de marzo de 2012 (UTC)
Non entendo qué pode significar "transcluír", nin creo que tal palabra exista. Tampouco entendo que un dos motivos habituais da necesidade de protexer unha páxina se deba a que "que sexa unha páxina moi visitada". No resto, plenamente de acordo. Pedro --Lameiro (conversa) 16:03, 15 de xuño de 2012 (UTC)
"transcluír" é a tradución do inglés "transclude". É mera terminoloxía informática, de aí que posiblemente non exista tal palabra. Podes atopar información noutras wikipedias sobre o concepto de transclusión. Basicamente é algo coñecido para os que traballamos no wiki: ao escribir nunha páxina o código {{Lixo}} o contido da páxina Modelo:Lixo transclúese naquela páxina na que se engade o texto. E sobre o outro que apuntas: que sexa a páxina máis visitada e visible do wiki é o motivo polo que temos protexida indefinidamente a nosa Portada. Simplemente é iso. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 10:42, 17 de xuño de 2012 (UTC)
Volver á páxina do proxecto "Política de protección".