Conversa Wikipedia:Imaxe da semana/Propostas

Último comentário: hai 9 anos de Elisardojm no tópico Imaxes do ano de Commons

Imaxes de interese para a portada editar

Non entendo esta parte: "ou imaxes feitas ex-profeso para este proxecto por colaboradores habituais deste wiki mesmo sobre outros temas". ¿Quere isto decir que é mellor para a nosa portada unha foto do Taj Mahal feita por min, que non teño nin idea de fotografía, que as miles de fotos boas que haberá en Commons? Entendo que sexan preferibles, como se indica na primeira parte da frase, "imaxes relacionadas con Galicia ou coa cultura galega", pero que se prefiran imaxes de usuarios da Galipedia sobre as publicadas por outros usuarios, non vexo o porque. Miguel.lima 20:52, 26 maio 2008 (UTC)

Ese parágrafo simplemente o que permite é que se publiquen imaxes de colaboradores do wiki cando non haxa "imaxes relacionadas con Galicia ou coa cultura galega" ou nalgunha ocasión concreta dar opción a outra imaxe sen converter a 'Imaxe da semana' nun espello de Commons. Iso en certas épocas da historia do wiki de escaseza de imaxes era preciso, agora as imaxes de Galicia aumentaron considerablemente e cómpre felicitar a todos aqueles que cargan semana a semana ducias de fotografías. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:30, 26 maio 2008 (UTC)
Home, Miguel.lima, se a túa foto do Taj Mahal é perralleira non vai saír adiante. Se é unha foto boa, aínda que non sexa a fotuna que gaña o Pullitzer, non vexo nada malo niso. Supoño que unha idea que pode estar por baixo é darlle visibilidade ao traballo dos colaboradores da galipedia, e non tanto facer unha portada máis ou menos bonita durante unha semana. Esa visibilidade pode permitir que haxa máis xente que participe, máis xente que faga fotos boas e as suba; unha foto bonita do Taj Mahal pois... é só unha foto bonita. :) --Xabier Cid Conversa 22:59, 26 maio 2008 (UTC)

Valorar imaxes editar

Acabo de votar varias imaxes e de propor unha que quizais puidese ser máis criticada tecnicamente ca aquelas que votei en contra.

O motivo de fondo é o seguinte: As imaxes coas que manifestei o meu desacordo son imaxes de usuarios consolidados e son imaxes con defectos. Dicir que son usuarios consolidados quere dicir que non precisan para se sentiren valorados como tales o seren propostas as súas imaxes para imaxes da semana.

A valoración das imaxes de novos usuarios pode, ó meu parecer, ser máis permisiva.

Na miña opinión (xa sei que posiblemente poida ser só miña) se na Galipedia non hai imaxes de calidade técnica, débense buscar en Commons. A miña favorita en Commons é File:Cyanocitta-cristata-004.jpg (dálle como moitas de Commons mil voltas ás imaxes aquí propostas), pero non sei en qué artigo incluíla para propola--Saúdos e grazas. Xan de ningures 23:58, 13 marzo 2009 (UTC)

Non entendo como funciona editar

Moitas das propostas levan máis de quince días. Non deberían estar pechadas? Non se pechan ata que non teñan os votos suficientes a favor ou en contra, indefinidamente?

Podo votar todas as propostas, aínda que sexan vellas, que non estean pechadas?

Hai unha proposta que leva mais de 15 días e xa ten, entendo, os cinco votos favorables. Porqué non se pecha? Podo pechala eu, ou ten que ser un administrador?...

En fin, a ver si alguén pode ilustrarme ou darme a ligazón da páxina onde se explique. Grazas. --HombreDHojalata conversa 23:37, 8 febreiro 2010 (UTC).

Imos ver... Si deberían pecharse as votacións ós 15 días, pero non aplicamos escrupulosamente os prazos, porque de facelo a maioría de imaxes non chegarían ós votos mínimos. O último alicerce da wikipedia dános esa posibilidade (se hai unha norma que impide o correcto funcionamento da wikipedia, pode saltala). En fin, que as votacións péchanse máis ou menos cando se ve que non vai votar ninguén máis. Aínda que tamén é certo que ás veces tárdase de máis en pechalas. Se a votación non está pechada pódese votar, e para pechala ten que ser un administrador. Penso que habería que adaptar Wikipedia:Votacións ó noso ritmo habitual. Iso xa habería que consensualo e votalo. --Alberte Si, dígame? 23:52, 8 febreiro 2010 (UTC)

Pregunta editar

Todo o lio que esta a acorrer estos dias sobre as fotos da semana non é propio dun proxecto serio e de nivel como é a wikipedia, non considero acertado borrar os votos dun usuario cando na cabeceira da páxina pon "trate de argumentar" e non "argumente" cousas que son ben diferentes. A miña pregunta é a seguinte, ¿non sería posible idear un sistema para que as votacións fosen de forma anónima? ¿e propor as fotos de forma anónima tamén? Así evitariamos os posibles malentendidos ou resquemores dos usuarios que creen saboteada a súa magnifica labor.--Carronada 19:58, 9 marzo 2010 (UTC)

É certo que pon trate de argumentar, mais 5 votos seguidos en contra sen argumentar é claramente algo que vai contra o funcionamento da wikipedia (Wikipedia:Xogar co sistema) abusando do procedemento e ademais pode abrir susceptibilidades nos propoñentes e nos autores das fotos. Por outra banda, votos anónimos definitivamente non. Para comezar non soluciona os "malentendidos", xa que se pode intuir quen propón, e o anonimato dá carta libre para que un mesmo usario poda votar cantas veces queira dende distintas ip's, o cal agrava o problema de xeito considerable. Se por exemplo un editor anónimo propuxera unha imaxe miña, e eu non lle caera ben a unha serie de usuarios a desfeita estaría artellada. Tamén se abriría a porta a autopropostas de xeito masivo de imaxes propias, sen que se poda averiguar se unha ip é o mesmo usuario que creou a imaxe. Como se expresa na política Wikipedia:Votacións: para votar son precisas 150 contribucións válidas nos artigos e unha antigüidade de 60 días, o que garante certo coñecemento do funcionamento das votacións. O problema este que houbo é moi puntual, e non se pode desface-lo modelo de votación (máis ou menos común en tódalas wikipedias, en todo caso en todas é obrigatorio votar rexistrado) por un caso. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 20:07, 9 marzo 2010 (UTC)
Se mal non me lembro ¿non había un procedimento que permitía votar de forma anónima pero rexistrado, para eleccións de cargos comuns ás wikipedias? Supoño que non se poderá utilizar esa ferramenta nunha wikipedia concreta uo ¿tal vez si?--Carronada 21:51, 9 marzo 2010 (UTC)
Disgustaríame moito a solución das votacións ou propostas anónimas. bastante anónimos somos xa cos nosos nomes de usuario inventados. Somos xente seria e responsable, e debemos ir por diante, e propor o que nos pareza merecente e votar o que nos pareza xusto. E asinar, dentro do anonimato no que nos movemos. Outra cousa é que non podo estar de acordo coa obriga de argumenta-los votos. Defendo a idea de que quen queira argumentar o voto favorable ou desfavorable, que o faga libremente, tan libremente como quen prefira limitarse a emiti-lo voto, sen achegar razóns. E, hoxe por hoxe, non existe tal obriga. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:30, 9 marzo 2010 (UTC)
Despois de repasa-las opinións vertidas sobre o suposto vandalismo, erro ou simple votacións de Xoacas, as vertidas nas distintas imaxes a votación e mailas que constan nesta sección de Propostas, sigo sen entender por qué considerades que un voto en contra sexa algo grave ou que se poida interpretar como castigo ou cousa semellante ó autor da foto ou a quen fixo a proposta. Non me explico esa interpretación. Eu sempre votei a foto, non ó fotógrafo nin a quen propuxo, que sempre me mereceron todo o meu afecto. Pero cando a foto non me gusta -e non digo que sexa mala foto, que conste- ¿que outra cousa podo facer que votar en contra? O voto neutro é outra cousa, e a abstención tamén. ¿por que non admiti-las catro posibilidades sen buscarlle tres pés ó gato? Agora mesmo hai unha fotografía miña co único voto a favor de quen a propuxo, tres votos en contra e un neutro ¿debo sentirme ofendido? Pois nada de nada, e os cinco que votaron -a fsvor, en contra e neutro- seguen contándose entre os meus amigos. ¿Podía ser doutra forma? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:55, 9 marzo 2010 (UTC)

Sistema de proposta editar

Estou totalmente en desacordo co sistema de proposta. Danme ganas de propor unha imaxe miña que puidese ser FP ou QI en Commons, por exemplo esta. Esta páxina só terá futuro cando se poidan propor as propias imaxes.

A situación ata o de agora desde a miña lectura: Estanse a aceptar un montón (case todas) imaxes pobrísimas de calidade. Se os usuarios non teñen competencia na calidade, non poden propor boas imaxes, é preferible deixar que propoñan aquelas propias coas que se sintan orgullosos (todos sabemos dos nosos limites e dificultades). ...-- Lmbuga / Conversa comigo  17:00, 28 de xuño de 2011 (UTC) ...

Comunicar editar

Persoalmente agradecería que se enviase unha mensaxe ós fotógrafos (á súa páxina de discusión) cando unha imaxe é aprobada para imaxe da semana. Non o digo por min. Eu non sei facer tal cousa para que aconteza sistematicamente, supoño que fará falla empregar un bot. É só unha observación que algún día -supoño- será atendida.-- Lmbuga / Conversa comigo  21:03, 19 de decembro de 2011 (UTC)

Si, estaría ben, a mágoa é que non temos bots que fagan ese tipo de traballos e eu tampouco sei facelos, se alguén coñece algún que haxa noutra wiki que faga algo parecido ó mellor podía tentar adaptalo para aquí... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22:49, 19 de decembro de 2011 (UTC)
Paréceme unha idea estupenda. Podes encargarte ti, Lmbuga? Graciñas --. HombreDHojalata.conversa 23:14, 19 de decembro de 2011 (UTC)
Respondería na súa páxina de conversa, pero, como xa sabe, eu non converso con xente que non se digna a conversar comigo e que, se conversa comigo, é para figurar, talmente como agora.
Como vostede ten demostrado, non somos compatibles: Non me atúe, por favor: Eu paso por aquí de cando en vez e sen procurar ser protagonista (inda que vostede non o crea), ignóreme por favor-- Lmbuga / Conversa comigo  01:12, 20 de decembro de 2011 (UTC)
Síntoo se creo malestar na Wiki, só dicir que eu non sinto malestar. Ninguén debe sentirse molesto, polo que a min respecta non pasa nada agora que non pase desde fai moitos moitos meses. Eu vivo tranquilo por non tratar con quen non me peta. As cousas son como son: Cinismos, non. Só dicir que a miña colaboración plena nesta wiki está supeditada á desaparición dalgún usuario. Se isto é motivo de bloqueo, tamén o sinto, pois o único que fago é ser transparente. Para ser plenamente transparente debo dicir que non sigo nin me interesa o labor de HombreDHojalata e que non teño ningún inconveniente en que poña na súa lapela cento e mil medallas-- Lmbuga / Conversa comigo  01:18, 20 de decembro de 2011 (UTC)
Pretendo ignoralo e que me ignore. Espero que iso non sexa motivo de bloqueo-- Lmbuga / Conversa comigo  01:33, 20 de decembro de 2011 (UTC)

Por outra banda, todo é tan simple como crear unhas "templates" (non lembro como se di en galego ou español) para comunicar, se o usuario é da Galipedia; ou un texto que facilite que non se perda o tempo, se o usuario é de Commons. Quen debe comunicar é quen peche a votación. Eu encárgome de crear as "templates" e o texto. Fágoo mañá, se ninguén se adianta (se alguén se adianta, agradézollo)-- Lmbuga / Conversa comigo  01:39, 20 de decembro de 2011 (UTC)

Mirarei de crear tamén unha "template" en Commons. Pasou tanto tempo desde que non fago estas cousas que supoño que me levará tempo-- Lmbuga / Conversa comigo  01:51, 20 de decembro de 2011 (UTC)
  •   Concordo para que se lle anuncié os fotografos, cando son usuarios da Galipedia, tanto cando unha imaxe súa esta proposta candidata para imaxe da semana e tanto en darlle o resultado.
    Logo quedan casos mais dificiles : cando o fotografo é doutro proxecto de Wikimedia, que sexa commons ou outro, e cando o fotografo é alléo aos proxectos. Habra casos nos cales poderiase informar o usuario que cargou. Isto no no teño claro e si se decide algo adaptareime con gusto.
    Polo dos marcadores de anuncio, si alguén os fai, seria o ideal; Lmbuga, ainda que non lembre a technica, penso que coñece o suficiente o tema para facelos mui ben. Pola miña banda, gustariame moito anunciar as propostas e os resultados os fotografos da Galipedia e os dos outros proxectos (cando non non son editores regulares da Galipedia, o mais que me ocureou foi con usuarios de Commons que non andan pola Galipedia a miúdo). Ata o de agora no no fixen por non metela a pata nos usos e costumes da Galipedia. Permitindome decir que comunicar é tamén falar de boa fé con calquer usuario pensando que actuamos tendo en conta os intereses do proxecto enriba do demais. Digo isto sen intención de ofender ninguén. Saúdos a todos --Elvira (fálame) 12:29, 20 de decembro de 2011 (UTC)

Avisar editar

Conviría avisar da promoción como imaxes da semana da Galipedia aos usuarios de Commons. Non se trata de que facilitar que se vanglorien do feito, trátase de darlles ánimos e de que vexan que outros valoran o seu labor. Ademais, sería dar publicidade a gl.wp-- Lmbuga / Conversa comigo  6 de abril de 2014 ás 16:34 (UTC)Responder

Concordo contigo e ás veces fágoo, pero tentarei facelo para tódalas imaxes que propoña, e saian escollidas, a partires de agora. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de abril de 2014 ás 09:38 (UTC)Responder

Imaxes do ano de Commons editar

Creo que poderiamos aproveitar algunha desas imaxes. Soen ser impactantes. Algunha xa a propuxen eu. Outras, como File:Aircraft Rescue Firefighting training.jpg pasóuseme, pois debería ser proposta para o verán, quizais alguén que a dea incluído nun artigo poida propola para o próximo verán. Eu teño dificultades porque non coñezo ese traballo ou esa realidade-- Lmbuga / Conversa comigo  7 de agosto de 2014 ás 19:41 (UTC)Responder

Engadida a foto no artigo bombeiro, e si, as imaxes do ano son sempre incribles. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de agosto de 2014 ás 22:53 (UTC)Responder
Volver á páxina do proxecto "Imaxe da semana/Propostas".