Untitled editar

A "zorra" como sistema de transporte é moito máis vello cós "trineos" para a neve. En Galicia usáronse desde hai séculos (como non deixan restos vai saber desde cando) para transporte de pedras, troncos, bocois, etc, que resultaban difíciles de subir ó carro. Estas plataformas, arrastradas por unha xugada de bois, serviron para trae-las pedras coas que levantar casas, igrexas e muros ata hai catro días, cando foron substituídas por tractores e guindastres. Aquí tendes dúas imaxes das nosas vellas "zorras": [1] e [2]. Pedro --Lameiro 17:45, 3 xullo 2007 (UTC)

Esa zorra é unha especie de carro e precisaría un artigo diferente o mesmo que outra zorra que existe, que é un caixón utilizado especialmente polos nenos para xogaren. Quizais zorra debera ser unha páxina de homónimos para eses tres obxectos.Acerto 17:50, 3 xullo 2007 (UTC)

Non estou de acordo. Todas son un mesmo sistema de transporte, de formas diversas e usos variados segundo as necesidades de cada quen e de cada momento. Non son, realmente, obxectos distintos senón adaptacións (ou actualizacións) do mesmo. Vamos: como un coche de verdade e outro de xoguete; como unha pelota de futbol profesional, outra de ping-pong e outra da miña neta. É dicir: un mesmo artigo con seccións diferentes. Pedro --Lameiro 17:54, 3 xullo 2007 (UTC)
  • Pero funcionalmente son diferentes, xa sei que poden ter unha orixe común pero non esquezamos que non é o mesmo unha carroza que un carro por moito que a orixe sexa a mesma. A zorra primitiva é unha variedade de carro que precisa de tracción animal pero a zorra de neve é un auténtico vehículo independente xa que non precisa tracción animal aínda que o pode ter.Acerto 18:02, 3 xullo 2007 (UTC)
  • Concordo con Lameiro xa que sen ter en conta o uso que se lle dé teñen o mesmo sistema de deseño e funcionamento, o uso sería o que as diferencia. No referente a diferencia no tipo de tración (animal ou non) non semella nada claro, só nos casos da zorra mais simple e a zorra de neve tamén as haberá de tración animal (aos polos chegaron con elas non? Por iso creo que debería quedar nun só artigo que divida os distintos tipos. É só unha opinión. Lansbricae (Ti dirás) 19:03, 3 xullo 2007 (UTC)

Trenó editar

A acepción trenó, igual ca no portugués creo que tamén sería correcta.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Nachonion (conversacontribucións)

referencias?--Cheluco 16:16, 20 de decembro de 2010 (UTC)
Segundo este dicionario é galicismo [3], como se achega no artigo da Galipedia, e cando hai unha palabra propia dificilmente se vai adoptar un galicismo sen uso no galego.--Cheluco 16:20, 20 de decembro de 2010 (UTC)
Volver á páxina "Zorra".