Conversa:Xosé Crecente Vega

Último comentario: InternetArchiveBot hai 6 anos no fío "Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)"

José / Xosé

editar

José María ou Xosé María? --Norrin (Fálame) 21 de marzo de 2014 ás 09:34 (UTC)Responder

A GEG di "José". E nunha procura na páxina da RAG atopo "Xosé" en tres páxinas e "José" en dúas: [1] --. HombreDHojalata.conversa 21 de marzo de 2014 ás 22:43 (UTC)Responder

Segundo a biografía que abre a edición crítica da Poesía galega completa editada polo Centro Ramón Piñeiro en 2002, nin José María nin Xosé María, senón Xosé Ramón. Xosé Ramón é tamen como o chama a Biblioteca Virtual Galega [2], aínda que tamén hai quen o chama Xosé Andrés [3].

O libro citado (Folla Bricia. Poesía Galega Completa) refírese a el continuamente como Xosé Crecente Vega (sen 2º nome). Conta que é o segundo de 6 irmáns, dos que o primeiro foi -el si- José María Crecente Vega, co nome de José Ramón Crecente Vega (utiliza agora José, tanto para el como para o irmán; noutras paxinas só utiliza esta forma cando escribe citas en castelán) e transcribe a partida de bautismo do poeta que nos interesa, na que o cura escribe: "Púsele nombre José Ramón". Non sei de onde sairía o José María do título do noso artigo. Pedro --Lameiro (conversa) 21 de marzo de 2014 ás 22:49 (UTC)Responder

Pescudando na prensa á que se pode acceder pola rede non atopei ningunha referencia ao nome José María. Aparece como José ou Xosé segundo quen o nomee e de forma indistinta, pero nunca como José María. --Xas (conversa) 21 de marzo de 2014 ás 23:30 (UTC)Responder
Unha busca en Google Books da máis de 380 libros e as formas nas que aparece son: simplemente "Crecente Vega" (sen nome de pía); "Xosé Crecente Vega"; "José Crecente Vega" ou "J. Crecente Vega". Nunca con segundo nome, nin María, nin Ramón, nin Andrés, nin ningún outro. --. HombreDHojalata.conversa 22 de marzo de 2014 ás 17:51 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Xosé Crecente Vega. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 8 de setembro de 2018 ás 09:49 (UTC)Responder

Volver á páxina "Xosé Crecente Vega".