Crica? editar

A lingua ten varios niveis de uso, hai un nivel formal, outro coloquial e outro vulgar; hai tamén termos técnicos e termos da lingua corrente. Non sería apropiado que un profesor de Anatomía da Facultade de Medicina dixese "collóns" en vez de "testículos" cando está a explicar esa parte do corpo. Da mesma maneira cando se está a describir a vulva anatomicamente non creo que se deba poñer ao seu mesmo nivel como sinónimo "crica". Outra cousa sería que se fixese unha sección sobre a vulva na cultura popular ou se mencionase uns parágrafos máis abaixo algunhas das denominacións populares desa parte do corpo en galego. Creo que o de crica debería borrarse ou poñerse noutra parte da páxina (e xa postos engadir moitos máis nomes que ten). Para acabar poño a definición do dicionario Xerais: "CRICA sf. 1. Denominación vulgar ou festiva dos órganos externos do aparato xenital feminino; ameixa, castaña, cona, concha, cuncha, fandango, grila, parrocha, perrecha, peseta."--Miguelferig (conversa) 21:32, 27 de agosto de 2012 (UTC) ´

  • Tes razón. Íao borrar, pero vexo que xa se adiantou Lameiro. --Atobar (conversa comigo) 13:39, 28 de agosto de 2012 (UTC)
Volver á páxina "Vulva".