Conversa:Vidán, Santiago de Compostela

Último comentário: hai 3 anos de Atobar no tópico Victoria Míguez

Untitled editar

Rúas:

 + Av. Mestra Victoria Miguez 
 + Rúa de Vidán 
 + Rúa dos Caraveis 
 + Rúa do Bidueiro 
 + Rúa da Codexeira 
 + Rúa do Hospicio 
 + Rúa dos Chouchiños 
 + Rúa da Cantaleta 
 + Rúa do Cotón 
 + Rúa da Ponte Vella de abaixo 
 + Rúa da Amañecida 
 + Rúa da Ponte Vella de Arriba 
 + Rúa da Rocha Nova 
 + Paseo da Quinta 
 + Paseo de Brandía 
 + Paseo do Esvedro 
 + Paseo da Maia 
 + Plaza de Vidán 
 + Rúa Campo da Festa 
 +  
 + Lugares de interese: 
 +  
 + O Centro Sociocultural é unha fermosa construción do seculo XIX , chamada Villarin , antiga propiedade da familia do Xuiz Fuentes. Atopase na Ponte Vella rodeada duns fermosos xardíns e ao carón do Sar. 
 +  
 + No este do barrio está o Campus Universitario de Santiago de Compostela, o Xardín Botanico da USC e o Hospital Clínico Universitario asentado no espacio das antigas curtidurías do Hospico de Vidán.Seguindo o río Sarela cara o seu encontro co Sar na Ponte Vella podemos atopar as ruinas dunha ponte Romana , e media dúcia de muiños ademais de paraxes de gran beleza.No Oeste saindo cara Laraño atopase a Urbanización de Brandía ao carón da Fabrica de Papel do mesmo nome e da antiga fábrica de Xeo restaurada en Hotel-Balneario,esta urbanización ten cinco calles e mais de cento trinta chalets.Na zona Norte do barrio está o monte de Vidán o cal cruza o Camiño de Fisterra, no punto mais alto, declarado polo Concello coma de interese paisaxistico, atópase unhas vistas da cidade de impresión na zona coñecida coma Peneda de Orniño. 
 + No sur, cara o Ponte da Rocha, podemos atopar uns petroglifos preto da Volta do Castro e na outra parte do río Sar atopamos as ruinas do Castelo dos Churruschaos pero xa na Rocha Vella.O Camiño Portugües pasa por estas zonas ata entrar na cidade pola Choupana. 
 +  
 + Institucións: 
 + Co crecemento de Santiago de Compostela Vidán é considerado como zona urbana, e unha parte da Av. Mestra Victoria Miguez como Caso Urbano, na que están proxectadas tres grandes urbanizacións que nos proximos 10 anos multiplicará por dez a súa poboación. 
 + Posue unha Asociación veciñal con mais de 32 anos de antigüedade, sendo das mais antigas de Galicia.O seu presidente D. Juan de la Fuente leva ao cargo da mesma dende fai tres lustros, a súa sede é no C.S.C., e o número de socios é de 200 familias do barrio.O correo electronico é avmestravictoria@hotmail.com , editan unha revista cultural cuatrimestral onde escreben a historia e problemas actuais do barrio. 
 + O Clube de fútbol histórico do barrio e o Racing de Vidán desaparecido coa chegada do novo milenio, equipo da liga Compostelana onde gañou unha Copa da cidade nos anos 70, e quedándo en boas posicións ano tras ano.Ademais o prestixioso clube de veteranos A Peña Universo de Vidán con corenta anos de historia e o clube mais laureado da liga de Veteranos da Comarca de Santiago.Pero o xogo de Vidán é a Chave, nos anos noventa chegaron a ter catro tiros de chave e os dous mellores equipos da liga de Santiago, Bar Casimiro y Bar Esquina.Este é un xogo tradicional que se xoga en toda Galicia, que como todo o tradicional vai desaparecendo, aos poucos resiste en Vidán e en algún outro barrio coma Vistalegre ou Conxo. 
 +
  • O artigo é sobre o que tal como consta no Noménclator da Xunta é oficialmente parroquia de Vidán (que é unha zona rural do concello de Santiago de Compostela). Efectivamente existe tamén o barrio de Vidán que abrangue esas rúas que expós nesta páxina pero iso ten que ser obxecto doutro artigo. É posible que coas novas edificacións a parroquia de Vidán perdera o seu carácter rural e xa non existan os núcleos de poboación que se detallan no artigo pero iso require referencias externas que demostren que a parroquia rural de Vidán xa non existe, xa que a Galipedia non é unha fonte primaria.--Arco de Rayne 18:54, 19 abril 2008 (UTC)

As fontes a que se fai referencia o padron municipal son falsas, xa que falamos de "parroquias" has de mirar o libro do arzobispado, pois Vidán como entidade de poboación é barrio urbán compostelán dende fai mais dunha década. (Anuario 1997 do Concello de S.C.)

(No rexistro Xeral ou no P.X.O.M. tamén descrebe perfectamente a relidade física , demografica e social de Vidán.) (Censo electoral, Colexio C.S.C. de Vidán , mesa Unica sonche 1.123 electores e parte da parroquia vai votar ao Colexio electoral da Rocha, e outros a Laraño) (Os planos da U.S.C. do Xardín Botanico do Sarela e a futuras facultades de Mediciña, enfermería, odontoloxia... que se van facer na "parroquia rural de Vidán")

P.D. Vidan tamén é unha zona de Polonia que de seguro confundas ca miña parroquia, pois ao día de hoxe hai 2.500 ha e cando a miña avoa era unha cativa habería uns 200 ha esas son as miñas fuentes. Por certo o Concello de Conxo desapareceu fai mais de 50 anos, Vidán pertencia á parroquia de Conxo e cando se construiu a igrexa ala polo ano 1962 , separouse de conxo formando a parroquia mais pequena do concello de santiago.

(A Revolta)

Non me hei de cansar de correxir estes erros porque mentir sobre a realidade do noso barrio e por enriba dicer que Vidán é unha parroquia rural???? que ten 45 habitantes??? usade a loxica... si estÁ o HOSPITAL CLINICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA na parroquia rural de Vidán???? A urbanización de Brandía con 200 vivendas, Vidán con 350 ... sonche 45 habitantes??? INFORMACIÓN POR FAVOR, SERIEDAD, E BASTA DE COÑAS!!!! Na epoca de Maria Castaña ao mellor teus datos eran ciertos, Rosalía de Castro descrebe Vidán en duas estrofas maravillosas as cales aconsello que revises e medites e vexas este pequeno recuncho de Compostela.

O resultado de este atrevimiento ignorante é enganar a incautos que desprezan a Vidán por ser pequeno, rural... cando a xente que coñece Vidán sabe que é todo o contrario.

Para mais informacion dirixirxe a avmestravictoria@hotmail.com correo electronico da AA.VV. de Vidán.Gracias

  • Na wikipedia non está permitido a investigación propia, hai que utilizar fontes: xornais, libros, páxinas webs, documentos oficiais, algo que podamos contrastar e que nos permita dicir que o que pon no IGE está errado. O libro de parroquias do arcebispado non determina o que é oficialmente unha parroquia, xa que as competencias tenas a Xunta, si determina o que é unha parroquia para a igrexa católica. Non se trata de negar o que ti dis simplemente temos que demostrar por medio de referencias que o barrio de Vidán e a parroquia de Vidán non son dúas cousas diferentes e que o conxunto de Vidán conforma actualmente unha única zona que pertence á área urbana de Santiago. Non se trata que neguemos a realidade, é que precisamos fontes comprobables para acoller esa realidade na Wikipedia.--Arco de Rayne 15:59, 7 xuño 2008 (UTC)

Fontes: .-Anuario Concello de Santiago 2008 .-Revista Cultural da AA.VV. "A Revolta" .-Censo electoral das pasadas eleccións .-A Web do Concello .-Concellalia de RR.VV. do Concello de Santiago .-Planos do CHU de Santiago de Compostela .-Planos do PXOUM de Santiago de Compostela .-Hemeroteca do Correo Galego .-Hemeroteca Web da Voz de Galicia .-Ou directamente como secretario da Asocion de Veciños de Vidán podoche facer un documento oficial onde te certifique o que pides:

1º. Vidán coma entidade poboacional é un barrio urbán da periferia compostelán, e así e tratada polas entidades municipais a hora de solicitude de subvencións e á  hora de infraestructuras e proxectos de futuro.( Co tempo unha aldea - parroquia foi absorvida por unha cidade trocandose  nun barrio, iso é unha realidade a cual ten que estar reflexada na wikipedia ou na Larousse, o demais sería reflexar unha mentira que perxudica a imaxe do meu barrio)

2º No JUJEL tes un bo buscador de información, usao se queres para contrastar as informacións, tes boas fotos, accedes as webs do concello, a censos , ao plan xeral ... e despois podo dicirte catro cousas como:

A) Usa a intuición para contrastar informacións, exemplo- a 15 minutos andando do centro de Santiago, nunha cidade cos pisos mais caros de Galicia, como vai ter 45 habitantes???
B) O Hospital Clinico xenera dende fai 10 anos, un crecimiento de vidan, é obvio... Farmacias, Hipermercados, Cafeterias, Restaurantes...
C) A proximidade ao Campus Sur, a 5 minutos a pé da facultade de Dereito, Fisicas... tamén fai un sitio ideal para os estudantes e profesores.
D) Coller COMA UNICA FONTE OS DATOS DA XUNTA E UNHA CHAPUZA, explicome, incluso os datos do Concello son falsos pois para facer un bo censo dunha poboación, primeiro tes que saber o tamño fisica da poboación.- tendo coma dato indiscutible o Plan Xeral do Concello (planos na Web) só tes que sumar a poboación rúa por rúa ata facer o total.O que pasa se colles coma referencia "Vidán" sairache a poboación da rüa de Vidán+praza de Vidán, deixando fora ao 90% da poboación.- erro frecuente en inespertos.Teño os datso e conseguinos do Concello, por escrito, en persoa, na web podes caer newstes erros.
E) De todolos xeitos reitero que non deixaremos que mintan , ou ninguneen o noso barrio, mais dunha forma ruín, exemplo._

Que diriades si Galicia aparece coma provincia de Leon, ou si La Coruña fose a Capital de Galicia... SERIEDAD + INVESTIGACION = INFORMACIÓN VERAZ!!!!!! Por certo Vidán é un barrio , e tamen é unha parroquia a nivel só relixioso, como Santiago é unha cidade pero tamen é unha provincia eclesiastica con varias parroquias, me entendes??? Por iso que so pode aparecer Vidán coma parroquia nos rexistros da archidiocesis, no concello ou na Xunta ( se traballaran) debería aparecer ,coma nos papeis oficias, un BARRIO. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.39.169.80 (conversacontribucións)

Chouchiños en lugar de "Chouciño" editar

Ola. Na relación de lugares da parroquia de Vidán aparece o lugar "Chouciño" e non Chouchiños, como corresponde. Non sei onde hai que cambialo, polo que agradezo que o faga quen saiba cómo. Un saúdo! --Castelao (conversa) 14 de abril de 2015 ás 15:14 (UTC)Responder

Cambieino por "O Chouchiño" porque é o que indica o Nomenclátor da Xunta (http://www.xunta.es/nomenclator?p_p_id=NomenclatorPortlet_WAR_NomenclatorPortlet&p_p_lifecycle=1&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=2) Se hai referencias para outro nome haberá que indicalo no artigo e achegalas alí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de abril de 2015 ás 20:17 (UTC)Responder

Victoria Míguez editar

Ola. Alguén ten información sobre a mestra Victoria Míguez que dá nome á avenida que cruza Vidán? Conviña crearlle unha entrada de seu, e incluíla en Wikipedia:Wikiproxecto galegas. Sei que había información sobre ela nun vello número da revista veciñal A revolta, pero até aí chego. Grazas de antemán. --Atobar (conversa comigo) 22 de novembro de 2020 ás 13:22 (UTC)Responder

Volver á páxina "Vidán, Santiago de Compostela".