Conversa:Varíola

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

Untitled editar

Queria propoñer redirixir unha paxina co nome viruela cara a de varíola devido os numerosos links que se dan noutras paxinas que nomean a varíola co nome de viruela--Alfonso Márquez 08:52, 18 outubro 2008 (UTC)

Viruela é un erro lingüítico. O que hai que facer é corrixir alí onde aparece e mudalo polo correcto varíola. --Alberte Si, dígame? 11:26, 18 outubro 2008 (UTC)
Perdoa Alberte !!! Tiña a páxina lista para commentar o que iba facer, tendo varias xanelas abertas e tendo o sol na pantalla da computadora ... e trabuqueime. Vexo que concordamos. Perdoa e saúdos ElviraConversa comigo 11:43, 18 outubro 2008 (UTC)

Xa pero o motivo da miña propòsta é que ai moita xente que ahora da procura vai poñer "viruela " atopandose con que non encontra o articulo en cuestións cando da outra forma ademais de encontralo dase de conta de cal é a forma galega, pois fixadevos que mesmo colaboradores da wikipedia escriben viruela. Sen mais perdoade e un saudo para Alberte e para Elvire.--Alfonso Márquez 12:51, 18 outubro 2008 (UTC)

  • Non podemos face-lo que propón Alfonso porque iso "lexitimaría" o castelanismo á par da forma galega propia, pero este caso dáse con outras palabras castelás fortemente introducidas na nosa lingua. É un feito que moitos escribiron (e escribirán) viruela e grigo, e escoba e tantas e tantas formas erróneas pero a solución non pode ser unha redirección. Agora ben, ¿podería facerse unha redirección a esa páxina de erros máis comúns -ou outra de "castelanismos", para non mesturar formas erróneas con castelanismos, onde o usuario (lector) vexa cal é a forma correcta, que estaría ligada ó seu artigo? Quero dicir, que se eu escribo na caixa de buscas "viruela" se abra unha páxina -táboa, lista, non sei- na que me sinale que non é galego e que me indique, en ligazón azul, a forma correcta. Obviamente, non debería redirixir á páxina "completa" senón a forma concreta que un escribiu. Podería ser unha solución parcial ó problema (parcial porque non lle axudaría ó editor que escriba a palabra dentro dun artigo). Non sei se tecticamente é posible facelo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 14:11, 18 outubro 2008 (UTC)
Eu entendo ben o que di Alfonso Márquez, xa que eu memsa escribo e busco palabras só sabendo a palabra en castelán pensando que é a galega tamén. Penso que a Galipedia non pode resolverme iste problema : teño que consultar o Galizionario, pasar pola wikipedia en castelán para ver si o interwiki dame o artigo en galego, ou darme conta que si pretendo falar galego, como si pretendo falar inglés (ou calquer lingua) teño que aprendela ben para consultar unha enciclopedia (ou contar como xa dixén cos dicionarios e os interwikis). Polo que é da proposta de Lameiro eu non son mui partidaria dise tipo de compromisos. Saúdos ElviraConversa comigo 14:23, 18 outubro 2008 (UTC)

Uso dos tempos verbais en pasado? editar

Tal vez fose adecuado utiliza-los tempos verbais cos que se define a varíola en pasado. Penso que o feito de que esta enfermidade esté erradicada aconsella moito mellor o seu uso:

En lugar de: A varíola ou vexigas é unha enfermidade infecciosa grave, altamente contaxiosa, que se dá unicamente en seres humanos Non sería mellor?: A varíola ou vexigas foi unha enfermidade infecciosa grave, altamente contaxiosa, que se deu unicamente en seres humanos....

Qué vos parece?Pontovilio (fálame) 19:23, 21 de xullo de 2010 (UTC)

Se como dis a varíola está totalmente eliminada, entón estou de acordo co cambio que dis. --Alberte Si, dígame? 21:31, 21 de xullo de 2010 (UTC)

A Organización Mundial da Saúde indica na súa páxina web, http://www.who.int/mediacentre/factsheets/smallpox/en/, que ha erradicación da enfermidade. Non sei se sería bo contar con un consenso maior, vou face-lo cambio se fose preciso revírtese.

"The global eradication of smallpox was certified, based on intense verification activities in countries, by a commission of eminent scientists in December 1979 and subsequently endorsed by the World Health Assembly in 1980"

Pontovilio (fálame) 17:39, 22 de xullo de 2010 (UTC)

  • E pasa esta info a unha nota dentro do artigo, para o lector sabelo sen necesidade de ler a páxina de conversa. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 17:43, 22 de xullo de 2010 (UTC)

E como podería facer unha referencia tal? Sinto pero non levo moito tempo na galipedia en non sei como sería posible, ónde e de que modo sen o mellor violar algunha norma de estilo.Pontovilio (fálame) 17:56, 22 de xullo de 2010 (UTC)

  • Segundo os meus datos -que agora mesmo non sei ben de onde os quitei- a XXXIII Asemblea da OMS declarou extinguida esta enfermidade a nivel mundial, a 8 de maio de 1980. O último caso de infección natural en seres humanos ocorreu en Somalia en 1977, pero en 1978 houbo outro caso en Inglaterra por infección a partir de cultivos de virus nun laboratorio. A pesar de que moitos científicos avogan pola destrución do virus, hai dous laboratorios de referencia da OMS (un nos Estados Unidos e outro en Rusia) que almacenan cultivos de virus patóxenos vivos, e máis de 30 países teñen reservas de vacinas. Habería que buscar nas páxinas da OMNS e do CDC para confirmar estes datos. Canto ó fondo da cuestión, a proposta de Pontovilio de expresarnos en pasado é perfectamente lóxica. Pedro --Lameiro (conversa) 20:11, 22 de xullo de 2010 (UTC)
    • ¡Como non!, na páxina da OMS: "Through the success of the global eradication campaign, smallpox was finally pushed back to the horn of Africa and then to a single last natural case, which occurred in Somalia in 1977. A fatal laboratory-acquired case occurred in the United Kingdom in 1978. The global eradication of smallpox was certified, based on intense verification activities in countries, by a commission of eminent scientists in December 1979 and subsequently endorsed by the World Health Assembly in 1980". Pedro --Lameiro (conversa) 20:17, 22 de xullo de 2010 (UTC)
Referencia engadida. --Atobar (conversa comigo) 20:31, 22 de xullo de 2010 (UTC)

Aínda con todo estiven a pensar moi ben se este cambio sería pertinente, hai algúns motivos polos cales sería mellor o presente e outro que indican o uso do pasado. Sei que parece que hai certo consenso apoiando a proposta que plantexei e que eu creo que é a mellor, pero aínda así creo xusto comentarvos a miñas dúbidas e a miña argumentación:

  • A favor de dexialo como estaba:
    • Practicamente todala información que consultei, así como outras wikipedias usan o presente.
    • En ciencia adóitase a usalo tempo presente para describir, xa que a descripción científica é sincrónica en non diacrónica.(Excepto na historia natural, claro)
    • Aínda quedan virus de varíola nalgúns laboratorios.
  • A favor de mudalo ao pasado:
    • É importante distinguir entre virus e enfermidade, o feito de que o virus exista no tempo presente non implica que exista a enfermidade. Unha enfermidade dise que existe cando se manifesta como tal, a variola actualmente non o fai en ninguén ao conseguírese eliminala.
    • Unha enciclopedia non só debe limitarse os criterios de análise e comunicación da ciencia, se non que tamén ten que dar resposta dende outras ópticas. Aínda que na ciencia descriptiva o feito de que sé de algo non resulta tan importante como que sexa posible que se dé, e deuse, para o interese xeral esta cuestión é relevante posto que o estudio da enfermidade debe someterse tamén no tempo, no seu impacto na sociedade e na historia; e dicir implica un análise diacrónico. Este criterio tamén se emprega por exemplo noutros acontecementos, poderíamos decir que a "Revolución Rusa é un feito trascendental na historia do século XX" nun análise historiográfico, pero parece máis indicado: "A Revolución Rusa foi un feito..." nun análise xeral ou enciclopédico.Pontovilio (fálame) 00:27, 23 de xullo de 2010 (UTC)
Pontovilio, se cadra o libro de estilo pode resolverche a dúbida. [1]. --Atobar (conversa comigo) 00:36, 23 de xullo de 2010 (UTC)

Grazas polo link, certamente axuda. Pontovilio (fálame) 01:21, 23 de xullo de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Varíola. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 09:57 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Varíola. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 8 de setembro de 2018 ás 03:42 (UTC)Responder

Volver á páxina "Varíola".