Conversa:Troglodítidos

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

Nome editar

A continuación expreso unhas opinións:

  • O nome da páxina penso que podería ser troglodítidos. Normalmente póñense os nomes dos taxons grandes en galego a non ser que haxa algunha dúbida sobre como teñen que ser estes (que neste caso non). Probablemente non hai referencias, pero neste caso o paso de Troglodytidae a troglodítidos non ofrece dúbida. En canto á categoría Troglodytidae, tamén se poñen xeralmente en galego, e se entras na categoría Passeriformes verás que todas as categorías de familias que inclúe están en galego menos Troglodytidae.
  • Os nomes que se dan como nomes comúns (en letra grosa) das aves da familia sospeito que son os nomes en castelán. Penso que habería que borralos. Ás veces pódese dicir que tal ave se denomina "na súa área de distribución" tal ou cal (dando o nome nun ou dous idiomas da zona onde vive), pero neste caso viven en toda América polo que terán nome en castelán, portugués, inglés, francés. A única especie que vive en Galicia chámase carrizo (Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carrizo.). Engadín no encabezamento unha frase dicindo que en Galicia vive o carrizo.
  • A referencia [2] simplemente a borraría, porque se refire á etimoloxía do nome inglés destas aves, que é wren.
  • No título da sección xéneros e especies quitaría a ligazón das palabras xéneros e especies porque nos títulos normalmente non se poñen ligazóns. Ademais, esas dúas palabras xa están con ligazón na primeira liña do texto desa sección.--Miguelferig (conversa) 28 de xaneiro de 2017 ás 19:35 (UTC)Responder
Secundo o dito por Miguelferig.--Isili0n (conversa) 28 de xaneiro de 2017 ás 20:01 (UTC)Responder
  Feito! Pedro --Lameiro (conversa) 28 de xaneiro de 2017 ás 21:06 (UTC)Responder
  Concordo. Non podo estar máis de acordo coas túas obxeccións que serán tomadas en conta para que non volva ocorrer en sucesivas ocasións. Moitísimas grazas. RubenWGA (conversa) 28 de xaneiro de 2017 ás 22:34 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Troglodítidos. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 07:22 (UTC)Responder

Volver á páxina "Troglodítidos".