Conversa:Tristan und Isolde

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (maio 2019)

Táboa de papeis da estrea da ópera editar

Esquires é a última palabra da táboa. Esquire e squire (que as veces confunden as grafías) poden significar varias cousas. En tempos medievais podía ser o escudeiro, máis tarde squire significou "facendado ou terratenente" (como o que sae na Illa do Tesouro de R. L. Stevenson) e outros significados posteriores de esquire como "persoa respetable de boa posición social, pero non nobre" e outros. Hai que saber cales son os personaxes de recheo que realmente saen na ópera para traducilo, se son escudeiros ou nobres de rango inferior.--Miguelferig (conversa) 24 de agosto de 2013 ás 00:51 (UTC)Responder

Miguel, non encontro o sitio no cadro no que non está traducido. En calquer caso, a min me soa máis escudeiro, a lenda é moi antiga e non creo que houbera tantos rangos de nobleza na época na que está ambientada, por outra banda, o texto de Gottfried von Straßburg é como moi tarde de principios de 1200. Un saúdo, Piquito (conversa) 24 de agosto de 2013 ás 09:08 (UTC)Responder
Como dixen, era a última palabra da táboa da sección Personaxes, que estaba traducida por "nobres" (do orixinal esquires). Ten en conta que na primeira liña fala de nobleman e na última de esquires, polo que non se deberían traducir igual. Por outra parte, na sección Extractos de orquestra, traduces piano rags por "ragas" para piano (de Clément Doucet). Nunca oín o de ragas, pero igual é un termo que se usa en música. Rag significa trapo, farrapo, cacho de tela ("jirón"), e tamén o estilo de música rag (como en ragtime). Eu creo que significa que son fragmentos para piano ou algo así.--Miguelferig (conversa) 24 de agosto de 2013 ás 10:25 (UTC)Responder
"Ragas" é un erro, traducín a sección correndo e debín darlle a dúas letras de vez. Penso que o mellor será traducilo como pezas ou algún termo similar, xa que rag (que efectivamente vén de ragtime) é un tipo de peza máis próximo ao jazz que á música de Wagner. Por certo, acabo de mudar o título da sección, penso que é mellor como está agora. Piquito (conversa) 24 de agosto de 2013 ás 22:34 (UTC)Responder

Instrumentación editar

Modifiquei a instrumentación e a puxen nunha táboa, nela distinguín entre corda fretada (archi) e corda (onde só está a arpa), pensades que deberiamos unificar toda a corda ou mellor así? Piquito (conversa) 30 de agosto de 2013 ás 00:02 (UTC)Responder

Eu non sei o de arpa; supoño que estará ben porque os outros son todos instrumentos de arco. É tradicional en música deixalo en italiano (archi=arcos) ou pódese traducir? De paso habería que poñer "primeiros" nos violíns. O DRAG aos platillos chámalles pratos. O de timpani non sei, supoño que será timbal.-Miguelferig (conversa) 30 de agosto de 2013 ás 00:30 (UTC)Responder
  Feito! o dos violíns e o dos pratos. Eu o que máis teño visto é archi (editoriais non italianas tamén o empregan), tamén hai editoriais que en inglés empregan strings (sen diferenciación), podemos poñer cordas sen máis e incluir a arpa. O de timpani indica os timbais, neste caso se o preferides se pode poñer a forma en galego. O problema é que en galego non hai moito léxico sobre música (eu alo menos non o coñezo) e se empregan moito os termos italianos (tempi, todos os matices, todos os tempi -allegro, adagio, moderato...- que tampouco se poden traducir porque son os que son e mesmo os compositores galegos os utilizan -ben podían facer coma os alemáns-), supoño que é por falta de tradición e por falta de bibliografía sobre o tema (non hai -alo menos eu nunca os vin- libros sobre teoría musical en galego). Piquito (conversa) 30 de agosto de 2013 ás 00:43 (UTC)Responder
Estouno a pensar mellor, e o certo é que queda un tanto extraña a arpa soa, se houbera piano ou laúde como nalgunha outra ópera de wagner, si que creo que tería máis sentido. A min gústame separar, mais pode que a diferenciación quede extraña. Piquito (conversa) 30 de agosto de 2013 ás 00:46 (UTC)Responder
Ao final puxen a harpa co resto das cordas e puxen "Cordas", sen especificar, se non vos parece ben podedes poñelo como estaba. Piquito (conversa) 30 de agosto de 2013 ás 22:35 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 4 ligazóns externas en Tristan und Isolde. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de agosto de 2018 ás 07:01 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (maio 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Tristan und Isolde. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de maio de 2019 ás 11:26 (UTC)Responder

Volver á páxina "Tristan und Isolde".