Conversa:Torre de Hércules

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

Untitled editar

Non me cadran as cifras. No cadro das características dicimos que ten unha altitude de 49 m. "Altitude" non é o mesmo que "altura". ¿É a altura da torre, como di a es:wiki ou son 68 m de altura, como dicimos no artigo? A es:wiki engade que “Altura sobre el nivel del mar: 106 metros” ¿quere dicir que a base está a 106 msnm e por riba os 49 ou 68 metros de torre? ¿quere dicir que o faro é o que está a 106 msnm e a base a 49 ou 68 metros menos?

Continuamos dicindo que ten unha “altura total de 68 metros”, e que o primeiro corpo, un paralelepípedo recto, mide 34,60 metros de altura. ¿Quere dicir que o resto da torre, ese corpo octogonal e mais a lanterna miden 33,4 m, case tanto como a base? Así, a ollo, parece que non. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 15:18, 6 agosto 2009 (UTC)

Se ninguén me di o contrario, nos próximos días retirarei a imaxe da moto. Vale que a moto sexa Hercules, mais en todo caso o pé da imaxe non ten nada que ver e a imaxe sobra tamén porque a Torre non aparece por ningures e o nome penso que fai referencia ao personaxe mitolóxico e non á Torre. O dito, nun par de días borrarei a imaxe se ninguén me argumenta con motivos de peso que deba seguir no artigo. Un saúdo, Piquitoconversa

  Imaxe retirada; Houbo un problema co título da foto; mantívose a ligazón a unha imaxe eliminada, e cargouse co mesmo nome unha imaxe diferente. Graciñas, Piquito. --Estevo(aei)pa o que queiras... 02:14, 23 de novembro de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Torre de Hércules. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 22:43 (UTC)Responder

Volver á páxina "Torre de Hércules".