Untitled editar

Vinme obrigado a facer esta breve páxina de homónimos porque, cos meus respectos para os latinistas, o Tito máis coñecido é o que foi presidente de Iugoslavia pero, cando se busca Tito na Galipedia, sae o Tito emperador romano. Co agravante de que a páxina do Tito iugoslavo aparece como Josip Broz Tito, coma se Tito fora o segundo apelido cando realmente é un alcume, sobrenome ou nick, polo que debería ser, en todo caso, Josip Broz, Tito. Outro apelativo polo que se coñece este personaxe é o de Mariscal Tito, polo que tamén tiven que facer unha redirección. --XoioÉche o que hai 22:33, 18 de decembro de 2011 (UTC)

  • Ben feitos eses homónimos, Xoio. Deille unha revisión para aquelar o formato. --Atobar (conversa comigo) 16:43, 16 de xaneiro de 2012 (UTC)
Volver á páxina "Tito".