Conversa:Templo de Santalla de Bóveda

Último comentário: hai 3 anos de Maria zaos no tópico Punto de vista neutral e redacción

Untitled editar

No artigo afirmo que hoxe só queda memoria das pinturas da parte superior da bóveda -derrubada durante as primeiras escavacións- polas fotografías realizadas daquela e algúns restos con pinturas xeométricas que se conservan no Museo Provincial de Lugo. O primeiro destes datos (as fotografías) procede do folleto que dan ó visita-lo templo, que inclúe un debuxo da foto publicada en 1935 por Helmut Schlunk. A segunda información (a conservación destes restos no Museo Provincial) procede dun artigo da Voz do 19.03.1985, pero cómpre advertir que o persoal do Museo a quen preguntei nunha revisita o pasado venres non sabía nada diso. Desde logo, expostos non están. Preguntei ó servizo de información do Museo, pero aínda non teño resposta. Pedro --Lameiro (conversa) 14:05, 14 de xullo de 2010 (UTC)

  • Confirmado polo Departamento de Arqueoloxía do Museo: hai restos da bóveda, con pinturas, no Museo Provincial e no Museo Catedralicio. Pedro --Lameiro (conversa) 22:23, 16 de xullo de 2010 (UTC)

Onde di "Na fachada ábrese un pequeno adro con dúas columnas in antis" sería moi rebuscado dicir "Na fachada ábrese un pequeno pórtico dístilo in antis"? Se cadra é un vocabulario demasiado específico para un usuario medio, pero tamén máis acertado. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:30, 16 de xullo de 2010 (UTC)

  • Se engades nunha nota a rodapé unha explicación para que o entendamos os leigos na materia, problema solucionado. E se consideras que a fórmula que propós é máis adecuada, así será: confío no teu criterio. Adiante, logo. PD: lémbrame a un bichiño acuático que se chama dístico. Pedro --Lameiro (conversa) 22:47, 16 de xullo de 2010 (UTC)

Coordenadas editar

Gustaríame engadir o modelo {{Coordenadas|00_00_00_N_00_00_00_W| 0° 00′ 00″ N ; 00° 00′ 00″ O.}} mais non sei onde queda exactamente. Alguén pode axudar? Graciñas--. HombreDHojalata.conversa 20:58, 31 de agosto de 2010 (UTC)

42°58'49"N, 7°41'9"W, se non ando errado. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:28, 31 de agosto de 2010 (UTC)
Obrigado--. HombreDHojalata.conversa 21:51, 31 de agosto de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Templo de Santalla de Bóveda. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 19:32 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Templo de Santalla de Bóveda. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de agosto de 2019 ás 05:42 (UTC)Responder

Punto de vista neutral e redacción editar

"Estes relevos (concretamente o das figuras humanas lisiadas) pretenden xustifica-la teoría de que a orixe do templo foi un santuario para a curación dos enfermos" Esta é, certamente unha frase ben curiosa, xa que os relevos, máis aló de estar no sitio que lles corresponda, facer non fan nin desfán. Cómpre clarificar quen fai esa teoría, en que fonte figura, e que papel xogaría a interpretación deses relevos como "humanos eivados" dentro desa teoría.--Maria zaos (conversa) 2 de xuño de 2020 ás 10:22 (UTC)Responder

Volver á páxina "Templo de Santalla de Bóveda".