Conversa:Sotelo Blanco Edicións

Último comentário: hai 6 anos de Atobar no tópico Enumeración de títulos

Enumeración de títulos editar

Considero necesario eliminar a enumeración de títulos publicados. Entendo que só debe figurar unha mostra cos máis relevantes de cada xénero e época e, mencionadas e moi brevemente explicadas, tamén as coleccións. O contrario creo que supón sobredimensionar. Que fariamos se non cos máis de 4.000 títulos publicados por Xerais? E cos de Galaxia, Kalandraka, Espiral Maior, Ediciós do Castro, Alvarellos...? E xa non falo de editoriais de fóra: Hachette, Edelvives, Alianza, Penguin, Faber & Faber, Taschen... --Atobar (conversa comigo) 16 de abril de 2018 ás 22:25 (UTC)Responder

Mmm, eu non o vexo, neste caso, tan fóra de lugar. E que che parece se colapsamos as táboas, para que sexan menos escandalosas e ao mesmo tempo quede a info para quen lle interese? (así). --. HombreDHojalata.conversa 16 de abril de 2018 ás 22:36 (UTC)Responder
En Wikipedia:O que a Wikipedia non é coméntase que a Wikipedia non é un directorio, "Listaxes simples sen información adicional que forneza un contexto". Eu tampouco vexo a utilidade de reproducir o catálogo da editorial no artigo, esa información pode consultarse sen problema na ligazón externa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2018 ás 22:45 (UTC)Responder

  OK, eliminado queda. --. HombreDHojalata.conversa 17 de abril de 2018 ás 07:07 (UTC)Responder

Moitas grazas HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de abril de 2018 ás 08:01 (UTC)Responder
Volver á páxina "Sotelo Blanco Edicións".