Conversa:Seitura

Último comentário: hai 8 anos de Xoán Carlos Fraga no tópico Referencias posibles

Dubidas interwiki editar

Hoxe este artigo non ten interwikis. Non quero fager trabuqueos. En francés hai varios artigos que poden corresponder : un artigo xénerico fr:récolte , un artigo coa palabra pa os cerais fr:moisson e un artigo pa palabra do feno fr:fenaison. ElviraConversa con mi 18:58, 1 marzo 2008 (UTC)

  • O artigo só trata sobre Galicia, máis ben o título parecería máis lóxico se fora Seitura en Galicia xa que despois de lelo parecería que en Francia por exemplo nunca seituraron.--Arco de Rayne 19:14, 1 marzo 2008 (UTC)
  • Queres decir que seitura é unha palabra especifica dun traballo de Galicia ou queeres decir que é o contido do artigo é espeficico ? Como se di en galego cosecha ? ElviraConversa con mi 19:25, 1 marzo 2008 (UTC)
  • O contido é específico, de feito seitura ou sega en galego é cortar cereais ou herba cun apeiro ou cunha máquina, sexa nunha horta galega ou nos campos americanos. O contido deste artigo é moi específico dunha forma de seiturar en Galicia nunha época concreta.--Arco de Rayne 19:44, 1 marzo 2008 (UTC)

  1. A resposta á pregunta de Elvire é colleita (cast. cosecha), co matiz de que non se refire exclsivamente ós cereais senón a calquera produción agrícola (colleitra de millo, colleita de uvas, colleita de cebolas).
  2. Seitura é a operación (e a época) de colleitar cereias (= sega), pero trigo, centeo, cebada; non millo, por exemplo. Tamén se aplica á herba, para forraxe.
  3. O artigo debe mante-lo título de "seitura", sen máis apelidos. É certo que só describe a forma tradicional, manual, ata a aparición da maquinaria agrícola que mecanizou esta operación, e supoño que era a mesdma forma aquí e na China, salvo probables matices menores. Podería ser necesaria unha sección: "seitura tradicional" para abri-lo camiño a unha nova futura sección "seitura mecánica", pero non artigos distintos.

Pedro --Lameiro (conversa) 20:04, 1 marzo 2008 (UTC)

  • Eu non o teño tan claro tal como está o artigo. A seitura tradicional era realmente en todas partes un traballo colectivo?, en todas partes era raro ver unha muller segando?, tíñanse que presentar na casa do dono ao romper o día?, sigo vendo moi específico da tradición galega, non sei se realmente a descrición do artigo podería valer para a seitura tradicional en Francia, na China, no Xapón, África pero si que o podo dubidar.--Arco de Rayne 20:38, 1 marzo 2008 (UTC)

Posible infracción de copyright. editar

Este texto sóame moitísimo, creo que está copiado do boletín dunha asociación cultural de Agolada, acórdome por figurar a palabra medoucho, unha variante do máis común medouco (ou medeiro), que me chamou moito a atención por non oílo antes e que no dicionario de Franco Grande aparece con entrada específica definíndoa como "pequeño almiar de hierba". Non conservo ese boletín e podería ser, aínda que non o creo, que estivese enganado. Sería interesante se houbese alguén da zona que puidese contrastar a información.--RNC 16:02, 2 decembro 2008 (UTC)

Referencias posibles editar

Aquí fálase da historia do dentón ou caruncho (en castelán cornezuelo), mais tamén hai datos sobre a produción do centeo no quinquenio 1908-1912, e sobre a calidade do dentón (dos mellores do mundo); seguramente as terras do noroeste peninsular producían dos mellores centeos do mundo. Ao mellor se pode poñer como referencia: http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2011/10/el-cornezuelo-de-centeno-una-historia.html.--Xoán Carlos Fraga (conversa) 28 de febreiro de 2016 ás 11:23 (UTC)Responder

  • Grazas Atobar, polo ánimo. De momento, non me vexo capacitado, non sei case nada da historia dos cereais na Galiza, sonche bastante ignorante no tema. O curioso é que o dentón ou caruncho serviron como inicio da primeira empresa farmacéutica galega (Zeltia):
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2014/01/12/caruncho-exitosa-industria-farmaceutica/0003_201401V12C9993.htm

Mais estaba ben ter unha bibliografía sobre cereais tradicionais galegos, e tamén un artigo máis amplo para seitura. Se alguén sabe do tema, sería un bo enriquecemento para a Galipedia. --Xoán Carlos Fraga (conversa) 28 de febreiro de 2016 ás 20:38 (UTC)Responder

Volver á páxina "Seitura".