Conversa:Premios Follas Novas do Libro Galego

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (xaneiro 2020)

Localización xeográfica editar

Onde se celebraron as galas? (o artigo non o especifica). --. HombreDHojalata.conversa 22 de maio de 2018 ás 10:51 (UTC)Responder

Celebráronse no Teatro Principal de Santiago de Compostela.--Kopeikin (conversa) 14 de outubro de 2019 ás 10:40 (UTC)Responder

En que datas? --. HombreDHojalata.conversa 22 de maio de 2018 ás 10:52 (UTC)Responder
Bos días. Como se pode ver no historial, tanto as datas como o lugar de celebración foron detalladas no texto nas ampliacións feitas ao artigo entre o 2 e o 12 de xullo do 2019. Saúdos!--Castelao (conversa) 14 de outubro de 2019 ás 11:49 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Gala do Libro Galego. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 16:34 (UTC)Responder

Sobre autorías mencionadas nas táboas editar

Ola! Sobre as autorías que figuran nas táboas: editei (12 outubro 2019) o nome da premiada na categoría de ilustración na Gala do 2018, que foi Berta Cáccamo, e non Xose María Álvarez Cáccamo, como figuraba previamente. Usuario Castelao, engadiches de novo a Xosé María e mencionas (edición 13 out) que non é boa cousa eliminar o nome do resto das autorías dos libros na táboa. OK! Pero comento: fixen a edición seguindo o criterio que vin en outros anos e categorías, onde só aparece o nome do premiado/a na categoría en cuestión. Eu optaría por mencionar só á persoa premiada, pero entendo tamén a opción de mencionar a todas as autoras. Habería que decidir criterio e unificar :) Grazas polo traballo e saúdos! --Kopeikin (conversa) 14 de outubro de 2019 ás 11:06 (UTC)Responder

Bos días. Premiada é a obra, que ten dous autores, non un, resultando premiados os dous autores. Velaquí a ligazón que o proba: Gala do Libro Galego 2018, da páxina dun dos organizadores. Porén, hai máis. O vídeo no que se mostra a entrega deste libro, o único onde se menciona especificamente aos dous autores: Premio na Categoría de Libro Ilustrado 2018. Quen recolle o premio, por certo, é Xosé María Álvarez Cáccamo. Non hai que unificar ningún criterio. Simplemente son dous o nominados e dous os premiados, amén da editora. Saúdos!--Castelao (conversa) 14 de outubro de 2019 ás 11:42 (UTC)Responder
Castelao: queda claro! Moitas grazas pola información :) En canto a unificar, referíame a que na categoría "libro ilustrado" do 2016, por exemplo, figura(ba) só o autor das ilustracións, pero non o do texto (José Antonio Abad, acabo de engadilo); na categoría "teatro" dese mesmo ano tampouco figura o liustrador (que creo que é Leandro, pero non estou seguro). Etc. Graciñas de novo, saúdos. --Kopeikin (conversa) 14 de outubro de 2019 ás 12:23 (UTC)Responder
Non hai de qué, Kopeikin. Saúdos!--Castelao (conversa) 14 de outubro de 2019 ás 12:48 (UTC)Responder
Bos días. Observo que se pon agora na categoría Teatro a alguén que non foi premiado. Acho que engadir colaboradores/as que non están nos créditos dos premiados (que é o que ao final conta), só crea confusión. Por favor, limitémonos á letra das nominacións e os premios, que é o único non interpretable. Grazas e saúdos!--Castelao (conversa) 14 de outubro de 2019 ás 14:35 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Gala do Libro Galego. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de outubro de 2019 ás 08:23 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (xaneiro 2020) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Gala do Libro Galego. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 18 de xaneiro de 2020 ás 10:55 (UTC)Responder

Volver á páxina "Premios Follas Novas do Libro Galego".