Conversa:Parroquias de Galicia

Último comentário: hai 1 ano de One2 no tópico Número de parroquias

Número de parroquias editar

Na Wikipedia en castelán dan o número de 3.781 parroquias galegas. Estaría ben revisar o número dado neste artigo, e referencialo se é posible. [ Furagaitas * ] 22:27, 8 de setembro de 2010 (UTC)

Feito por HombreDHojalata. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2017 ás 02:22 (UTC)Responder
HombreDHojalata, non sei se viches a conversa de Campolongo, Pontevedra, pero polo que apuntou Prevert, parece que o número de parroquias que se indican no IGE e no Nomenclátor non vai coincidir, en Pontevedra non o fai e témome que pase o mesmo noutros concellos. E como na creación dos artigos de parroquias e lugares de Galicia seguimos o que indica o Nomenclátor da Xunta, penso que a referencia que engadiches ó artigo non vale, mal que me pese, e imos ter que buscar outra. O malo é que no Nomenclátor non sei se hai forma de que nos indique o número total de parroquias, aínda que sexa por provincias...
Descargando o Nomenclátor en formato CSV aparecen 37.308 filas de lugares, e despois de "fedellar" co ficheiro (quitei todas as columnas menos a de parroquias e logo con este programa quitei as filas repetidas), sáenme 3.662 parroquias, pero teño que revisar con calma o resultado para asegurarme que sexa correcto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xaneiro de 2017 ás 16:34 (UTC)Responder
Fixen de novo os cálculos, o de antes estaba mal, do ficheiro saen 923 parroquias da provincia da Coruña, 1245 da de Lugo, 886 da de Ourense e 663 da de Pontevedra, en total 3.717. Espero que esta cantidade estea ben, fixen os cálculos dúas veces, agora hai que confirmalo co número de artigos de parroquias. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2017 ás 01:42 (UTC)Responder
Creo que non están ben xa que hai parroquias que se chaman igual (por exemplo: Os Ánxeles (Santa María), Os Ánxeles (Santa María) e Os Ánxeles (Santa María)). Eliminando tódalas colunas menos a da parroquia e tamén a do concello, e dando (no Excel, tras seleccionar as 2) a «Eliminar duplicados» saen 3791 parroquias. One2 (conversa) 6 de decembro de 2022 ás 12:13 (UTC)Responder

Betanzos e Burela editar

Non existía o artigo de Betanzos, Betanzos e creeino, pero agora atopei que o artigo de Burela, Burela é unha redirección a Burela. Que facemos? Redireccionamos os dous ou creamos o de Burela? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2017 ás 02:19 (UTC)Responder

En Pontecesures pasa algo semellante, non hai artigo en si da parroquia, Pontecesures, Pontecesures, hai unha redirección, e no modelo de parroquias do concello de Pontecesures, que só ten unha, simplemente lígase directamente ó artigo do concello. Acabo de velo agora, ó mellor hai máis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2017 ás 11:15 (UTC)Responder
Cambiei o modelo de parroquias para que vaia á redirección, polo menos polo momento para que funcione igual que o de Burela. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2017 ás 11:19 (UTC)Responder
Nos concellos que só teñen unha parroquia non ten moito sentido separalas en artigos distintos, nin poñer a redirección no modelo, nin tan sequera ter o modelo no propio artigo do concello cando é mellor unha mención no propio texto que indique que só teñen unha parroquia. Banjo tell me 27 de xaneiro de 2017 ás 11:30 (UTC)Responder
(CdE)Pasa o mesmo con Rábade, Rábade, Mondariz-Balneario, Mondariz-Balneario, isto, xunto co de Pontecesures e Burela, está en contraposición por exemplo co que se fixo no artigo A Illa de Arousa, A Illa de Arousa ou A Arnoia, A Arnoia. Hai outro caso curioso, é o primeiro que vexo pero seguramente haberá máis, nas parroquias da Coruña está simplemente A Coruña, que liga directamente co artigo da Coruña. Temos que unificar todo isto para revisar que tódalas parroquias de Galicia teñen o seu artigo. Eu creo que a parroquia da Coruña debe ter o seu artigo, máis grande ou máis pequeno, pero debería ser diferente do artigo do concello porque non é o mesmo, ou non debería selo. Ademais a gran maioría dos concellos teñen o seu artigo Nome concello (como parroquia), nome concello, polo que por unificar criterios os concellos que estean na situación da Coruña haberá que poñelos coma o resto. Como o vedes vós? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2017 ás 11:42 (UTC)Responder
Porque deberían ser diferentes do artigo do concello? Hai algún tipo de diferencia legal, territorial ou social entre ámbolos dous cando o concello só ten unha parroquia? Hai algo particular da parroquia que non aplique tamén para o concello ou que non se poida incluír no artigo do propio concello? Banjo tell me 27 de xaneiro de 2017 ás 11:46 (UTC)Responder
(CdE)Por unha banda entendo o que queres dicir Banjo, pero por outra estaba pensando meter tódolos artigos de parroquias de Galicia nunha categoría oculta, ou polo menos por provincias, para poder revisar de forma sinxela o número de artigos de parroquias que temos, atopar as que poidan faltar, etc, e así comprobar que o número de parroquias que temos coincide co número que indica o IGE... Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2017 ás 11:47 (UTC)Responder
E hai un dato a favor diso, no IGE son entidades separadas... Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2017 ás 11:50 (UTC)Responder

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Claro que son entidades separadas no IGE, son divisións de distinta orde territorial e na súa estrutura de árbore aparecen desa forma, pero son entidades que coinciden en extensión, límites, poboación e todo o demáis, e que se empregan indistintamente en cuestións documentais ou legais. Agás que a propia parroquia teña algo de particular que a diferencie do concello, ou que o artigo do concello sexa demasiado extenso e sexa preciso separar algo nun artigo propio da parroquia, segue sen ter sentido ter artigos separados para dúas cousas que representan o mesmo. Paréceme ben que queiras facer esa revisión do número de parroquias coa categoría oculta ou por calquera outro método, nunca está de máis, pero unha vez finalizada non ten sentido manter artigos separados neses casos. Banjo tell me 27 de xaneiro de 2017 ás 11:59 (UTC)Responder

Btw, avisa se precisas do bot para o de metelos na categoría oculta, se finalmente optas por ese método. Banjo tell me 27 de xaneiro de 2017 ás 12:04 (UTC)Responder
A verdade é que tes razón, non é necesario ter eses artigos de parroquias, o que si habería que facer sería meter os artigos dos concellos que teñen unha soa parroquia nesa categoría oculta de mantemento, e borrar os artigos de parroquias dos concellos que só teñen unha. Paréceche ben, Banjo? Polo momento aínda non vou facer nada porque esta semana vou estar liado, pero eu creo que ó mellor engadindo esa categoría oculta nos modelos de parroquias dos concellos xa se meterían todos aí. Aínda non mirei se se pode ou non, pero grazas por ofrecer o bot :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de xaneiro de 2017 ás 18:47 (UTC)Responder
Coido que é o mellor desa forma, si, ademais de evitarmos a duplicación innecesaria de artigos (agás que nalgún caso si haxa un motivo para telos separados) desa forma sairían ben as contas na categoría. No outro tes razón, o máis doado sería facer que o modelo:Parroquia engadise automáticamente os artigos a esa categoría. Calquera cousa que precises avisa. Banjo tell me 30 de xaneiro de 2017 ás 18:55 (UTC)Responder
Vale, irei facendo cando teña un momento. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de xaneiro de 2017 ás 19:07 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Parroquias de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de febreiro de 2020 ás 17:17 (UTC)Responder

Volver á páxina "Parroquias de Galicia".