Conversa:Palleiro

Untitled editar

Ningunha das interwikis que mirei se corresponde co noso palleiro senón co aquí denominaríamos galpón, alpendre, etc. ¿Deberíanse borrar? Pedro

  • Estou mirando e levas razón e non lle vexo unha solución doada. Porque mesmo no Palheiro portugués se fala do que vén sendo unha choza para nós. Así as cousas, tampouco non sei se será a mellor idea arramplar coas iw, porque deixar orfo un artigo que para a nosa cultura ten especial relevancia, dá algo de mágoa. A ver se alguén máis opina. Eu agardaría unha miga antes de lle quitar as iw.--Atobar (conversa comigo) 23:02, 6 maio 2009 (UTC)
As ligazóns externas non se corresponden, hai que corrixilo.--RNC 15:59, 31 outubro 2009 (UTC)
Metín como interwiki o artigo bávaro pero este leva ao artigo da wiki inglesa en:Hayrack que se asemella máis a un hórreo, non sei se que alí teñen mal os interwikis ou ben o Haimandl non se corresponde co noso palleiro.--RNC 16:25, 31 outubro 2009 (UTC)
Vou mover o artigo a palleira, unha palleira tanto pode ser a estrutura como o amoreamento de palla, palleiro é segundo o dicionario da Academia o amoreamento pero non a estrutura, logo hai zonas nas que palleiro é tamén a estrutura, pero nestes caso penso que hai que seguir o dicionario normativo.--Xián (conversa) 19:59, 1 de xuño de 2012 (UTC)
Outra posibilidade sería ter dous artigos, un para a estrutura e outro para o amoreamento de palla, como fai a wikipedia aragonesa: an:Hierber e an:Paller--Xián (conversa) 20:05, 1 de xuño de 2012 (UTC)
Volver á páxina "Palleiro".