Conversa:Membrana plasmática

Untitled editar

Penso que debería suprimirse a ligazón Membrana cara a esta páxina, e abrir unha páxina de homónimos Membrana (que, caso de suprimirse a ligazón, me comprometo a facer). --XoioÉche o que hai 15:11, 29 de setembro de 2012 (UTC)

  •   Feito!. Borro membrana para deixar sitio a unha páxina de homónimos, pero redireccionaba a bicapa lipídica. Pedro --Lameiro (conversa) 18:56, 29 de setembro de 2012 (UTC)
    • Grazas. O malo é que hai outra páxina, Membrana plasmática (que é un dos sinónimos de bicapa lipídica) e que, como se pode ver, é unha especie de resume desta última. Até que estea esto revisado non podo facer a páxina de sinónimos, na que, precisamente, un dos elementos a considerrar sería esta membrana plasmática ou membrana citopásmica ou citoplasmática. E para compliart aínda mñáis as cousa, hai na Galipedia unha páxina de homónimos Membrana celular (na que se fala das dúas membranas que hai nas células, a plasmática (ou bicapa lipídica), existente en todas as células (e tamén nos orgánulos celulares), e a parede celular, situada por fóra desta nas células bacterianas, nas das algas, nas dos fungos e nas dos vexetais (con distintas composicións en cada un destes grupos). --XoioÉche o que hai 00:34, 30 de setembro de 2012 (UTC)
      • Nin idea, Xoio. Ata aí non chego e prefiro que sexa Miguelferig que revise os artigos e corrixa o que sexa preciso. Xa lle puxen un aviso na súa conversa, así que esperemos a ver que nos di. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 08:35, 30 de setembro de 2012 (UTC)
        • Vou dar a miña opinión, aínda que tampouco son un experto na historia deste termo desde o século XIX. Eu penso que non é o mesmo bicapa lipídica ca membrana plasmática. Como o seu nome indica, a bicapa lipídica está feita só de dúas capas de lípidos. Estes son os compoñentes principais da membrana, polo que é moi importante estudar as súas propiedades físicas, químicas, composición, etc. Xeralmente fanse preparacións de bicapas lipídicas artificiais para facer estes estudos. Nas células non hai bicapas lipídicas puras. Polo contrario, a membrana plasmática ademais da bicapa lipídica ten proteínas, que lle dan á membrana da célula propiedades e capacidades moi distintas ca as dunha bicapa lipídica pura creada no laboratorio (que non ten proteínas). Membrana plasmática non é sinónimo de bicapa lipídica.
As membranas da célula (membrana plasmática, membrana dos orgánulos, membrana nuclear) son moi similares en estrutura e composición, polo que se estableceu o concepto de membrana unitaria para referirse á estrutura de todas elas. Aínda que poden ter peculiaridades, por exemplo na composición de proteínas, que permiten que cada unha realice unha función específica. Membrana plasmática e citoplasmática é o mesmo.
Despois, as células das plantas teñen unha membrana plasmática e por riba dela unha parede de celulosa (tamén teñen parede fungos, algas e bacterias). Hoxe, co microscopio electrónico distínguense perfectamente as dúas, pero nos primeiros tempos, co microscopio óptico non se podían distinguir, de modo que se lle chamaba "membrana celular" ao conxunto das dúas (membrana plasmática + parede celular), pero este concepto é hoxe xa antigo, porque hoxe podemos distinguir entre as dúas. Na páxina membrana celular explícase isto. Despois pasou a usarse o termo membrana celular como sinónimo de membrana plasmática, xa que á outra capa xa se lle pasou a chamar sempre parede celular. A afirmación que se fai na páxina membrana celular de que este uso (membrana celular = plasmática), é "ilexítimo" creo que sobra; simplemente abondaría con explicar as vicisitudes históricas do termo. Ao meu ver, se aparece en moitas publicacións científicas actuais con esa sinonimia non ten por que ser ilexítimo ; outra cousa sería que confundisen a membrana coa parede, pero iso non ocorre.
Finalmente, o termo "membrana" (a secas) é máis amplo ca o de membrana plasmática ou membrana celular, porque hai estruturas que se lles chama membrana e que son en realidade tecidos, epitelios. Por exemplo, fálase da membrana de Reisner, membrana tectoria, membrana timpánica (nos oídos), membrana de Descemet, membrana nictitante (no ollo), membrana basal, membrana mucosa (nos tecidos epiteliais), membrana vitelina, dise ás veces que o hime é unha "membrana", etc. Ademais, hai outros usos do termo membrana fóra da bioloxía, por exemplo en física.--Miguelferig (conversa) 11:08, 30 de setembro de 2012 (UTC)
  • Vale, a explicación de Miguel, clariña e precisa, coma sempre, permite sacar algunhas conclusións:
    • Cómpre borrar a falsa sinonimia entre Membrana plasmática e bicapa lipídica.
    • A páxina Membrana celular debería deixar de ser unha páxina de homónimos e quedar co contido actual: usouse para designar a membrana plasmática e a parede celular. No artigo quedarán ligazóns a cada un destes dous conceptos pero non como homónimos.
      • Neste artigo, cómpre suprimir a cualificación de ilexítimo.
      • Non me queda claro iso de que "Despois pasou a usarse o termo membrana celular como sinónimo de membrana plasmática". Polo menos se entendo sinónimo como merecente dunha redirección, pero ben pode quedar na explicación, no texto, non sei se dunha, doutra ou das dúas.
    • O termo "membrana" (a secas) queda libre para converterse nunha páxina de homónimos que leve a 1. membrana celular, 2. membrana plasmática (á que xa redirixa membrana citoplasmática), 3. bicapa lipídica, 4. outros conceptos anatómicos de membrana, 5. outros conceptos de membrana alleos á bioloxía.

E poderiamos facer este reparto de traballos: Miguel fai a primeira (borrar a falsa sinonimia) e segunda (sacar a marca de homónimos en Membrana celular, suprimir "ilexítimo" deixando o feito de que está estendido, e resolver a dúbida de esa sinonimia "actual"). Xoio crea a páxina de homónimos Membrana (sen máis) con tódolos significados. Eu miro. Non, é broma: é que a min todos eses conceptos e matices quédanme a 40 anos de distancia. Bueno, ¿que vos parece? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 12:03, 30 de setembro de 2012 (UTC)

  • Estou totalmente de acordo co que explica, tan ben explicado, Miguelferig. E atreveríame a suxerirlle que adelgazara a páxina Bicapa lipídica e engordara, consecuentemente, a da Membrana plasmática. E tamén co que di Pedro (polo que a min respecta, comprométome a fecer a páxina de homónimos Membrana). --XoioÉche o que hai 13:21, 30 de setembro de 2012 (UTC)
  • Non entendín moi ben o que teño que facer. Polo momento o que fixen foi engadir varios parágrafos, engadir referencias (non tiña ningunha) e modificar o de ilexítimo e algunha outra cousa, e quitar a marca de homónimos na páxina de membrana celular, pero non sei se era iso o que tiña que facer. A que te refires con borrar a falsa sinonimia? O problema final pode ser que a maioría da xente que escriba na Galipedia membrana celular, seguramente se referirá á membrana plasmática (como en inglés) e é a onde queren ir ao facer ligazón.
O que di Xoio de adelgazar a páxina de bicapa lipídica, non me parece tan necesario, porque trata todas as propiedades das bicapas lipídicas; de feito, na wiki inglesa mesmo teñen artigos principais que amplían cada un dos capítulos, polo que bicapa lipídica téñena en realidade como un resume, por iso é longa, e se se quere ampliar máis hai que facer artigos principais. O que si ten razón Xoio é que se debería ampliar membrana plasmática (esa páxina non a fixen eu, pero cando teña tempo xa a ampliarei). A páxina membrana plasmática debería ser tamén un resume dos diferentes aspectos da membrana, como as especializacións (unións intercelulares), proteínas de membrana, ampliar algo a composición lipídica, complexos de adhesión de membrana e sinalización celular, transporte a través de membranas, invaxinación e evaxinación de vesículas, etc., aínda que de todos eles xa hai ou debería haber artigos principais. --Miguelferig (conversa) 19:20, 30 de setembro de 2012 (UTC)
Co da "falsa sinonimia" referíame ó comentario de Xoio: "O malo é que hai outra páxina, Membrana plasmática (que é un dos sinónimos de bicapa lipídica)", mentres que da túa explicación deducía que son cousas adxacentes pero distintas. O certo é que agora, lendo o comezo dos dous artigos, non vexo que se estableza ningunha sinonimia, co que sobra a miña primeira conclusión. Creo que nos está quedando niquelado. Grazas ós dous. Pedro --Lameiro (conversa) 19:36, 30 de setembro de 2012 (UTC)
Dis que os usuarios imos ligar "membrana celular" cando realmente queremos ligar a "membrana plasmática". Posiblemente caiamos nese erro, pero non lle vexo problema porque vai ir a un artigo, membrana celular, onde nos vai quedar claro que se pode aplicar, máis ou menos correctamente, a dous conceptos, ós que podremos acceder sen dificultade desde aí. Pedro --Lameiro (conversa) 19:41, 30 de setembro de 2012 (UTC)
Volver á páxina "Membrana plasmática".